25 de setembro.
DÍA GALEGO SEN BOLSAS
En Galiza utilízanse ao ano máis de 600 millóns de bolsas de plástico no consumo. A maioría son feitas de material non biodegradable (polietileno) e tardan decenios en degradárense. O 90% acaba en vertedoiros ou contaminando ríos e mares. Tamén contaminan visualmente a paisaxe. Tí como comprador/a ou comerciante podes contribuír a poñerlle freo. Usa só bolsas reutilizábeis ou biodegradábeis. Son cómodas, práticas e económicas. É unha pequena pero moi importante contribución para a conservación do medio natural.
Máis información: web de GALIZA, COMERCIO VERDE. Díptico DESEMBOLSA
4 de outubro.
PONTE AS BOTAS: LIMPEZA SIMULTÁNEA DOS RÍOS GALEGOS
Dentro da Campaña de Outono do Proxecto Ríos estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. Un dos problemas máis salientábeis que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende ADEGA-Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os nosos cursos fluviais.
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.
Este é o primeiro ano que o Proxecto Ríos coordina unha actividade de limpeza de ríos, e pretendemos continuar nos próximos anos con esta actuación aumentando os grupos e zonas nas que se realice a limpeza.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.
Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona:
Grupo/Concello | Persoa de contacto | Teléfono |
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares | Chus Goldar | 626 768 826 |
ABEGONDO: Departamento de Medio Ambiente | Mª Carmen | 686 352 866 |
ARTEIXO: Departamento de Medio Ambiente | Óscar Miranda | 981 64 18 15 |
CARBALLO: ADEGA-Carballo | Paco Graña | 646 42 10 19 |
CELANOVA: ADEGA-Ourense | Xan Carlos | 629 635 945 |
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela | Paco Bañobre | 981 57 00 99/627 628 194 |
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro | Heitor Picallo | 676 188 619 |
FERROL: ADEGA-Ferrol | Nes | 649 779 774 |
GUITIRIZ: Departamento de medio Ambiente | José Cornide | 982 37 01 09 |
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente | Xosé Manuel | 986 78 72 02/616 937 854 |
LUGO: ADEGA Lugo | Xosé Rodríguez Benjamín Cela | 678 810 217 982170435/676228883 |
MELIDE: | Asociación de troiteiros do río Furelos | 696 607 348 |
ORDES: Departamento de Medio Ambiente | Xesús Pereira | 649 84 56 74 |
PONTEAREAS: ADENCO e ADEGA-Paradanta | Anxo Saborido | 666 893 879 |
PONTEVEDRA: ADEGA-Pontevedra; Vai polo Río; Cedofeita; Integra Futuros | Manuel Fortes Xosé | 676 088 486 676 842 942 |
PORRIÑO | Paula Domínguez | 658 943 491 |
RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés e Asociación Roi Vicente | Mª Dolores Barreiro | 680 580 086 |
ROIS: Departamento de Medio Ambiente | Ana Yansi e Ángeles Bouzas | 981 804 109 |
SALCEDA DE CASELAS: Asociación TRECECATORCE | Fran Rei | 615 421 199 |
TEO: CEIP A Ramallosa | ||
VIGO: ADEGA-Vigo | Xan Vilaboa | 629 271 224 |
XOVE: Aula de Medio Ambiente | Desireé González | 651 600 173 |
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon