Hai uns días a Asemblea Cidada reunida no local da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, decidiu entre outras mobilizacións, facer unha marcha a pé até a Casa do Concello de Mugardos, onde se atopan pechados, desde hai máis dun mes, a veciñanza que vive nas proximidades da planta regasificadora. Onte, 24 de agosto, tiña lugar a Marcha Cidadá a Mugardos, cun grande éxito de participación e forza. O movimento opositor á planta de REGANOSA, medra día a día en conciencias e desexos de demolición da ilegal e perigosa planta, producto da corrupción política e de intereses económicos alleos aos do povo galego.
A Marcha Cidadá, comezou un pouco máis tarde do previsto saíndo con 111 participantes desde o peirao de Ferrol. Catro horas fixeron falta até chegar a Mugardos. No camiño fóronse unindo máis persoas, en Esteiro xente da Unión Libertaria e da asociación veciñal Fontelonga, en Caranza da asociación veciñal, en San Valentín de Fene, en Barallobre, ... e así até chegar a máis de 300 marchistas reivindicativos e solidarios. Só houbo un reagrupamento na Pedreira, máis non fixo falta agadar moito tempo para que chegase todo o mundo.
Baixar pola Travesa da Pedreira até os tanques de REGANOSA, convirtiuse nun estruendo de berros contra a planta de REGANOSA. En pouco tempo xa estabamos diante da Casa do Concello, onde agardaba a veciñanza pechada. Luz Mariña Torrrente da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", recibeu con alegría e palabras de agradecimento e loita ás marchistas.
Polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, falou Alexandre Carrodeguas:
Amigos e amigas, como tan ben dicía LINO BRAXE no seu emotivo artigo que tanto nos emocionou: Antes eramos veciños e veciñas, e agora sodes-somos, amigos e amigas; unha grande familia que voa soa como as águias ceibes e valentes, e non en manada como abutres de REGANOSA, que o fan en compañía dos poderes políticos, económicos e mediáticos.
Levamos 6 anos de mentiras loitando pola verdade, porque nunca nos acostumaremos a mentir e a que nos mintan. Porque nunca nos acostumaremos a que esta sexa a patria da picaresca, porque non queremos ser cómplices da corrupción, deste escándalo político e económico neste sistema, onde o diñeiro ten máis liberdade que as persoas.
Como ben dicía PATRICIA GABEIRAS no prólogo do libro editado por Fuco Buxán "Muros do Silencio", facendo referencia á película "Apaga y vámonos", queren tratarnos como tratou Endesa aos indios mapuches en Chile, desprazándoos do seu medio natural para construír unha central hidroeléctrica, e todo por intereses espúreos, e a vós quérenvos tratar igual, quérenvos desprazar das vosas casas, onde sempre vivistes, simplemente para favorecer os intereses de Reganosa. E os poderes políticos, no canto de estar ao servizo do pobo que os elixiron, están ao servizo do grande capital.
Esta herdanza de FRAGA e TOXEIRO está a ser xestionada polo actual Goberno, cando debería ser valente e desmarcarse deste despropósito. Porque se deberían facer unhas políticas para a xente e non simplemete xestionar as herdanzas recibidas.
Esta loita estámola gañando, cada vez é un tema que está máis presente na axenda política de Galicia, e é máis coñecido en todo o país. Temos avanzado moito nos últimos meses coa loita dos veciños e veciñas de Mugardos e de toda a cidadanía de Ferrol Terra.
Imos conquerir que este despropósito de REGANOSA, non sexa un feito consumado e trúnfe a xustiza, a razón e o sentido común.
¡¡¡ ADIANTE!!!
A RÍA E NOSA E NON DE REGANOSA
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
Unha vez máis o movimento opositor á planta regasificadora REGANOSA, demostrou que está forte e decidido a loitar. Onte veuse un movimento social con forza, cun discurso claro e argumentado. Un movimeto cidadán como este, se segue este camiño, conseguirá os seus obxectivos. Ánimo e forza. E a preparar a Manifestación do 30 de Setembro.
[24.08.2007]
[Para entra clica no enlace ou acima da foto]
___________________
[Para entra clica no enlace ou acima da foto]
BLOG SOLIDARIO COA VECIÑANZA PECHADA NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS
A Plataforma Ártabra 21, abreu un Blog en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello, onde pretende subir todo o que ten e o que caia nas súa mans en referencia á loita desta veciñanza que xa vai pasar a historia do movimento popular e cidadán da nosa Comarca.
http://rompendo-muros-de-silencio.blogspot.com/
_______________
[Se tés posibilidade difunde o cartaz na rede]
[ En versión impresa imos facer 1000 copias]
[Para ampliar clicar acima do cartaz]
___________________
1 comentarios so far
Así podemos, adiante, temos que seguir mobilizando-nos.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon