De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:40
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-
NOTA DE PRENSA.
Miguel Angel Reimúndez González no nome das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], solicitou entrevista con diferentes organismos da administración autonómica.
AO DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL, D. FELIPE JOSÉ ARIAS VILAS.
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con relación ao edificio que o Concello de Ferrol está a promover na Praza de España e o seu impacto negativo no Barrio da Madalena (declarado B.I.C.) ou o Barrio de Recimil (incluído no Inventario de Bens Culturais de Galicia).
Esta edificación, de levarse a cabo, alteraría gravemente a imaxe urbana tanto do Barrio da Madalena (resolta con edificios racionalistas de interese) como da fronte do Barrio de Recimil á Praza de España. Por isto entendemos que esta Dirección Xeral deberíase pronunciar negativamente sobre a modificación puntual do PXOM que o Concello está a tramitar para dar cobertura legal a unhas obras que, hoxendía, non se axustan á legalidade urbanística.
Á DIRECTORA XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA, DONA ECARNA OTERO CEPEDA.
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Solicitou, unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda con respecto ao repetido anuncio por parte do Concello de financiar as obras de urbanización da superficie con cargo ao Convenio de Reurbanización da Madalena e Ferrol Vello, asinado hai uns meses entre o Concello de Ferrol e a Consellería de Vivenda.
Entendemos que esto suporía un grave incumprimento de dito convenio, pois na relación de espacios públicos incluidos non figura a Praza de España, e sí moitas rúas e prazas da Madalena e Ferrol Vello nas que as obras de reurbanización aínda están pendentes.
AO DIRECTOR XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL, D. JOAQUÍN LUCAS BUERGO DEL RIO
CONSELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con respecto á construcción dun edificio dotacional de 7.000 m2 construidos e 21 m de altura, adicado a usos terciarios e comerciais, na Praza de España en Ferrol.
Tanto a Lei 9/2006, que somete a avaliacion ambiental planes e proxectos, como a "Estrategia de Evaluación del Medio Ambiente Urbano" do Ministerio de Medio Ambiente, que cuestiona a implantación de usos terciarios exclusivos no centro das cidades consolidadas, xunto ca gravísima alteración que o edificio que se está a construir producirá na imaxe da cidade, entendemos que dan pé a un pronunciamento negativo da Dirección Xeral de Medio Ambiente á hora de avaliar a idoneidade do proxecto promovido polo Concello de Ferrol.
AO DIRECTOR XERAL DE URBANISMO, D. RAMÓN SAÚL LUEJE ESPINA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Urbanismo con respecto ás obras da Praza de España en Ferrol.
Estas obras están a recibir unha forte contestaciòn social, e xa son, a día de hoxe, 23 os colectivos cidadáns (plataformas, aavv., sindicatos, partidos políticos e as. culturais) os que se opoñen a esta obra por considerala ilegal (realízanse en contra do planeamento urbanístico vixente) e por supoñer de facto unha apropiación inxustificada, por parte dunha empresa privada, do espacio público máis importante da cidade.
Entendemos ademáis que a situación dos cidadáns que se opoñen a esta obra é de total indefensión, por ser a administración municipal a que incumple o seu propio Plan Xeral de Ordenación Urbana, ao promover dito edificio sobre un sistema xeral viario, e agora promove unha modificación puntual do Plan Xeral co fin de adaptalo a estes fins.
Tendo en conta que é a CPTOPT o organismo no que descansan en última instancia as competencias de disciplina urbanística da Comunidade Autónoma, entendemos que un pronunciamento desta Consellería a favor de dita modificación puntual suporía un grave precedente, ao sancionar unha modificación puntual dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que se realiza co único fin de adaptar a norma a unha obra, cando o que é de xustiza é que sexan as obras as que se adapten a norma vixente.
Reclamamos tamén da Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Dona María José Caride unha tutela efectiva da legalidade urbanística, instando ao Concello de Ferrol á paralización das obras, e se este requerimento non se cumprira no prazo indicado, a executar subsidariamente as competencias que garantan a legalidade urbanística, segundo o previsto no artigo 230 da LOUPMRG.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Praza da Porta Nova
Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica
domingo, xaneiro 07, 2007
Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, xaneiro 07, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon