martes, setembro 25, 2007

Segundo unha enquisa do Diario de Ferrol, a veciñanza da cidade rechaza a actual localización da planta regasificadora de REGANOSA en Mugardos

Este domingo o xornal comarcal "Diario de Ferrol", dedicaba unha reportaxe de varias páxinas, unha editorial e algún artigo de opinión, a analizar os 100 días de goberno bipartito no Concello de Ferrol.

A información da redacción do xornal á que facemos referencia, está baseada nunha enquisa, realizada entre o 10 e 18 de setembro, cun marxe de error admitido de +/-5%, segundo as convencións estabelecidas, para o tipo de mostar, segundo as ficha técnina que achegan. Entre as preguntas realizadas á veciñanza de Ferrol, estaban unhas referentes á planta regasificadora que instalou REGANOSA, coa complicidade das administarcións, dentro da Ría de Ferrol.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A percepción da veciñanza de Ferrol sobre a planta de REGANOSA.-

Os principais dados que presentan son:
  • Rechazan a actual localización da planta regasificadora de REGANOSA en Mugardos, dentro da Ría, o 66%, somando as persoas que están moi en desacordo coas que están en desacordo.

  • As persoas que se mostran de acordo coa localización da planta onde está, dentro da Ría, son o 11,3%.

  • As persoas indiferentes soman un importante 21%.

Diante da posibilidade dun traslado, facendo a pregunta deste xeito:

Estaría a favor de trasladar a planta de REGANOSA ao Porto Exterior, a pesar do alto custe que isto conlevaría ?
  • O 65 % da veciñanza de Ferrol estaría a favor do traslado.

  • O 23,4% da veciñanza mostrase contraria ao traslado.

  • O 12% mostrase indiferente [Non sabe non contesta].

Coas necesarias reservas a esta enquisa á poboación de Ferrol, realizada nos últimos días, podemos dicer que definitoriamente a cidadanía de Ferrol mostra un rexeitamento a actual localización da planta regasificadora, mais tamén maioritariamente está polo seu traslado fóra da Ría. Apesar da coletilla sobre dos "elevados custes do traslado", sen dicer na da dos enormes beneficios que conlevaría dito traslado. Polo que desde o goberno municipal deberían tomar nota e actuar en consecuencia, mais sobre todo despois da manifestación que imos realizar o vindeiro domingo día 30 de setembro, que temos que conseguir que sexa unha grande mobilización popular contra o despropósito gasístico de REGANOSA e a actuación das diferentes administracións neste asunto.
______________________

Demandas concretas da mobilización do domingo 30 de setembro:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

NON FALTES PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN,
DIFUNDE A CONVOCATORIA

____________________

Material para a Manifestación:

Folha da convocatoria en formato-PDF-

Cartaz da Convocatoria en formato -JPG-

Cunhas publicitarias en formato -mp3-

Bolantinas en formato -JPG-

______________

Para a publicidade xa impresa:

Quen queira pillar cartaces en gran formato a cor e follas informativas da convocatoria co cartaz en Din A4, dirixirse aos locais do Ateneo Ferrolán, aberto de 10 a 14 hrs.

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon