De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 02-feb-2007 12:55
Asunto: ¡¡¡NOVA FACTURA AUGA!!!
A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, comunica seu malestar pola subida excesiva do RECIBO DE AUGA .
Adxuntamos unha COMPARATIVA ONDE VEN EXPLICADO AS DIFERENZAS que existen respecto ó recibo anterior.
Consideramos outro EXCESO do Goberno Local que o Alcalde sempre defendeu coa promesa electoral de rebaixar o recibo da auga.
Destacamos coma unha grande diferenza o apartado de cobramento de URBASER +14,13 %.
RECIBO DE AUGA SOBRE 30 M3 unha subida de + 53,48 %.
ALCANTARILLADO EN 30 M3. un AUMENTO ESPECTACULAR + 63,73 %.
SAÚDOS
Ferrol a 2 de Febreiro de 2007.
asdo. Pedro Cachaza Pereiro - Secretario
asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño - Presidente.
--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
TABLA COMPARATIVA MOSTRANDO O INCREMENTO NO RECIBO DA AUGA E LIXO
| | Decembro 2006 | Xaneiro 2007 | Incremento |
Augas de Galicia | Canon de saneamento | 0,197 €/m3 | 0,197 €/m3 | 0 % |
SOGAMA | Lixo | 2,82 €/mes | 2,92 €/mes | 3,55 % |
URBASER | Recollida de Lixo | 3,636123 €/mes | 4,15 €/mes | 14,13 % |
EMAFESA (·30 m3)1 | Auga | 0,2823*30= 8,47 € | 4+0,3*30= 13,00 € | 53,48 % |
Alcantarillado | 0,1323*30= 3,97 € | 2+0,15*30= 6,50 € | 63,73% | |
EMAFESA (20 m3)2 | Auga | 8,47 € | 4+0,3*20= 10,00 € | 18,06 % |
Alcantarillado | 3,97 € | 2+0,15*20= 6,50 € | 25,94 % |
- Incremento supoñendo un consumo de 30 m3 en dous meses que era o mínimo anterior.
- Incremento supoñendo un consumo de 20 m3 en dous meses.
Pódese observar que tanto na Auga como no Alcantarillado houbo un incremento na cota por m3 ademais de impoñer unha cota fixa, e dicir:
Auga:
Incremento do prezo do m3: 0,30/0,2823 = 6,20 % mais 4.00€ de cota
Alcantarillado:
Incremento do prezo do m3: 0,15/0,1323 = 13,44 % mais 2.00€ de cota
A conclusión e que para pagar igual que no ano 2006 habería que consumir13,9 m3 en dous meses o que significa un consumo de 231,6 litros/día, e dicir menos de a metade dos 500 litros/día do mínimo anterior anteriores, e por conseguinte con consumos inferiores a isos 231 litros estaríamos a falar de pagar menos que no 2006 que era o que nos venderon os nosos representantes municipais cando falaron de impoñer o cobro por consumo real.
Si ben e certo que tanto URBASER como EMAFESA non subiron as cotas dende Maio de 2001, si facemos un cálculo estimativo supoñendo un incremento anual do 4% (os salarios non subiron ese porcentaxe de media) vinda así, na auga resultaría un incremento en exceso do 21,27% e no alcantarillado do 29,5%.
de todo os xeitos habería que preguntarse porqué non se actualizaron as cotas nos últimos anos e se actualizan de golpe e por riba con un incremento medio do 9% anual.
Como información engadida axúntanse os datos de consumo da Comunidade de Madrid, obtidos na seguinte información de GREENPEACE:
NO FOGAR |
Máis do 40% do consumo de fogar vaise pola cisterna e o 65-70% do consumo total do fogar corresponde ao cuarto de baño. Moitos modelos de cisternas antigos utilizan máis auga da necesaria (10-15 litros), cando a normativa española fixa a capacidade máxima en 9 litros (norma UNE 67-001-88). En canto ao lavavaixelas, cada vez que se pon utiliza entre 20 e 40 litros de auga, dependendo do modelo, cun consumo por cuberto que pode superar os 2 litros. |
COMUNIDADE DE MADRID |
O ano pasado consumíronse 603 Hm3. Deles o 50% corresponde ao consumo doméstico (cada madrileño consome unha media de 147 l/día) |
E decir, 147*4 =588 litros/fogar/día.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon