martes, agosto 14, 2007

O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 14 de Agosto de 2007 19:50

Asunto: Sexto Metanero con destino a Reganosa


O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 coa única pleamar diurna dese día ás 19:23 horas.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, 14 de agosto de 2007

Achego nota.

Carmelo Teixeiro


O sexto metanero con destino a Reganosa, chámase Akwa Ibom. Foi construído no ano 2004 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é Bonny Gas Transport Bermuda Shell. Cunha eslora de 285 metros ten capacidade para transportar 134.487 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, descoñecéndose neste momento a carga que trae, o seu desprazamento total é de 118.000 toneladas. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 ás 19:23 horas, coa única pleamar diurna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Segundo acordo da última Asemblea Cidadá do pasado 9 de agosto o Comité Cidadán de Emerxencia convocará como mínimo unha cacerolada nos peiraos de Ferrol, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles.

A continuación unha foto do Metanero Akwa Ibom, tomada de Internet, na que se pode apreciar que o seu tamaño é dos máis grandes.

________________

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 18:30 hrs, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon