venres, maio 11, 2007

Sábado 12 de maio, ás 12 de mediodía, concentración no peirao de Ferrol: Planta de gas fóra da Ría - REGANOSA NON !!

Á TODA A CIDADANÍA DA COMARCA DE FERROLTERRA

A raíz da entrada do gaseiro, chamado Galicia Spirit, desde o mércores 9 de maio de 2007 ás 9,30 da mañá en adiante a poboación da Ría de Ferrol está sometida a unha ameaza real día e noite, polo risco dun accidente grave que poden provocar sustancias perigosas na planta que REGANOSA está construíndo ou no buque gaseiro que alí está atracado.

Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar unha concentración nos peiraos de Curruxeiras en Ferrol, ás 12 da mañá do sábado próximo día 12 de maio de 2007, coa finalidade de que:

a) A cidadanía manifeste o seu rexeitamento á entrada ilegal dentro da Ría dun buque Gaseiro cargado con 140.500 m3 de Gas Natural Licuado, para descargalo nos tanques que a empresa Reganosa está construíndo, sen ter todos os permisos, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción e que deben ser cumprimentados antes da posta en funcionamento, entre eles os riscos para a vida humana nas poboacións próximas e a saída de urxencia dos buques gaseiros, ambos imposibles de cumprimentar, polo que é ilegal a acta de probas outorgado o 4 de maio pola Área de Enerxía desa Subdelegación que serviu de pretexto para burlar a lei coa entrada do devandito buque gaseiro.

b) A cidadanía exixa por escrito o cese do Capitán Marítimo de Ferrol D. Jorge Cao Ruiz, do Presidente da Autoridade Portuaria D. Amable Dopico Freire e do Delegado do Goberno D. Manuel Ameijeiras Vales, por permitir a entrada do gaseiro Galicia Spirit cargado de gas natural licuado, a partir do cal iníciase un risco, permanente día e noite, de accidente grave que ameaza a vida da poboación próxima e á riqueza marisquera dentro de Ría de Ferrol.

Así mesmo o Comité Cidadán de Emerxencia acordou continuar coas actuacións por vía administrativa, xudicial, de mobilización e información á sociedade, a fin de que sexa paralizada a actividade na Planta de Gas de REGANOSA.


PERIGO !!

UNHA BOMBA DENTRO
DA RÍA DE FERROL

CONSEGUIMOS PARAR O GASEIRO
SÓ USANDO A FORZA
LOGROU ENTRAR


PARA EXIXIR A SÚA EXPULSIÓN

TODA FERROLTERRA CONCENTRADA
NO PORTO DE FERROL


CONVOCA:
COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA DA RÍA DE FERROL


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon