Onte, 2 de xullo, pola tarde tivo lugar, numha das salas do Pazo Municipal do concello de Ferrol, unha reunión cunha comisión do grupo de goberno municipal, encabezada polo Alcade da cidade, Vicente Irisarri, cunha representación da Comunidade Menáncaro, ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, para analisar a situación do procedimento administrativo con respeito da Fraga de Menáncaro e ver de poñer en práctica as reivindicacións veciñais e ecoloxistas que agora son tamén do grupo municipal, de que a mellor actuación para a Fraga de Menáncaro é non actuar, deixar o espazo natural como está e buscar unha figura de proteción, para o conxunto do lugar. Hoxe ás 8 da tarde o Alcade vai facer unha visita á Fraga para ver o lugar en persoa [quedou aprazada para mañá mércores, 4 de xuño], acompañado de representantes das organizacións ecoloxistas e veciñais.
Por outra banda dicer que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, emiteu un novo informe, onde advirte ao Concello de que non se podía aprobar o Plano de Sectorización, sen o trámite de avaliación de impacto ambiental, polo que de persistir nesa actuación estaríase a cometer unha infración moi grave, segundo o disposto no RD Lexislativo 1303/1986, na súa redacción actual. O que ven facilitar, aínda máis, a argumentación xurídica de paralización do Plano de Sectorización e de proposta para a anulación do acordo plenario do pasado 20 de abril, onde se aprobou o Plano de Sectorización alegando silencio administrativo positivo. Os representantes municipais, manifestaron que nuns 15 días terían ultimado o procedimento a seguir para a paralización do mecionado proxecto urbanístico.
Tratouse na reunión de tres asuntos que preocupan: a continua vertedura de lodos ao río, por parte da Canteiras Ferrolanas, S.A., o paso pola Fraga das lineas de alta tensión de Fenosa e a continua agresión desta empresa á carvalleira para para a realización da manutención das mesmas e por último o vial proxectado no PXOM, no plano 1-25, figura a construción dun viaducto sobre a Fraga, para unir as estrada de Catabois [C-646] e a de Covas [CP-3603], modificada por resolución da Dirección Xeral de Urbanismo o 25 de maio de 2005, mais que aínda segue afectando á Fraga, ademais de tornarse innecesaria por mor da construción dos novos viais de acceso ao porto exterior. Asuntos que quedaron para tratar máis adiante.
Proximamente terase unha nova reunión, no momento no que haxa novas ao respecto do proceso político-administrativo, do rexeitado proxecto especulativo no corazón da Fraga de Menáncaro.
___________________
Blog da Fraga de Menáncaro
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fraga de Menáncaro
Fraga de Ménáncaro: Reunión no Pazo Municipal de Ferrol, entre o grupo de goberno e as organizacións veciñais e ecoloxistas
martes, xullo 03, 2007
Fraga de Ménáncaro: Reunión no Pazo Municipal de Ferrol, entre o grupo de goberno e as organizacións veciñais e ecoloxistas
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xullo 03, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon