De: CCE comitecidadan@iespana.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de setembro de 2007 07:28
Asunto: Este martes 25 de setembro entregaran-se 4.000 firmas en Santiago aos grupos políticos do Parlamento Galego
Este martes 25 de setembro entregaran-se 4.000 firmas en Santiago aos grupos politicos do Parlamento Galego
No Rexistro do Parlamento Galego, sito na rúa do Hórreo de Santiago de Compostela, hoxe martes 25 de setembro ás 12 da mañán, unha representación de cinco membros do Comité Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol presentará sendos escritos destinados a cada un dos tres Grupos Parlamentarios Galegos, acompañados de 4.000 firmas que rechazan a localización de Reganosa e solicitan que non sexa autorizada súa entrada en funcionamento.
Achegase tamén copia dun dos escritos, o correspondente o Ateneo Ferrolán dirixido o Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, os outros dous escritos de Roi Xordo e Fuco Buxan son idénticos e dirixidos respectivamente aos grupos do BNG e PPdeG. Este escrito vai diante de todo-las follas coas 4.000 firmas.
A Delegación do CCE que irá a entregar estos escritos o Parlamento Galego estará formada por:
- Manuel Rodríguez Carballeira (Lalan) em funcións de Coordinador e Presidente da Asociación Cultural Fuco Buxan.
- Eliseo Zaera Ríos, Presidente do Ateneo Ferrolan.
- Piedade Viñas Cortizas, Directiva da Sociedade Galega de Historia Natural.
- Marcelino Paz Picos, Secretario da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", que están pechados na Casa do Concello de Mugardos.
- Alexandre Carrodeguas, membro do CCE.
Os tres escritos que se presentarán, para os grupos Parlamentarios de BNG, PSDEG e PPdeG, irán asinados respectivamente polos presidentes do Ateneo Ferrolán, a Federación Roi Xordo de AA.VV de Ferrol e a Asociación Cultural Fuco Buxan.
En tales escritos, aos grupos parlamentarios galegos, infórmaselles que é imposible que Reganosa poida resolver os condicionados da súa autorización de construción de febreiro de 2004, particularmente en relación coas distancias á poboación que require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo (Directiva Seveso II), segundo testemuño do informe de 22 de xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, único organismo competente para a aplicar en Galicia dito artigo da Directiva Seveso II.
Así mesmo infórmaselles que tamén é imposible que Reganosa poida resolver a saída ao mar dos gaseros en caso de emerxencia, segundo require a norma EN-1532 de obrigada aplicación tal e como testemuña outro condicionado da Autoridade Portuaria de Ferrol no seu informe de 15 de outubro de 2001, en resposta á pregunta que lle fixo a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas no seu escrito de 20 de setembro de 2001.
Por todo iso SOLICÍTASE, ao BNG, PPdeG e PSDEG, que a Xunta de Galicia:
1. Retírese da súa participación en Reganosa, e ordene os servizos xurídicos da Xunta de Galicia que renuncie os recursos de casación presentados en xullo de 2004 e en setembro de 2006, respectivamente contra das sentenzas 536/2004 e 606/2006 do TSXG, que anulan a tramposa tramitación ambiental de Reganosa aprobada en xuño do ano 2001 pola Consellería de Medio. En definitiva que a Xunta de Galicia de exemplo de vontade para un desenvolvemento autonómico, respectando e acatando as decisións da máis alta instancia de Xusticia en Galicia, é dicir, o TSXG.
2. Reconsidere que está a tempo de promover unha plataforma gasista galega coa Planta de Gas de Galicia no Porto Exterior de Cabo Prioriño, onde desde o ano 1994 está prevista, ou en mar aberto do Golfo Ártabro.
Nota: Aos medios de comunicación que teñen acceso ao Parlamento Galego, invítaselles que as 12 horas estén na zona de acceso público ao Rexistro onde se realizará unha rolda de prensa para explicar mais detalles en relación coa presentación destas firmas.
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon