domingo, agosto 26, 2007

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, desprazouse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego

Onte sábado, unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desprazáronse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego, o máis grande de Galiza [438,91 km²], mais pouco poboado [sobre uns 5.000 habitantes].

O motivo do desprazamento foi porque ese sábado, 25 de agosto, o Presidente Zapatero estivo na Fonsagarada nun acto político e un xantar. A veciñanza valorou que era un bon momento para amosar as faixas reivindicativas e o despropósito gasístico que están a facer no corazón da Ría de Ferrol.

Ía-se coa intención de poder achegar-se até Zapatero para entrevistar-se e entregar-lle a documentación do despropósito gasístico, mais sendo conscentes do difícil do asunto.

Outro obxectivo era o do efecto mediático, pois aun Presidente de Goberno, siguen-lle dúcias de medios informativos, polo que non se podía desaproveitar a ocasión, como así foi.

Nas inmediacións do polideportivo municipal, colocaronse, ben visíbeis, as faixas reivindicativas e denunciadoras contra REGANOSA e reapartiron-se boletíns informativos entre as persoas que acudiron ao acto, entre as que estaban xornalistas e representantes institucionais, políticos, ... Varios centos de exemplares do Boletín Informativo nº 13 do Comité Cidadán espalláron-se polo lugar.

Segundo informa o Coordenador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro, á mesa onde estaba o Presidente do Goberno, chegou o citado Boletín Informativo, de mans do Subdelegado do Goberno en Lugo e do Senador Luís Angel Lago Lage que se entrevistaron con Luz Mariña Torrente, Presidenta da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá" e representantes da veciñanza de Mugardos pechada na o Casa do Concello.

Achégase dito boletin nº 13
__________________



[Clicar no enlace ou acima da imaxe para entrar na Galería de diapositivos]


Platorma Veciñal "O Cruceiro de Meá
http://ocruceiromeha.blogspot.es/
ocruceiromeha@yahoo.es
_____________

Video enviado pola A.C. Fuco Buxán






fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@gmail.com

_____________

Noticia da Axencia Galega de Noticias:

Reganosa
O subdelegado do Goberno de Lugo entregaralle a Zapatero un informe do Comité Cidadán

Ramudo. AGN (Lugo).

Medio cento de manifestantes contra a planta de gas de Reganosa, pertencentes ó Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, manifestáronse hoxe nos exteriores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa María, en A Fonsagrada (Lugo), onde o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero celebrou un acto político.

Ós manifestantes impedíuselles acceder ó centro educativo e repartiron dípticos entre as persoas que se achegaron ó mitin. Aínda que non puideron falar con Zapatero, o subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, comprometeuse a entregarlle unha publicación elaborada pola plataforma.

Tras falar cos membros do Comité, Jesús Otero indicou que “só pola forma de comportarse merecen ser escoitados” e que “mantiveron en todo momento unha actitude moi correcta”.

25/08/2007

Enlace coa noticia orixinal

__________________

ENLACES DE INTERESE:


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon