De: AVV FERROL VELLO -avvferrolvello@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de novembro de 2008 16:49
Asunto: Iniciativa Lexislativa Popular
Iniciativa Lexislativa Popular
REUNIÓN EN RÉXIME DE AUTOCONVOCATORIA SOBRE A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR RELATIVA AO SECTOR NAVAL
Cremos que o conxunto da sociedade estaría disposta a defender unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre o sector naval, singularmente sobre a recuperación do antigo astaleiro de Astano para a construción naval civil.
Tendo en conta que temos unha Consellería de Industria disposta a reabrir a antiga Astano á produción naval civil, uno dos motores económicos para o benestar da nosa comarca.
Con mais razón se cabe no contexto da profunda crise económica mundial na que vivimos, e que nada ten que ver cosector da construción naval civil.
Un sector vivo e en auxe que obriganos a non desaproveitar nin as instalacións de Fene nin a experiencia e recoñecido prestixio dos nosos profesionais.
Por esta razón, convócase unha reunión, para o vindeiro Venres 14 de novembro ás 19:00 horas no Pavillón 4 A de FIMO, onde se aprobará entre todos os asistentes o texto da Iniciativa Lexislativa Popular e se abordarán todos os pasos necesarios para a súa explicación no seo da sociedade e para a súa tramitación parlamentaria.
Esperando a implicación social neste traballo, a prol do futuro da nosa comarca.
Un saúdo
________________________
A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es
_______________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Convocatorias
Ferrol Vello
Sector Naval
Autoconvocatoria para unha reunión sobre a iniciativa Lexislativa Popular relativa ao Sector Naval: venres 14 de Novembro
mércores, novembro 12, 2008
Autoconvocatoria para unha reunión sobre a iniciativa Lexislativa Popular relativa ao Sector Naval: venres 14 de Novembro
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, novembro 12, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios
Temos unha consellería de Industria disposta a privatizar Astano e regalarllo a Pucho Viñas o de Barreras, que, por certo, xa foi director de Astano.
O BNG defendendo as privatizacións de empresas públicas ¡ Manda carallo ! Como non dí nada Pepe Díaz'
Así nos va,siempre queriendo chupar
de la teta pública(del estado español).
Un Astano público,lleno de badanas,y vagos,que no sea rentable....para que vuelva a cerrar.
Señores,que venga un empresario,que ponga dinero y de empleo,y el que quiera comunismo que se vaya pa cuba.
70 persoas asistiron á convocatoria . O BN Gas non é quen nin de mobilizar ó propio BN Gas
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon