Benqueridos/as amigos/as,
A Asamblea Sen Papeis de Ferrol, quere convocar á cidadanía, e entidades
sociais á FLASHMOB na que denunciaremos  a exclusión sanitaria do
colectivo de persoas inmigrantes que non dispoñen de permiso de residencia.
O
vindeiro sábado, 1 de setembro do 2012 , entran en vigor  as normas que
exclúen á poboación inmigrante que non contan con permiso de residencia, da
atención médica e sanitaria do sistema público de saúde. A Asamblea Sen Papeis
de Ferrol, xunto a outras organizacións sociais,  Asociacións de
inmigrantes e de defensa dos dereitos humanos,  instamos ao goberno de
España, á derogación inmediata do RDL 16/ 2012  e 1192 / 2012 que supoñen
un ataque frontal contra o dereito á saúde, tanto da poboación migrada como da
autóctona. 
Co
falso argumento de que esta poboación abusa da sanidade e,  polo tanto,
 merma a xa precaria economía española, déixaselles/déixasenos  sen
atención sanitaria, e en perigo de morte. 
Para
denunciar este ideolóxica reforma sanitaria, xa tristemente coñecida como “Apartheid
sanitario” , a Asamblea Sen Papeis de Ferrol, convoca á toda cidadanía e
entidades solidarizadas con esta denuncia,  á flasmob  que se
desenvolveremos  o vindeiro venres 31 de Agosto do 2012, ás 11.00 horas,
na Praza de Armas de Ferrol (diante do Concello).
O
acto consistirá na representación da Flashmob de denuncia do apartheid
sanitario  e posterior lectura do Manifesto rexeitando os inxustos reais
decretos e instando ao goberno de España a que recapacite e instaure a sanidade
universal para todalas persoas.
INDICACIÓNS ÁS PERSOAS QUE DESEXEN PARTICIPAR  NA FLASHMOB
·Presentarse 15 minutos antes da representación (prégase máxima
puntualidade).
Neste
tempo daranse as indicacións a tódalas persoas participantes
·Haberá
que ir vestido/a cunha camisola, ou
sudadera branca
·Levar unha careta branca feita en
cartulina que terá abertura para ollos e nariz exclusivamente.
Prégase que levedes gomas para suxetar as caretas.
·Levar nun folio-cartulina DIN A4 co nome ben visible,
 e en letra,  dun país extranxeiro que se colocará no peito.
·O cronograma de acción do Flashmob explicarase 15 minutos
antes do inicio. É dicir, ás 10.45 horas do venres 31 de agosto, na Praza de
Armas de Ferrol
RECORDADE:
FLASHMOB DENUNCIA 
CONTRA A EXCLUSIÓN SANITARIA DA POBOACIÓN INMIGRANTE SEN PERMISO DE RESIDENCIA
LUGAR: PRAZA DE ARMAS
DATA: VENRES 31 DE AGOSTO ÁS 11.00 HORAS (ESTAR 15 MINUTOS
ANTES)
MATERIAL
NECESARIO:
CAMISOLA BRANCA, CARETA BRANCA DE CARTULINA, E
CARTULINA CO NOME DUN PAIS EXTRANXEIRO PARA PEGAR NO PEITO
Agardamos a vosa participación e a máxima difusión desta convocatoria 
 
O
Colectivo "Asamblea Sen Papeis-Ferrol" , está fomado por persoas
nativas e inmigrantes, en situación administrativa irregular, ou non, e
pretende ser un espazo de encontro reivindicativo que de resposta  ás
políticas e comportamentos que atenten contra os dereitos humanos da poboación
inmigrante, especialmente hacia aquela que se atope en situación administrativa
irregular.
-- 

 
   
 Asamblea Sen Papeis Ferrol
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| |||||||||||||||||||||||| ||||||||||||| ||||||||||