domingo, xaneiro 07, 2007

Nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación, contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:18
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-


NOTA DE PRENSA, das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España].-

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol, está construindo na Praza da Porta Nova [Praza de España], un macro-edificio de uso e lucro privado, nun espazo público que é de toda a cidadanía, que é parte do noso patrimonio arquitectónico-cultural, a nosa praza principal de Ferrol. Van destrozar, ainda máis, a Praza coa presencia dun macro-edificio que a presida, destinado a ser centro comercial, de servizos e lezer privados, duns de 7.500 m2 de superficie, que van poñer en mans dunha empresa para que o xestione como mellor lles conveña, usurpando o que é de todos para beneficio privado.

Na Praza de España, o Concello de Ferrol está a executar unha obra ilegal nun espazo público, nunha praza. Unha obra ("hito urbano" lle chaman, como se a praza non puidese ser un fito urbano sen edificio), que de consumarse suporía hipotecar unha parte do espazo público máis importante da cidade ata dentro de 75 anos. ¿Qué pasará se dentro de dez anos o edificio deixa de ter uso?, ¿teríamos que aguantar a súa ruína durante outros 65 anos ou indemnizar ao concesionario?

Unha obra ilegal que pon en evidencia que mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración que é garante do seu cumprimento, o Concello de Ferrol, pode pasar olimpicamente do cumprimento desta norma na Praza de España. Din que o fito urbano é legalizable, porque no futuro pódese adaptar o Plan Xeral ao que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Unha sorte de Far West, no que manda o máis forte. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.

Na praza de España o negocio está claro, máis o beneficio non. ¿Onde está a necesidade de construír un edificio de 21 m de altura, de uso privado, sobre un espazo público?, ¿quen necesita un edificio de oficinas no medio dunha praza cando na cidade hai centos de oficinas baleiras? ¿Quen necesita un novo centro comercial que arruíne o pequeno comercio da Madalena, un dos recursos máis importantes da cidade? Eles saberán. Nós, dende logo non vemos tal beneficio.

Non queremos que nos sigan roubando o noso patrimonio público. Non queremos un urbanismo que consista na subasta e liquidación do patrimonio público, dos espazos conquistados e mantidos durante anos, xeración tras xeración, co esforzo de todos e todas.

O pasado día 3 deste mes de decembro, manifestamonos en Ferrol, de novo, as asociacións e entidades que promovimos esa mobilización, pretendemos seguir mobilizandonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construcción dese macro-edificio na superficie da Praza, que a Praza quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.

Este Luns, dia 8 de xaneiro, ás 19:00 hs nos locais da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga" que é o lugar onde se veñen facendo regularmente as xuntas das asociacións e organizacións convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], está convocada unha nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.




ACORDOS MAIS RELEVANTES DA REUNION DAS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA].-

Data: 08.01.2007

Hora: 19:00 hrs

Lugar: Local social da Assoc. Vec. de "Fontelonga"

Assistentes: A.V. de Ferrol Vello, Colectivo Veciñal de Sartaña, Esquerda Unida - IU , Ateneo Ferrolán, Colectivo Veciñal de Recimil, A.V. de Santa Mariña, A.V. de San Xoán- O Bertón, Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol, A.V. O Rosario - Inferniño, USTG - Unión Sindical de Traballadores de Galicia - Ferrol, A.V. de "Fontelonga", Plataforma Ártabra 21


Reunidas as persoas representantes das diferentes entidades nos locais da Assoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga", ACORDAMOS o que segue:

1º - Ratificar a incorporación ás entidades convocantes do sindicato comarcal da Unión Sindical de Traballadores de Galicia - USTG [
ustg@ustg.es] .

2º .- Modificar a data da MANIFESTACION Popular- NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], para o Domingo, 21 de Xaneiro, ás 12 do mediodía, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia.

3º .- Comunicar a Subdelegación do Goberno o cambio de día de celebración da MANIFESTACION Popular. [ Mel]

4º .- Aprobar a propaganda proposta, con algunha modificación de última hora: deseño e cantidades [8.000 folliñas en A5 con o texto da convocatoria, 500 cartaces en A4 e outros 500 en A3]. Aprobase facer un reparto por organizacións convocantes e zonas. [ J.R. Jove e Inácio]

5º.- Solicitar permiso para utilizar a megafonia para convocar [Mel], e megafonear varios días da última semana [ Mel e Miguel López].

6º .- Convocar Rolda de Imprensa para o venres, Sexta-Feira, dia 12 de Xaneiro, às 12:30 hrs na Galería Sargadelos.[Mel]
As persoas que podan estar ese día a esa hora que asistan a Rolda de Prensa, mas quedaron comprometidos: Eliseo Zaera, Mel Sanxoán, Vicente Couce e Fontao.
Mel quedou encargado de avisar a Fran o do Centro Comercial Aberto da Magdalena.

7º .- Despois de celebrada a Rolda de prensa, as diferentes organizacións convocantes, enviarán comunicados de adhesión e apoio a MANIFESTACION Popular.

8º .- Carlos , os Verdes , quedou en conseguir unha megafonía para ler o MANIFESTO ao final do ACTO do Domingo 21 de Xaneiro.
Miguel López, coordinará a megafonía .

9º .- Facer unha faixa para a cabeceira da MANIFESTACION Popular con a seguinte lenda: NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON AO MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]. [Miguel López e Inácio]

10º.- O Manifesto Cidadán, redactado por Miguel Raimúndez da PA21, segue sendo válido, mas quedou-se de reenviar a todas as entidades convocantes para a sua revisión. Se há algum contributo ou proposta de modificacion , comunicala por correo-e a:
defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com

11º .- Enviar unha nota de Prensa o venres, Quinta-Feira, dia 18 de Janeiro, recordando a convocatória da MANIFESTACION Popular do Domingo 21 de Xaneiro. [Mel]

12º .- Acción Sorpresa na Praza da Porta Nova [Praza de España],venres, Sexta-Feira, dia 19 de Xaneiro, às 16:30 hrs, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza de Amada García. Para ese día ten que estar a faixa feita, para utilizar na Acción.


13º .- Acordamos repartos de propaganda:

* Sábado, dia 13 de Xaneiro, as 11 da mañá no Feirón do Inferniño, xunto ao Palco.
* Mércores, Quarta-Feira, dia 17 de Xaneiro, ás 12 do mediodía no Mercado de Recimil.
* Xoves, Quinta-Feira, día 18 de Xaneiro, ás 7 da Tarde , nos arcos na Praza do Concello.
* Venres, Sexta-Feira, día 19 de Xaneiro, logo de facer a Acción SORPRESA pola tarde.

=============================================

--
SAUDOS

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon