xoves, decembro 28, 2006

Concentracion anti-actual-ubicación-Planta de Gas o 30 de Decembro no Inferniño

Os Verdes: Concentracion anti-actual-ubicacion-Planta de Gas o 30 de Decembro no Inferniño ás 19 h

calareo
28 de diciembre de 2006 23:18
Para:Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-


O vindeiro sábado, día 30 de Decembro, unha vez máis, convocamos a todos os cidadáns de Ferrolterra á Concentración que terá lugar no Inferniño, ás 7 da tarde, co fin de expresar o noso rexeitamento á ubicación da Planta de Gas de Reganosa, fronte a Ferrol.

Para tal fin dispoñeremos de face ao publico asistente dun video que lles mostrará o accidente ocorrido no ano 98 en Australia, preto de Sidney, e que obrigou a evacuar, en escasos minutos, a mais de 40.000 persoas. Foi por mor dun escape e posterior explosión nun almacén de tanques de Gas Natural Licuado, que contiñan 800 Tm do mesmo. Un dos tanques saíu disparado a varios Km de distancia, e véselle no video impulsado como un foguete espacial.

Expoñemos estas imaxes con datos, para unha mellor valoración do risco destas instalacións pois en Reganosa haberá 300.000 Tm, ou sexa case 400 veces mais.

¿Haberá tempo de evacuar ás 100.000 persoas da contorna da ría ferrolana en caso de escape ou accidente en Reganosa...? ¿Quen asumirá entón a responsabilidade pola catástrofe...?

Entre todos, aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe se non queremos participar nas responsabilidades derivadas dun accidente na mesma por causa de non mostrar o noso rexeitamento a tempo. Esta é un labor que todos nós facemos en conciencia, e que seguiremos facendo ata que se recoloque a planta.

Saúdos cordiais e Feliz Ano.

Carlos A. Lareo, Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra

http://www.osverdes.org
Tfno. 619 083 499

2 comentarios

¿Estaba algún miembro de la Federación Roi Xordo en ese acto?.

Este ano 2007 (ano da prevista entrada en funcionamento da pranta de gas) é fundamental para intentar conseguir que non entre en funcionamento a pranta de gas de Mugardos có perigro que supón para tódala poboación da ría.
Dende ADEGA-Trasancos apoiamos tódalas iniciativas (concentracións no Infeniño, actuacións do Comité Cidadán,actuacions propias,etc,etc) para intentar evitar a barbaridade de poñer unha pranta de gas dentro da ría de Ferrol.

Bó ano a todos/as
Antonio García
-Adega-Trasancos-


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon