venres, xuño 29, 2007

Presentación de GALENTENDO, Colectivo para a Normalización da Diversidad Sexual de Ferrolterra

Presentación de GALENTENDO, Colectivo para a Normalización da Diversidad Sexual de Ferrolterra.




Galentendo é unha asociación para a defensa dos dereitos de gais e lesbianas e para fomentar a liberdade sexual, no ámbito da comarca ferrolán.

Para contactar:

galentendo@gmail.com

COLECTIVOS e enlaces LGBT en Galiza


Marcha na Coruña, o sábado 30 de xuño, ás 19.30 hrs na Praza da Leña

___________

Noticia de interese no xornal comarcal Diario de Ferrol

Diario de Ferrol 29 de xuño de 2007

Yolanda Díaz anuncia para o 2008 actos do Orgullo Gay
A concelleira de Cultura, Yolanda Díaz, comprometeuse a preparar para o vindeiro ano unha semana cultural e festiva con motivo de Día do Orgullo Gay, que se conmemorou onte cun acto que serviu para presentar a recentemente creada asociación Galentendo.

REDACCIÓN > FERROL

A edil e primeira tenente de alcalde do Concello de Ferrol lamentou que a súa recente chegada ó Goberno municipal non lle permitise programar algunha actividade para a celebración deste día, algo que sí fará con motivo do 28 de xuño do ano que vén.

Neste senso, Yolanda Díaz, que compareceu onte en rolda de prensa xunto con tres dos integrantes da asociación de gays e lesbianas Galentendo, adiantou que na vindeira celebración do Día do Orgullo Gay haberá xornadas festivas e culturais na cidade, e lembrou que, a pesar dos avances en dereitos fundamentais conqueridos nos últimos anos, como a legalización dos matrimonios homosexuais, este colectivo "segue a estar perseguido e discriminado".

Así mesmo, engadiu que o seu departamento traballará en prol dun grupo social que representa a unha gran porcentaxe da cidadanía e anunciou a creación e promulgación dunha política de respecto dos dereitos de tódolos individuos "traballando para educar ós máis novos na existencia de conductas, neste caso sexuais, que se deben respectar, e lograr a eliminiación das diferenzas e medos que hai aínda na sociedade".

Díaz aproveitou o día de onte para lembrar que o movemento gay non é algo novo xa que as súas orixes datan do ano 1969, nos Estados Unidos, concretamente na cidade de Nueva York, cos coñecidos coma incidentes de Stonewall -o 28 de xuño dese ano, un grupo de homosexuais e transexuais, clientes habituais dun bar de ambiente, decidiron rebelarse contra as continuas vexacións e abusos ós que eran sometidos pola policía que visitaba continuamente o local-.

Este levantamento deu lugar a distintas rebelións dos núcleos de gays, lesbianas e transexuais de toda a cidade contra a marxinación, discriminación e hostigamento que impoñían os representantes dos poderes públicos ás persoas cunha orientación sexual diferente á habitual.

Galentendo > No Día do Orgullo Gay presentouse en rolda de prensa a asociación Galentendo, creada en Ferrol o pasado 16 de marzo -as reunións para a súa constitución comenzaran en decembro- e que na actualidade conta cun total de 30 socios, entre os que se atopan locais de copas e cafeterías da cidade como Taxonera, Colors, Manchita cosa ou Zucre, que prestan o seu apoio ó colectivo.

Tal e como explicou un dos seus representantes, Suso Pérez Lago, esta entidade naceu coa finalidade de "fomentar a liberdade sexual e dar a coñecer os dereitos dos gays e lesbianas" tendo en conta que a comarca carecía ata ese momento dunha asociación destas características, ó contrario do que acontecía noutras cidades de Galicia como A Coruña ou Santiago de Compostela.

Pérez Lago aproveitou a ocasión para agradecer o apoio da Concellería de Cultura de Ferrol e solicitar a axuda e colaboración de toda a cidadanía para lograr "unha igualdade real" de dereitos entre todos os individuos, independentemente da súa conducta sexual. Así mesmo, expresou o seu desexo de que "oxalá non houbese colectivos deste tipo porque isto querería dicir que estabamos aí integrados".

Recoñecendo que "Ferrol é un pouco especial" neste tema, subliñou que unha das primeiras metas de Galentendo é a de darse a coñecer na sociedade, pois "somos unha asociación moi recente", afirmou, ó tempo que explicou que xa se está a traballar con outras asociaciós galegas das cales están a recibi-lo seu apoio. "A comarca estaba un pouco abandoada neste aspecto", sinalou Suso Pérez Lago.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

_____________________

1 comentarios so far

Hantes de nada dejar claro que apoyo los derechos de los homoxesuales, pero me parece una falta bastante grave que un partido politico se respalde para promocionarse de un colectivo gay y mas cuando dicho colectivo no existe por ley, vamos que a dia de hoy es ilegal, no se a que viene tanta publicidad en los medios sea prensa o tv y mas apoyada por parte de yolanda diaz .Para mi modo de ver todo son promesas y tener contentos al pueblo con sueños y fantasias y claro como no, conseguir mas votos!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon