mércores, xuño 06, 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 20 hs, na Asoc. Veciñal de Ferrol-Vello

CONVOCATORIA DA
ASEMBLEA CIDADÁ
XoveS, 7 de xuño,
ás 8 da tarde, nos locais da
Asociación Veciñal de Ferrol Vello
. INFORMACIÓN
. ANÁLISES
. PROPOSTAS DE ACTUACIÓNS
Planta de Gas Fóra da Ría
Bastida Liberdade
Na defensa da Ría, da vida e da legalidade.


Convoca:
Comíte Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
______________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 8 da tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello.

O Comité manifesta nunha nota, que o feito de que o pasado 30 de maio o Xuíz de Garda en Ferrol, a proposta da Fiscalia, dictara prisión para Bernardo Bastida, explica o que aconteceu o día anterior, cando os policias dirixirose directamente a deter a Bastida, cando procedía do mar do bloqueo do gasero Mourad Didocuhe.

Continuan dicindo que este 4 de xuño, na vista que se celebrou no Xulgado nº 6 de Ferrol, a Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión provisional sen fianza para Bernardo Bastida, que foi ratificada pola Xuíza titular do devandito Xulgado, a pesar de que o avogado defensor de Bernardo Bastida, entre outras probas achegou unha sentenza do Tribunal Supremo que sobreseía a un colectivo ecoloxista navarro, con actuacións simililares ao da Planta de gas .

O Comité Cidadán acordou convocar para este xoves a Asemblea Cidadá para analizar a situación e acordar posíbeis actuacións a raíz de que Bernardo Bastida segue na Carcel de Teixeiro e comezou unha foga de fame indefinida. A esa reunion da Asamlea Cidadá, o Comité Cidadán presentará unhas propostas de actuación a fin de compatibilizar as demandas e xestions por via administrativa das que están en curso ou se abriran por via xudicial. A súa vez comunica que segue pasando informacións cualitativas pois ve que agora é máis provábel que saían publicadas nos medios tanto locais como doutro ámbito.

A Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión incondicional sen fianza para Bernardo Bastida, a cal foi ratificada polo Xulgado nº 6 de Ferrol. Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol fai pública a declaración manuscrita e asinada que Bernardo Bastida realizou e transmitiunos o 5 de xuño, antes de ser trasladado á prisión de Teixeiro e que unha vez mecanografiada a continuación se transcribe. .

BERNARDO BASTIDA SIXTO, P.M. da Confraría de Pescadores de Ferrol

Declaro o seguinte:

1º.- Que non matei nin a 1 nin a 20 persoas.


2º.- Que non baleirei as ARCAS de ningún municipio nin ENTIDAD algunha.


3º.- Que o único delito que cometín, foi o de cumprir co meu papel de P.M. e RESPECTAR as decisións TOMADAS en ASEMBLEA.


4º.- Que me considero un preso político e evidentemente, perseguido pola administración ao servizo non do pobo, senón doutros intereses.


5º.- Que non cometín ningún dos delitos de que se me acusa, polo que non se pode xogar coa liberdade dunha persoa.


6º.- AGRADECER DE TODO CORAZÓN o apoio recibido de todos.


Ante isto e desde o día de hoxe, en contra dos meus desexos, como protesta e non como presión, declárome en folga de fame indefinida. É unha medida non grata, pero por DESGRAZA non me deixan OUTRA ALTERNATIVA.

Ferrol 5 de xuño de 2007.


Bernardo Bastida

[Texto manuscrito da Carta de Bastida, copia do orixinal, nos Arquivos Ártabros]
_____________________

2 comentarios

Crein que o que loitou meu pai nos 70,nos faria mais unidos na loita.Pero vexo que a xuventude cree que o camiño esta feito.Tiñan que estar orgullosos do que loitaron os seus pais,unha loita que trascendeu mais lonxe do que poden imaxinar.A historia a escriben outros como lles conven,pero nos imos facer a nosa historia por nosos fillos.SUMAROS A ESTA LOITA CONTRA A PLANTA DE GAS LOITADE XA NON POR VOS,POR VOSOS FILLOS.TODOS PODEMOS FACER A NOSA HISTORIA.

Bastida, no mataste, pero intentaste violar.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon