Na Praza de Sartaña, o anterior Goberno Municipal da dereita [PP e IF], tiñan o empeño de facer un chamado Centro de Deportivo, de Ocio e Saúde. Dando a concesión por uns 50 anos a unha empresa privada amiga [SERVIOCIO], sacrificando a praza de todas e todos, en beneficio dun negocio privado.
A veciñanza levaba case tres anos de loita continua, opoñéndose por todos os medios posíbeis a este despropósito, manifestándose, concentrándose, reuníndose tódos os venres, asistindo aos plenos municipais, e por suposto presentando as correspondentes alegacións e recursos.
A veciñanza de Sartaña reivindicaba unha Praza Pública, un espazo de todas e todos que se acondicione e remodele, para un mellor uso e disfrute, mais que siga sendo pública.
Hoxe luns, 13 de agosto, a Xunta Local de Goberno, constituida logo do proceso electoral do pasado 27 de maio, decideu paralizar o Proxecto Sartaña, conforme ás demandas cidadáns, e dar paso a unha remodelación da Praza con participación veciñal.
A veciñanza do barrio de Ultramar, ten que estar contenta pois un dos seus colectivos máis activo, coerente e tenaz, consigueu gañar unha loita de vital importancia para o movimento popular e veciñal da cidade. Con unidade, loita, tenacidade e tendo a razón, é posíbel.
O Colectivo Veciñal de Sartaña, participa, na Plataforma Ártabra 21, e con esta loita van tres, primeiro foi a paralización do macro edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], logo a paralización da urbanización da Fraga de Menáncaro e agora quedou paralizado o do intento de destruír a Praza de Sartaña. O movimento social de Ferrol estamos de noraboa.
PRAZA DE SARTAÑA SEMPRE PÚBLICA !!
________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, agosto 13, 2007
Praza de Sartaña: nova vitoria veciñal
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, agosto 13, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon