A Plataforma Ártabra21 quere manifestar a súa preocupación polo que está acontecendo en Ferrol pola actitude do GOBERNO MUNICIPAL [PP-IF] de desprecio á cidadanía.
Mediante este comunicado, que transcribimos máis abaixo, a PA21 quere chamar a atención, nun momento que é case imposíbel a PARTICIPACIÓN CIDADÁN con este Alcalde e grupo de goberno, coas súas actitudes antidemocráticas que pensamos indica unha postura HOSTIL CUNHA PARTE MOI IMPORTANTE DO MOVIMENTO SOCIAL DA CIDADE DE FERROL E CONTRA A PROPIA CIDADANÍA QUE IGNORA E DESPRECIA.
Son demasiados FRONTES OS QUE ESTE GOBERNO TEN ABERTO, interpretando equivocadamente o que é gobernar democráticamente, facendo ouvidos xordos ás demandas da cidadanía, sen diálogo, e actuando nunha especie de depotismo seudodemocrático, facendo o que lle peta, intentando coacionar ao movimento social, escondendo inconfesabeis intereses.
A Plataforma Ártabra21, espera xestos esperanzadores e un cambio de rumbo, tomando decisións correctoras ao que respecta a PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], PRAZA DE SARTAÑA, FRAGA DE MENÁNCARO, BARRIO DE RECIMIL, ... preocupad@s tamén por certas actitudes dalgúns grupos, desde as bancadas da oposición municipal. Vexase a actitude, destes, diante da inseguridade que representa a PLANTA DE GAS dentro da Ría, vexase a falta dunha actitude crítica cos poderes mediáticos, en concreto co Grupo -Voz, vexase a falta de valentía á hora de defender publicamente unha saída dialogada ao conflito basco, sen presentar unha alternativa á perversa moción do PP, chea de mentiras, manipulacións e outras lindezas , .. ou non interpoñer recursos de reposición ou mesmo, se é o caso, recursos contenciosos contra decisións municipais claramente ilegais e lesivas para os intereses xerais da cidadanía.
A PA21, non se vai deixar coacionar polo goberno municipal, e seguirá firme nos obxectivos e conviccións. Seguirá na liña da denúncia, concienciación e mobilización social, para conseguir obxectivos de xusticia social, participación cidadán, defensa dos espazos públicos, respecto e defensa do medio ambiente. ... e un desenvolvimento sostíbel.
A PA21, non se vai deixar coacionar polo goberno municipal, e seguirá firme nos obxectivos e conviccións. Seguirá na liña da denúncia, concienciación e mobilización social, para conseguir obxectivos de xusticia social, participación cidadán, defensa dos espazos públicos, respecto e defensa do medio ambiente. ... e un desenvolvimento sostíbel.
A Plataforma Ártabra 21, con motivo do desenvolvemento do Pleno Extraordinario convocado pola alcaldía para o 1 de Febreiro, queremos facer notar á cidadanía que o nivel político do Concello ferrolán acadou, nese Pleno, o nivel máis baixo que se recorda na nosa cidade.
Convócase un Pleno ás nove e media da mañá, (case con nocturnidade e aleivosía) para tratar dous puntos na Orde do Día. Solventado o primeiro punto, o Alcalde retira o segundo, dando por finalizado o Pleno.
Esta actitude evidencia un absoluto desprezo ós políticos da Oposición e a veciñanza que trataban de presenciar o debate sobre o segundo punto, que trataba da construción da “palangana” na Praza de Sartaña.
Máis unha vez, atopámonos perante unha actuación “esperpéntica” deste Grupo de Goberno, que con este tipo de manobras, parece querer desanimar, e mesmo cabrear, ós veciños e á Oposición, para conseguir os seus obxectivos depredadores de chan público e poñelo ó servizo dos seus amigos.
Desde a Plataforma Ártabra 21, pedímoslle á Oposición municipal que fagan unha fronte común contra as continuas propelías do Grupo de Goberno. Chegou o momento de facer algo distinto e máis forte, xa que os razoamentos, o diálogo e o debate, e as protestas cidadás non serven para nada.
A xente de Ferrol está agardando un xesto dos políticos defensores do pobo, unha indicación que nos marque o camiño dunha contestación máis forte e máis unida.
¡¡Que ninguén se confíe!! Este aprazamento só sirve para que organicen o seu próximo ataque. Pronto convocarán outro Pleno, a porta pechada ou ás cinco da mañá, pero o farán. ¿Non haberá xeito de paralos?
Ferrol a 1 de Febreiro de 2007.
A XUNTA COORDINADORA.-
Asdo. Amadeo Varela / Miguel Reimundez
José R. Jove / Ernesto Lopes
Carlos Gª Seoane/ Xosé M. Sanxoán
1 comentarios so far
primeiro: o psoe non votou en contra da adxudicacion da palangana a serviocio, alegando descoñecemento do tema.
O bng e o psoe apoiaron o outro día ao alcalde á hora de convocar un pleno extraordinario para aprobar o proxecto de sartaña. Hoxe falan indignados do esperpento diante dos medios.
Sorte para eles que o alcalde tivo que suspender o pleno, senon este apoio ao proxecto por parte do bng e o psoe hoxe sería moito máis evidente.
Se non fose polo recurso de esquerda unida (non polas alegacións dos veciños de sartaña, que se ían rexeitar automáticamente no pleno) agora o proxecto estaría aprobado.
Sen embargo, no blog da plataforma non vexo ningunha crítica neste sentido á estes dous partidos da oposición, moito máis preocupados de sacar réditos electorais das barbaridades que comete este governo municipal que de defender os intereses dos veciños de Ferrol. No blog só se critica ao goberno municipal
O rol do PP e IF a favor destes proxectos é esperable. Son uns piratas e uns especuladores. Pero o rol do bng e o psoe non. Levan tres anos e medio a velas vir.
E non estou falando da planta de gas.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon