mércores, xuño 27, 2007

Proxéctase por diferentes lugares da xeografía galega "O salario do silencio" que analiza á planta de Reganosa en Mugardos

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 27 de Junho de 2007 17:52

Asunto: "O salario do silencio" analiza á planta de Reganosa en Mugardos




"O salario do silencio" analiza á planta de Reganosa en Mugardos
Un documental producido por Enrique Banet e Mabel Rivera rompe o silencio sobre a polémica instalación de Ferrol.

Miércoles, 27 de junio de 2007

XORNAL. COM - Santiago.- "O Salario do Silencio" é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, "é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade", di a productora, Namche Films, nunha nota de prensa.

"O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian", engaden.

O proxecto conta coa colaboración de numerosas asociacións e colectivos veciñais, profesionais, ecoloxistas, xurídicos, culturais, corpos de seguridade, sanitarios, etc., etc., que integran o Comité Cidadán de Emerxencia. "E contamos tamén coa negativa dos responsables directos desta situación: tanto os directivos da planta como certos alcaldes e algún que outro concelleiro e alto cargo, que ou ben se negaron a ser entrevistados, ou ben seguimos agardando a que se poñan ao teléfono. Se por eles fose, o silencio continuaría", rematan.

A productora

NAMCHE FILMS está formada por Enrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, guión, cámara e edición deste traballo; e Mabel Rivera, actriz, ocupouse da documentación, produción executiva e voz en off.

"O Salario do Silencio" gravouse orixinalmente en galego, aínda que para chegarmos a un público máis amplo saímos ao mercado inicialmente en español, dado que esta produción é totalmente independente, e está orientada ao mercado do DVD. Os beneficios irán destinados á Confraría de Mariscadores de Ferrol, a quen tamén dedican este traballo.

Proxeccións
O documental foi xa proxectado en Ferrol, Brión, Mugardos e Cangas, pero averá novas oportunidades de velo mañá 28 xuño as 20:30 horas na Escola de Belas Artes de Pontevedra.

Están pendentes de confirmación outras datas (4 e 5 de xullo) en Compostela e Vigo, respectivamente, e tamén será posible velo nas próximas semanas en A Coruña, Lugo, O Porriño, Redondela e Ribeira, entre outras localidades.
_________________________________________

Asociación Veciñal Fontelonga de Esteiro - Ferrol

web da asociación:
http://fontelonga.org/

Blog da asociación:
http://www.blogoteca.com/blogfontelonga/index.php
_________________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon