Escrito de Eleiseo Zaera, presidente do Ateneo Ferrolán, entidade que participa no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, dirixido ao Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, demandando actuacións concretas diante do despropósito gasístico de REGANOSA
Ó Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE
PARLAMENTO GALEGO
Rúa do Hórreo s/n
15702 – Santiago de Compostela
Eliseo ZAERA RIOS, co Documento Nacional de Identidade 32532509, e domicilio a efectos de notificacions en Rua Magdalena, 202-204, 1º, 15401 Ferrol (A Coruña), en representación do ATENEO FERROLAN, asociación integrada no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, formado por un gran número de asociacións cidadás, culturais e ecoloxistas, expón:
Adxunto remítolle escritos con 4.000 firmas de cidadáns que manifestan o seu total desacordo coa localización dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da angosta Ría de Ferrol, que Reganosa esta construíndo nas proximidades de núcleos de poboación que suman mais de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL.
Pola ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostible da Ría de Ferrol, os asinantes pronúncianse para que non sexa aprobada a súa acta de explotación ou de entrada en funcionamento definitivo, trámite que Reganosa, segundo o artigo 85 do Real Decreto 1434/2000 ten a obrigación de solicitar na área de Industria e Enerxía da Coruña, a que se lle envió estas firmas para que deniegue tal autorización.
Informámoslle que non é posible que Reganosa poida resolver os condicionados da súa autorización de construción de 13 de febreiro de 2004, particularmente en relación co articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo (articulo 12 da Directiva 96/82/CE coñecida como Seveso II) segundo o exposto no informe de 22 de xaneiro de 2004 pola Dirección Xeral de Urbanismo. Así mesmo, coa localización dentro da angosta Ría de Ferrol, tamén é imposible que Reganosa poida resolver a saída ao mar dos gaseros en caso de urxencia, polos seus propios medios e con rapidez, tal e como require a norma EN-1532 segundo os condicionados dos informes da Autoridade Portuaria de 15 de outubro de 2001 e de 22 de Xaneiro de 2004. E decir, Reganosa non ten todo-los permisos, está en precario polas moitas ilegalidades do seu proceso deica o ano 2000, ademáis de que non e viable económicamente.
Por todo iso SOLICÍTASE que a Xunta de Galicia:
1. Se retire da sua participación en Reganosa, e ordene os servicios xuridicos da Xunta de Galicia que renuncien os recursos de casacion presentados en xullo de 2004 e en setembro de 2006, respectivamente contra das sentenzas 536/2004 e 606/2006 do TSXG, que anulan a tramposa tramitación ambiental de Reganosa aprobada en xuño do ano 2001 pola Consellería de Medioambiente. En definitiva que a Xunta de Galicia de exemplo de vontade para un desenvolvemento autonómico, respetando e acatando as decisions da mais alta instancia de Xusticia en Galicia, e decir, o TSXG.
2. Reconsidere que está a tempo de promover unha plataforma gasista galega con a Planta de Gas de Galicia no Porto Exterior de Cabo Prioriño, donde desde o ano 1994 está prevista, ou en mar aberto do Golfo Ártabro.
Sen máis reciban un cordial saúdo.
Ferrol a 25 de setembro de 2007.
Firmado: Eliseo ZAERA RIOS
Teléfono 608189756
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Escrito de Eleiseo Zaera, presidente do Ateneo Ferrolán, dirixido ao Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, demandando actuacións sobre REGANOSA
martes, setembro 25, 2007
Escrito de Eleiseo Zaera, presidente do Ateneo Ferrolán, dirixido ao Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, demandando actuacións sobre REGANOSA
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, setembro 25, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon