De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de Agosto de 2007 15:19
Asunto: Moción de apoio á veciñanza de Meá nas súas demandas e que se xestione unhas entrevistas co Presidente da Xunta e o Ministro de Industria.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU ven de presentar no Rexistro Xeral do Concello unha moción de apoio aos veciños pechados no veciño Concello de Mugardos co obxecto de que sexa debatida no vindeiro Pleno da Corporación ferrolá
Esquerda Unida - IU entende que o Pleno da Corporación de Ferrol débese pronunciar sobre unha cuestión candente e importante para a
vida e seguridade da nosa cidadanía e, xa que logo, acordar solidarizarse coas demandas d@s veciñ@s pechados da Plataforma de
Mehá.
Non debemos permitir que nas cuestións fundamentais se impoñan os intereses espúreos económicos por riba da necesaria seguridade, que
resulta gravemente ameazada pola cercanía da planta de gas ás vivendas dos pechados na casa do Concello de Mugrados.
Razóns hai dabondo para escoitar aos veciños, dialogar con eles e chegar a acordos. Dende as administracións públicas tense que facer
traballo nese senso.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU vai tentar conquerir nun debate reflexivo que o conxunto dos grupos políticos do Concello se
pronuncien aprol dos veciños, os cales demandan dúas cuestións perfectamente asumibles:
- o apoio ás reivindicacións dos veciños e a solicitude dunha entrevista tanto co Presidente da Xunta como co Ministro de Industria.
- Para conquerir o punto anterior, demandamos que o Alcalde da nosa cidade se involucre e faga as xestións necesarios para elo.
Esquerda Unida-IU vai manter unha posición nidia de respaldo unha vez máis a cantas e cantos traballan e se esforzan por conquerir que a seguridade da nosa cidadanía pese máis que os cartos e os escuros e vellos convenios dalgúns.
MOCIÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE FERROL
O Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol presenta para o seu debate en Pleno a seguinte Moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Hai máis de 30 días que un grupo de veciños do Concello de Mugardos están pechados na Casa do Concello solicitando se lles conceda unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia e co Ministro de Indústria para explicarlles cal é a súa postura e as razóns que os moven a opoñerse á instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, expoñendo os continuos e múltiples incuprimentos da legalidade vixente que se están a producir neste caso.
Esta postura dos veciños da Plataforma de Mehá, é apoiada por gran cantidade de persoas de Ferrolterra, de Galicia, e incluso do Estado que comproban tristemente como os interese económicos dunha grande empresa priman sobre as leis.
En todo este tempo, parece ser que nin o Presidente da Xunta de Galicia nin o Ministro de Industria, tiveron un mínimo de tempo disponible para atender ás lexítimas razóns da poboación de Ferrolterra, que ve, preocupada, como se está a instalar unha indústria perigosa nas portas das súas casas.
A poboación de Ferrol sumase a esta preocupación, e por iso o Grupo Municipal Esquerda Unida solicita a aprobación dos seguintes puntos por parte do Pleno do Concello de Ferrol:
1. O Pleno do Concello de Ferrol apoia as reivindicacións dos veciños da Plataforma de Mehá pechados na Casa do Concello de Mugardos e solicita do Presidente da Xunta de Galicia e do Ministro de Indústria se conceda unha entrevista a unha representación destes veciños na maior brevidade de tempo.
2. O Pleno do Concello de Ferrol insta ó seu Alcalde a realizar cantas xestións sexan necesarias para conseguir as entrevistas dos veciños da Plataforma de Mehá co Presidente da Xunta de Galicia, e co Ministro de Indústria, debendo dar conta pública nun prazo de 20 días das xestións realizadas e dos resultados obtidos.
Ferrol, 24 de agosto de 2007
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Voceira do Grupo Municipal Esquerda Unida
_______________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
EU-IU
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Moción de apoio á veciñanza de Meá nas súas demandas e que se xestione unhas entrevistas co Presidente da Xunta e o Ministro de Industria.
domingo, agosto 26, 2007
Moción de apoio á veciñanza de Meá nas súas demandas e que se xestione unhas entrevistas co Presidente da Xunta e o Ministro de Industria.
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, agosto 26, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios
PERO QUE POUCA IMAXINACION POR PARTE DE ESQUERDA UNIDA.TER QUE RECURRIR Ó PLAXIO DOUTRA MOCIÓN PRESENTADA O DIA 22 DE AGOSTO NO CONCELLO DE FERROL
POR CERTO QUE O UNICO PARAGRAFO QUE NON COPIARON FOI O SEGUINTE: "demostrando, de novo, que ós políticos do noso pais só son accesibles en periodos electorais"
CURIOSO, NON SI?
ESTA É A MOCIÓN ORIXINAL PRESENTADA O DIA 22 POLA FEDERACION ROI XORDO, COMPARADE... COMPARADE:
" Hai máis de 30 días que un grupo de veciños do Concello de Mugardos están pechados na Casa do Concello solicitando se lles conceda unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia e co Ministro de Industria para explicarlles cal é a súa postura e as razóns que os moven a opoñerse á instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, expoñendolles os continuos e multiples incumplimentos da legalidade vixente que se están a poducir neste caso.
Esta postura dos veciños da Plataforma de Meha, e apoiada por gran cantidade de persoas de Ferrolterra , de Galicia e incluso do Estado que comproban tristemente como os intereses económicos dunha grande Empresa primar sobre as leis.
En todo este tempo, parece ser que nin o Presidente da Xunta de Galicia nin o Ministro de Industria, tiñeron un mínimo de tempo disponible para atender ás lexitimas razóns da población de Ferrolterra, que ve, preocupada, como se está ainstalar unha industria perigosa ás porta das súas casas, demostrando, de novo, que ós políticos do noso pais só son accesibles en periodos electorais.
A población de Ferrol sumase a esta preocupación, é por iso, a Federación Veciñal Roi Xordo solicita a aprobación dos seguintes puntos por parte do Pleno do Concello de Ferrol.
1- O Pleno do Concello de Ferrol apoia as reivindicacións dos veciños da Plataforma de Meha pechados na Casa do Concello de Mugardos e solicita do Presidente da Xunta de Galicia e do Ministro de Industria se conceda unha entrevista a unha representación destes veciños á maior brevedade de tempo posible.
2- O Pleno do Concello de Ferrol insta ó seu Alcalde a realizar cantas xestións sexan necesarias para conseguir a entrevista dos veciños da Plataforma de Meha co Presidente da Xunta de Galicia e co Ministro de Industria, debendo dar conta pública nun prazo de 20 días das xestións realizadas e dos resultados obtidos.
Son exactamente iguais, sei que subiron o sueldo para non traballar, que ainda que se guiasen polo de Roi Xordo daría igual, pero plaxiar tan descaradamente é ter un rostro mui mui largo. Lo peor es que lo firma Yolanda personalmente, e non fai referencia ninguna a Roi Xordo.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon