martes, xullo 03, 2007

A radio trae as malas novas de que Reganosa (mellor “Regadeles”) vai comezar a funcionar de xeito inmediato

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de Julho de 2007 11:50
Asunto: Reganosa ataca.


¡Hola todo o mundo! (Este “mundo” abrangue a compañeiros e compañeiras, cidadás e cidadáns, etc. etc.)

A radio trae as malas novas de que Reganosa (mellor “Regadeles”) vai comezar a funcionar de xeito inmediato.

Din que teñen todos os permisos necesarios e os plans de seguridade e de emerxencia listos, feitos por os seus técnicos e supervisados por especialistas que non se sabe quen son.

A min preocúpame un pouco (non moito, a verdade, porque sempre foi así) a indiferencia de moitas organizacións que terían que estar combatindo “a morte” esta falcatruada incalificable.

Ás veces pregúntome onde están “Nunca Máis”, “Green Peace”, “Rede Litoral Vivo”, “Rede Natura” e outras entidades defensoras da ecoloxía, das nosas paisaxes, da sostenibilidade...

Claro que os primeiros que tiñamos que estar eramos “todo o mundo” de Ferrol, e xa que logo, non podemos queixarnos moito. En calquera caso, non estaría de máis tentar de acadar a axuda dalgunhas destas entidades.

E poderiamos volver a Santiago con moita máis xente. Tempo hai para preparar todo para setembro.

Sei que algúns de vos estaredes cansos de traballar e loitar. Disfrutade un pouco das vacacións e cargade ben as pilas, porque neste caso concreto, todo o mundo é imprescindible.

Unha aperta. Amadeo36.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon