sábado, setembro 27, 2008

Hoxe en Ferrol: II Masa Crítica Galega, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras

From: Linux Ferrol -linuxferrol@gmail.com-
Date: 2008/9/26
Subject: Pasao: Convocatoria da MASA CRITICA GALEGA Sábado 27 Ferrol
To: masacriticaferrol@bicis.info



Enviamos a seguinte convocatoria:

II Masa Crítica Galega

Ferrol, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras



Este sábado ás 12:00h sairá do peirao de Ferrol a II Masa Crítica Galega que convoca a ciclistas de toda Galiza para facer un percorrido urbán por rúas de ferrol e narón.

Para máis información sobre esta convocatoria podedes visitar:
www.bicis.info





masa_galega_08.png.jpeg

O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferol. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!.
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes" Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

En Galicia celébranse nas seguintes cidades:
  • A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita. Ver foro
  • Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza de Galicia. Ver foro
  • Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América. Ver web
  • Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios. Ver blog
  • Ponteareas. Todos os últimos venres de mes ás 20:00 na Praza da igrexa. Ver blog / Ver foro
  • Ferrol. Os últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño Ver foro
A masa crítica galega do 27 supón o segundo encontro a nivel galego de ciclousuarios e ciclousuarias , organizado neste caso polos participantes da Masa critica de Ferrol. O anterior foi en Compostela.

A saída desta II Masa Crítica Galega será o 27 de setembro ás 12:00 dende o peirao de Cruxeiras con este percorrido

Xa está aquí !!!!
Mañá vai ser un día de festa para todas as galegas e galegos: día nacional de reivindicazón do transporto ecolóxico, divertido, saúdabel, que fai as rúas máis humanas, que respecta a todas e a todos, que coida do meio...
E isto vai pasar no noso Ferroliño.

'DEIXA O CARRO
E COLHE A BICI'.

Xa che teño encamiñado correos da masa crítica ferrolá, así que aforro explicar de que vai o tema. Dígoche somentes que imos facer unha rotiña urbana, xantar logo todas xuntas no parque de Esteiro, onde está o 'L', falar sobre a mobilidade, facer xogos populares, e rematar con unha REPICHOCA!!
  • - O percurso que imos facer é duns 10 quilómetros, e calculamos que, indo mooooi paseniño, tardaremos perto de unha hora e un cuarto en o andarmos. Combinamos pra nos vermos ás 12 da mañá no peirao de Curuxeiras (no porto, ao pé de onde atracaban a lancha de Mugardos)
  • - Conviña que cadaquen trouxese algo para o xantar, como un bocata, ou algo de froita... para compartillarmos todos (en plan romaría de mantel a cuadros, desas de toda a vida, pero non é preciso que o mantel teña cuadros). Pódese deixar antes da rota no centro social (no de Artábria), para non o termos que carrexar todo o tempo
  • - O debate vai ser ás 4 e 1/2 no centro social da fundazón (Artábria). Nel collen os meios de transporto públicos, o carril-bici, o papel das administrazóns, as normas de tránsito... e todo canto vexamos relacionado.
  • - Para os xogos populares tornamos ao campeiro do 'L'. Imos ter, en principio, carreiras de sacos, tiro da corda, xogo da chave, billarda, lombas, chapa, arriba facu, lombas... e tódolos que nos acorden entre todas e todos!!!
  • - A repichoca pode ser tremenda, haise que animar a traer cadaquen algún instrumento que teña na casa. Valen as garrafas de anís para rascar (digo rascar cun pau e facer música, polo do relevo en cuadradiños, non rascar-nos a beber no anís!!!!), pandeiretas, axóuxeres, cunchas... o que tiverdes, que todo vale!, e veña a tocar e a cantar todas e todos!!! Podemos deixar tamén os instrumentos no centro para non pedalearmos con eles ao lombo.
  • - IMPORTANTÍSIMO!: temos sitio para durmir, no pavillón deportivo do colexio de Esteiro (mesmo a caronciño de todo o resto de actividades), e máis tamén podemos empregar as duchas e vestiarios, así que xa non hai razón ningunha para non vir.
Sómate ás ciclousuarias/os-ou-biciclistas-ou-pedaleantes de toda Galiza, pero ven con gana de festa, porque ímola armar!!

Unha aperta enorme

Para máis información sobre esta e máis outras convocatorias podedes visitar:
www.bicis.info
________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon