mércores, xaneiro 31, 2007

Solidariedade coa veciñanza de Sartaña: o Goberno Municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro

Solidariedade coa veciñanza da Praza de Sartaña: Sartaña Praza Pública.

O goberno municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro de 2007.

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol continua co seu empeño de facernos crer que o progreso consiste e encher as cidades de cemento, construír sen mais, para especular, para beneficiar a uns poucos que xa verten de privilexios. Nese empeño, queren acabar coa Praza de Sartaña, queren facer da Praza un centro de "lecer" de beneficio privado, sen atender as case 1000 alegacións presentadas [30.06.2006], nin ao recurso de reposición interposto no seu día polo grupo municipal de Esquerda Unida. Van presentar este Xoves, 1 de Febreiro, ás 9 e media da mañá a aprobación definitiva do nefasto proxecto do "Centro de Ocio Sartaña" concedido á empresa "amiga" SERVIOCIO [Con data 25 de maio de 2006, o pleno do Concello de Ferrol acordou adxudicar á empresa Serviocio, o contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro de ocio na Praza de Sartaña].

A Plataforma Ártabra 21, reunida en Asemblea Xeral Ordinaria, onte dia 30 de xaneiro, acordou, por unanimidade, solidarizarse coa veciñanza da Praza de Sartaña, nas súas xustas reivindicacións que non son outras que se desestime o proxecto de privatizar a Praza, e se aprobe a súa remodelación e acondicionamento integral como un espazo público, con xardíns, instalacións deportivas e parque infantil, para uso e goce de toda a cidadanía e en especial da veciñanza do barrio.

Conforme ás resolucións aprobadas pola PA21, na Asemblea Xeral Constituínte do 29 de maio e na segunda do 27 de xuño do pasado ano, de apoio á veciñanza de Sartaña e de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ... chamado Centro de Ocio de Sartaña, e en defensa da Praza de Sartaña como Parque Publico, voltamos reiterar este apoio incondicional ás xustas demandas veciñais.

Non permitamos un novo atropelo contra o patrimonio veciñal, hai alternativas sobre a mesa, para unha nova proposta de asentamento dese proxecto, que ten o goberno municipal e a empresa SERVIOCIO, na zona do Bertón onde está previsto reurbanizar a curto prazo. Ademais poderíase facer unha verdadeira piscina municipal, non a bañeira ou lámina de auga, que queren facer na Praza de Sartaña.


Praza de Sartaña: Parque Público !!

Non permitamos a súa privatización !!

Acude ao Pleno Municipal este xoves, 1 de febreiro de 2007



Relación de enlaces de referencia públicados no Blog da PA21:

Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]
RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA


Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon