venres, xullo 06, 2007

Unha pretendida instalación acuícola, considerada "estratéxica" pola administración, pon en perigo unha zona do litoral de Corrubedo

De:lupe ces -lupeces@gmail.com-
Bárbara primo -barbaraprimo22@yahoo.es-

Irene Sánchez Riveira -irenerrir@hotmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de Julho de 2007 15:54

Asunto: De novo pretende-se umha intervençom industrial acuicola que destrui o litoral galego


Unha pretendida instalación industrial acuícola, considerada "estratéxica" pola administración autónomica, pon en perigo unha zona do litoral de Corrubedo, de importante valor natural, ecolóxico e paisaxístico.

A XUNTA CASTIGA A CORRUBEDO.
O pobo de novo en loita!!!


TOCA LOITAR CONTRA A INXUSTIZA!

Se no litoral incólume de Corrubedo os veciños e veciñas tiveran construído casas e galpóns espallados ao longo da historia, hoxe non verían como a Xunta intenta expropiar todo un cabo para cederllo a unha empresa. A necesidade de grandes espazos libres para instalar industrias contaminantes como as fábricas de peixe fai que manter 7 quilómetros de costa totalmente libres de edificacións se castigue coa expropiación.

NON Á EXPROPIACIÓN DE TODO UN CABO!!!
FÁBRICA DE PEIXES, FÓRA DE CORRUBEDO!!!
XUNTA DE GALICIA, FÓRA DE CORRUBEDO!!!

MANIFESTO DA PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO
SOMOS MARIÑEIROS, E QUEREMOS PESCAR NO MAR (non en piscinas)

Declaración da Plataforma Ambiental de Corrubedo no referente á localización dun Parque de Tecnoloxía Alimentaria na zona do Corgo (Teira-Parroquia de Corrubedo-Concello de Ribeira), que leva como nome no novo Plan de Acuicultura da Xunta de Galicia (Consellería de Pesca) o de PARQUE DE TECNOLOXÍA DE LAXE BRAVA, parque número 9.

Enlace co:
MANIFESTO COMPLETO

Enlace con:
FOTOS. A XUNTA QUERE MATAR CORRUBEDO
––––––––––––––––––––––––

O MANIFESTO SOMOS MARIÑEIROS, E QUEREMOS PESCAR NO MAR

Hai hoxe un ano (xullo de 2006) a Xunta anunciaba que daba marcha atrás na intención de emprazar un Parque de Tecnoloxía Alimentaria de 325.000 metros cadrados no cabo Corrubedo, no lugar coñecido como Punta Corvos. A mobilización popular para salvar o único tramo de costa virxe do Concello de Ribeira, víase así recompensada. Ou non. A Xunta actual vén de presentar unha revisión do anterior plan –ao que agora chaman Plan Acuícola de Galicia– no que, efectivamente, eliminan a fábrica de peixes prevista para o cabo na Punta Corvos, PERO INCLÚEN UN NOVO PARQUE NA ZONA DO CORGO –OU LAXE BRAVA–, A 2 QUILÓMETROS DO ANTERIOS, DE 308.000 METROS CADRADOS, DE NOVO O MÁIS GRANDE DE GALIZA.

POR QUE? POIS PORQUE AS FILLAS E FILLAS DO CABO MANTIVERON OS SEUS SETE QUILÓMETROS DE LITORAL INCÓLUMES DENDE TEMPOS INMEMORIAIS, DE XEITO QUE A XUNTA VE O LUGAR IDEAL PARA INSTALAR UNHA FÁBRICA DE PEIXES SE DERRUBAR CASA ALGUNHA. DESTE XEITO, A CONSERVACIÓN AMBIENTAL CASTÍGASE COA HUMILLACIÓN DUNHA EXPROPIACIÓN XIGANTESCA.

É POR ISTO QUE MANIFESTAMOS:

1. A Xunta de Galicia enganou á Plataforma Ambiental de Corrubedo e ao pobo enteiro ao facerlle crer que era sensíbel ás súas reivindicacións de preservar o seu litoral virxe. NON ELIMINARON A FÁBRICA DE PEIXES, TAN SÓ A DESPRAZARON UN PAR QUILÓMETROS.

2. O cabo Corrubedo e mailo Corgo –ou Laxe Brava– forman a única parte do litoral do Concello de Ribeira no que non existe unha soa construción –excepto o faro. NO CANTO DE PREMIAR Á XENTE POLA CONSERVACIÓN SECULAR DA NATUREZA INCÓLUME CASTÍGASELLE COA SÚA DESTRUCIÓN.

3. Todo o litoral está incluído no LIC do Complexo Húmido de Corrubedo (Natura 2000) polos seus hábitats de interese comunitaria. O Parque Acuícola previsto, linda con esta zona protexida e hipoteca a súa necesaria ampliación. Alguén faría chalets adosados arentes da Catedral de Santiago?

4. O LIC de Corrubedo foi feito tendenciosamente polo anterior goberno do PP para facilitar o emprazamento destes parques. Abrangue dende Sálvora (Ribeira) ao castro de Baroña (Porto do Son), mais deixaron fóra parte do Cabo Corrubedo. A XUNTA ACTUAL ESCÚDASE NAS DECISIÓNS DO PP E AS DEFENDE.

5. Os hábitats de interese comunitaria da Laxe Brava son eminentemente mariños, polo que os vertidos dunha instalación dese tipo e dese enorme tamaño contaminarán os areais lindeiros (Praias de Balieiros e As Barreiras, en Corrubedo; e praia de Espiñeirido e Seráns, en Porto do Son).

6. A zona terrestre da Laxe Brava, coñecida como O Corgo, ten uns indubidábeis valores paisaxísticos, naturais e sociais. Trátase dunha zona de cantís onde se explotan sustentabelmente especies de alto valor, con excelentes exemplos de praias de croios costeiros e por onde pasan centos de aves mariñas migratorias.

7. Asemade, existen grandes matos costeiros de sempre empregados polos habitantes da zona para o "batume" das cadras, varios carreiros senlleiros onde aínda se notan as pegadas dos carros nas laxes, formacións rocosas que, como a denominada Outeiro da Mina, teñen covas e cacholas de grande valor xeomorfolóxico produto da erosión polos ventos e a auga.

8. O Corgo é a única zona de Corrubedo que conserva leiras traballadas, primordialmente polas xentes do lugar de Teira e mais de Espiñeirido, que aínda manteñen explotacións tradicionais de cereais, millo, produtos hortícolas e unha pequena cabana gandeira. A construción do Parque da Punta Laxe remataría de vez co único vestixio agrogandeiro tradicional que queda no cabo, e este débese protexer, e non condenar. Que di Medio Rural ao respecto? O Plan usurpa claramente unha chea de leiras de sempre traballadas e coidadas pola veciñanza co único interese de favorecer a unha empresa, e o informe da Xunta obvia totalmente esta circunstancia.

9. A Plataforma Ambiental de Corrubedo pon tamén en dúbida a necesidade denominada "estratéxica" deste tipo de instalacións acuícolas. O orzamento da actuación é totalmente desproporcionado para o rendemento laboral que a experiencia nos di que teñen estas instalacións nos veciños e veciñas. En concreto 37.659.000 euros. A Plataforma pregúntase que se podería facer investindo eses cartos no desenvolvemento da zona a partir dos seus valores naturais (turismo rural e natural, cultivos ecolóxicos, etc.), e non industriais.

E ANUNCIAMOS:

A nosa oposición a calquera tipo de Parque Acuícola ou outro tipo de industria no litoral virxe da costa de Corrubedo. Queremos un desenvolvemento sustentábel en consonancia cos valores naturais do senlleiro cabo.

Reclamamos a ampliación inmediata do LIC do Complexo Húmido de Corrubedo (Natura 2000) a toda a zona do cabo homónimo e do Corgo ou Laxe Brava, para así preservalo virxe para as xeración vindeiras. A zona Natura 2000 no litoral da Laxe Brava é totalmente insuficiente, pois protexe unha franxa costeira moi estreita e sensíbel, de xeito que calquera actividade achegada lle pode afectar.

A Plataforma Ambiental de Corrubedo emprenderá as accións que considere pertinentes para evitar a expropiación dun cabo enteiro ao pobo, lexítimo dono e coidador secular da súa terra.

ESPÉRANOS UN NOVO VERÁN DE LOITA!!
PLAN ACUÍCOLA, NON EN CORRUBEDO!! NON Á EXPROPIACIÓN DO CORGO E A LAXE BRAVA!!
SOMOS UN POBO MARIÑEIRO, PESCAMOS NO MAR E NON EN PISCINAS!!
SUSTENTABILIDADE PARA A NOSA COSTA!!
AXÚDANOS A RECOLLER SINATURAS PARA SALVAR O LITORAL VIRXE DE CORRUBEDO

Baixa o modelo en -doc- ou -pdf-, imprímeo polas dúas caras, e recolle todas as sinaturas que poidas. A CAMPAÑA DURARÁ ATÉ O 15 DE AGOSTO. Unha vez cubertas as follas envíaas por favor ao seguinte enderezo:

PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO
Rúa das Delicias, número 1.
15969 CORRUBEDO-RIBEIRA-GALIZA

CONTACTO:
corrubedo@altermundo.org

PARA BAIXAR EN -doc- A TABELA DE SINATURAS:
Modelo de Pliego para ecoller sinaturas en formato -doc-

PARA BAIXA EN PDF A TABELA DE SINATURAS:
Modelo de Pliego para recoller sinaturas en formato -pdf-

--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon