De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data:12 de novembro de 2007 20:00
Asunto: Confirmado lugar, data e hora para a presentación da Plataforma Galiza Non se Vende
Confirmado lugar, data e hora para a presentación da Rede Galiza Non se Vende
A presentación será o venres día 16 de novembro, ás 12 horas no local do Club Internacional de Prensa en Compostela [Avenida da Coruña, 6 baixo. 15706 Santiago de Compostela].
Sería convenieninte estar alí un pouco antes para organizarse un pouco.
_________________
http://galizanonsevende.org
______________
Máis información nos comentarios a este post
_______________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Rede Galiza Non se Vende
Confirmado lugar, data e hora para a presentación da Rede Galiza Non se Vende
mércores, novembro 14, 2007
Confirmado lugar, data e hora para a presentación da Rede Galiza Non se Vende
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, novembro 14, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
21 comentarios
Para o día da presentación xa hai varios grupos que prometeron estar presentes. Aínda así sería convinte que se acordara quen van falar.
Admítense todo tipo de propostas, faltaría máis. Se mo permitides, e só a título persoal, fareivos unha. Creo que debe haber unha representación na mesa o máis ampla posíbel. Pero ao meu entender algunhas persoas deberían falar sobre a Rede Galiza Non Se Vende. Por un lado, un representante da antiga Rede Litoral Vivo, e eu llo pediría a Xosé Reigosa (Salvemos Monteferro) por ser un dos que mellor organizou a rede no pasado e por ser un representante dun colectivo local. Tamén debería estar un representante do mundo da cultura,un sector que nos apoiou e moito o 6 de maio. Penso en Mabel Rivera pola súa adhesión permanente a este colectivo. Non deberían faltar os representantes dos colectivos que ultimamente están dando a cara polas súas problemáticas actuais: Piscifactorias e Planta de gas E por último, un representante das organizacións con máis solera: Verdagaia, Greenpeace,...
Esta é a miña proposta. Agora que falen os demais.
Saúdos.
To
Ola a tod@s
Entendo (e falo a título persoal) que era máis que convinte a presentación da nova Rede Galiza no se vende o máis asiña posibel e, en calquera caso, antes da celebración da feira TerraActiva en Arzúa.
Ata aquí todo ben, pero o problema é que eu traballo pola mañan do venres (de xeito teño que traballar todas as mañans) e nestes intres non podo aseguraros a miña presencia na devandita presentación. O mesmo ocorre cos outros compañeiros.
Tamén vou chamar a nosa oficina para que fagan a correspondente nota de aviso aos medios, pero xa vos contarei como vai o tema porque sei que case que todo o equipo de comunicación esta en Valencia co galo da reuniòn do IPCC (cambio climático).
Xa vos irei contando.
Unha aperta
Paco González
Greenpeqace - A Coruña
Perdoade por non dar sinais de vida ata o de agora
SOS Courel estará en TerraActiva o sábado e domingo, e ao mellor o venres pola tarde. De momento non cremos que poidamos estar na presentación de Galizanonsevende o venres as 12.
Estivemos un pouco distraídos coa asunto do Proxecto da Lei da ordenación da minaría de Galicia, e queda claro que esta futura Lei non é para ordenar a minaría clandestina existente, a canteira da Campa que era das máis difíciles autorizouse xa, unha semana despois de que Touriño se reunira cos pizarristas e graniteiros de Galicia, cunha mención especial a CUPA GROUP(=Caixa Galicia + ver Cupire Padesa), ver noticia :
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070613093701
Esto interésanos a todos: o verdadeira motivo desta Lei é facilitar a tramitación das novas concesións mineiras e o “asalto” de novas explotacións ao solo rústico especialmente protexido de espacios naturais, paisaxístico, agropecuario, forestal, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc, a través do Plan Sectorial de actividades extractivas.
Este proxecto de Lei de ordenación da minaría contempla, no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de Galicia” que se corresponde co “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.
As garantías ambientais do “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia” estableceranse por medio de unha avaliación ambiental “a carta”, o mesmiño que se fixo nos plans sectoriais de eólicos, acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para saltarse a Lei do Solo.
Saúdos
Orlando
SOS Courel
Saúdos:
ADEGA estará presente na apresentación da rede Galiza Non Se Vende na persoa do seu secretario executivo Fins Eirexas, este venres ás 12 do Clube Internacional de Prensa.
Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Travesa dos Basquiños 9, baixo
15740 Santiago de Compostela
Tel. e fax: 981 570099
www.adega.info
adega@adega.info
Desde o Colectivo Nacionalista seguimos desde o seu nacimento a Rede Litoral Vigo, xa que formamos parte da Coordinadora do Litoral do Morrazo. Polo tanto pola nosa banda non hai ningun inconvinte en colaborar e participar, pola contra estamos encantados de que xurda un proxecto destas características.
Un saudo
"Colectivo Nacionalista de Marin"
Em 12/11/07, Galiza Non Se Vende -info@galizanonsevende.org- escreveu:
A Rede Litoral Vivo, impulsora da manifestación celebrada en Santiago o
6 de maio, decidíu abrirse a novos colectivos que até entón non estaban
representados na que foi a primeira agrupàción unitaria de organizacións
ecoloxistas e colectivos cidadás. Motivo desta ampliación xurde a "Rede
Galiza Non Se Vende" cos mesmos obxectivos que o 6 de maio conseguiron
aglutinar á Galiza defensora do seu territorio.
Este venres terá lugar a presentación ante os medios de comunicación
deste movemento. Contamos cunha nova páxina web
www.galizanonsevende.org
que servirá de ventá para todos os grupos que formen parte dda rede
GNSV, un medio que amais de difundir a problemática das distintas
localidades galegas servirá como nexo de unión entre todos nós. Tamén
queremos informarvos que traballaremos arreo para organizar unha gran
manifestación en Compostela o 17 de febreiro, tal e como se acordou na
última reunión da Rede Litortal Vivo.
Dende aquí queremos invitarvos a participar neste novo movemento que
tenta manter en alto a dignidade dun pobo que soubo demostrar cando o
Prestige que o conformismo non é precisamente o seu sinal de identidade,
cousa que algúns desexarían.
Escribídenos a este enderezo se podemos contar convosco.
Un cordial saúdo a tod@s
--
http://cnmarin.com.sapo.pt
Dende a asociación na defensa do Parque Rosalía de castro, de Lugo, animo e contade con nos.
Unha aperta.
Marcos
www.parquerosalia.es
correo@parquerosalia.es
Dende o foro social do Ribeiro "temos ereito a saber" comunicovos que o vindeiro venres estaremos na rolda de prensa en antiago un par de membros da plataforma, contade con nosco pa calquera outra cousa que necesitedes.
Unha perta,Silvia.
"Foro O Ribeiro"
-oribeiro.foro@gmail.com-
Ola:
Eu non poderei estar o venres ás 12:00h. en Compostela na presentación da Rede Galiza Non Se Vende (traballo polas mañás e non podo escusar a miña ausencia), e vai ser difícil que outr@ membr@ de Luita Verde asista á mesma. De tódolos xeitos aínda que finalmente non poidera ir ninguén de nós, estaremos representados nominalmente como asociación que xa estaba integrada na Rede Litoral Vivo e delegaríamos na representación colectiva das asociacións que asistan ó acto.
Un saúdo de Cándido Martínez Rodríguez, como representante do Grupo Ecoloxista Luita Verde, dende O Morrazo.
"LUITAVERDE@ole.com"
-LUITAVERDE@ole.com-
Ola,
De Verdegaia asistirei eu á rolda do Venres.
Unha aperta
-------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
------------------------------------
boas chicoas
non vos esquezades de levar motivos decorativos coma faixas, cartaces, material á venda etc, para decorar ben tanto os stands coma o recinto.
jose pasatem amok
-pasatem@hotmail.com-
Ola a tod@s,
Varias cousas
1. Compriría definir quen vai falar na rolda. O CIP quere sabelo con antelación
2. Entendo que enviaremos unha nota de prensa. O CIP tamén quere unha copia para enviala tamén. Quen se encarga de facela?
3. Imprimirei 3/4 A3 en cor co logo galiza non se vende para poñer na mesa.
apertas
--
---------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
Hai uns días mandei unha proposta a título persoal sobre a forma de
levar a presentación. En resposta a Xan Duro, permítome repetila. Saúdos.
Para o día da presentación xa hai varios grupos que prometeron estar
presentes. Aínda así sería convinte que se acordara quen van falar.
Admítense todo tipo de propostas, faltaría máis. Se mo permitides, e só
a título persoal, fareivos unha.
Creo que debe haber unha representación na mesa o máis ampla posíbel.
Pero ao meu entender algunhas persoas deberían falar sobre a Rede Galiza
Non Se Vende.
Por un lado, un representante da antiga Rede Litoral Vivo, e eu llo
pediría a Xosé Reigosa (Salvemos Monteferro) por ser un dos que mellor
organizou a rede no pasado e por ser un representante dun colectivo local
Tamén debería estar un representante do mundo da cultura,un sector que
nos apoiou e moito o 6 de maio. Penso en Mabel Rivera pola súa adhesión
permanente a este colectivo
Non deberían faltar os representantes dos colectivos que ultimamente
están dando a cara polas súas problemáticas actuais: Piscifactorias e
Planta de gas
E por último, un representante das organizacións con máis solera:
Verdagaia, Greenpeace,...
Esta é a miña proposta. Agora que falen os demais.
Saúdos.
To
Agardemos que Adega, como fixo en Corrubedo non queiran ir de " estrellas del rock"
Ola a tod@s
Sinto ter que comunicarvos que, por motivos de traballo, ninguen de Greenpeace vai poder estar presente na rolda de prensa para a presentación de Rede Galiza Non Se Vende.
En calquera caso, a Rede o todos os colectivos que a integran, contades con todo o n oso apoio.
Apertas,
Paco González
Greenpeace - A Coruña
Ola Xan e demais compañeiros/as:
Coido que como moito (tamén por cuestións de espazo) na mesa da rolda de prensa non debería haber máis de 4 persoas en representación dos demáis colectivos. Estas persoas había que telas designadas con antelación, xa que no CIP precisan sabelo para enviar un previo aos medios e imprimir as lapelas identificalivas. O da nota de prensa non é imprescindíbel, mais sí recomendábel, xa que o CIP a rebota aos medios e nós podemos facerlles entrega aos que vaian do documento (sempre ao final do acto).
A nota debería explicar as razóns da "reconversión" da Rede Litoral Vivo en Rede GalizaNonSeVende. Coido que con reformular algunhas das bases ideolóxicas da RLV na liña do que se falou na reunión constitutiva da RGNSV e poñelas en forma de ideas-forza ben clariñas para os medios podería valer. Tentarei enviarvos algo esta mañán e/ou traballar sobre o que vaiamos recibindo dos demáis colectivos.
Apertas,
Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Travesa dos Basquiños 9, baixo
15740 Santiago de Compostela
Tel. e fax: 981 570099
www.adega.info
adega@adega.info
Saúdos:
Achégovos unha porposta de nota de prensa para a rolda de mañán. Pretende explicar sucintamente o motivo da convocatoria reproducindo e ampliando os supostos que fundamentaron a Rede Litoral Vivo.
Apertas de Fins
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Travesa dos Basquiños 9, baixo
15740 Santiago de Compostela
Tel. e fax: 981 570099
www.adega.info
adega@adega.info
PROPOSTA NOTA DE PRENSA
As organizacións e colectivos que conformamos a Rede Litoral Vivo, entendemos necesario estender esta rede cidadá para incorporar a outras plataformas e entidades cívicas cuxo principal obxectivo é acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordenación do territorio racional e socialmente xusta. Alén do litoral, hoxe están ameazadas grande parte do noso patrimonio natural, o patrimonio histórico e etnográfico e mesmo os xeitos de producción propios, pola extensión dun modelo económico insolidario e depredador ao servizo dos intereses capitalistas e especulativos.
Por iso, e para extender na nosa acción cívica a eses eidos, é polo que acordamos pasar a denominarnos Rede GALIZA NON SE VENDE. As nosas accións irán xa que logo encamiñadas a:
* Intercambiar información e experiencias entre persoas e colectivos en defensa do patrimonio natural, social e cultural de Galiza e dos seus valores ambientais propoñendo alternativas de uso, conservación e restauración que manteñan a súa integridade. A Rede GALIZA NON SE VENDE actuará de multiplicadora dos esforzos destinados a xerar alternativas e cambios no modelo de xestión do territorio.
* Apoiar ás mobilizacións sociais en defensa dos valores do territorio e actos de protesta pola represión e a inxustiza (denuncias, xuízos) contra persoas e colectivos que pacificamente están a exercer o libre dereito a defendelo e da súa legalidade, difundindo alertas e convocatorias de mobilización.
* Difundir as novas dos colectivos, logrando que transcendan do ámbito local, convertendo a Rede GALIZA NON SE VENDE nunha ferramenta de amplificación da problemática do territorio galego e permitindo adoptar unha visión de conxunto das agresións ao noso patrimonio natural.
* Aumentar a sensibilización social mediante a divulgación e a concienciación da cidadanía ofrecendo unha canle de denuncia e participación activa.
* Xerar sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre gobernos e empresas sumando as forzas dos colectivos integrantes.
Dende a FEG, confirmarvos que vai estar presente o Coordenador Xeral
Celestino Quintela, mais a socia colaboradora máis pequena da FEG
Federación Ecoloxista Galega (FEG)
Até última hora non soubemos se poderiamos estar. Sentíndoo moito, e por
motivos laborais, é imposíbel. De todos os xeitos sentímonos suficientemente
representados coa masiva participación e delegamos na rede calquera decisión
ou manifestación que se faga na antedita roda de prensa. Verémonos en
Terractiva
Apertas
Galiza Non Se Vende
Manoel Santos
--
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
corrubedo@altermundo.org
Si se manda nota de prensa, se debera incluír o preaviso de mani do 17 de febreiro. En Terractiva vai a estar un posto dedicado a iso.
Pódese engadir un párrafo máis:
PROPOSTA NOTA DE PRENSA
As organizacións e colectivos que conformamos a Rede Litoral Vivo, entendemos necesario estender esta rede cidadá para incorporar a outras plataformas e entidades cívicas cuxo principal obxectivo é acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordenación do territorio racional e socialmente xusta. Alén do litoral, hoxe están ameazadas grande parte do noso patrimonio natural, o patrimonio histórico e etnográfico e mesmo os xeitos de producción propios, pola extensión dun modelo económico insolidario e depredador ao servizo dos intereses capitalistas e especulativos.
Por iso, e para extender na nosa acción cívica a eses eidos, é polo que acordamos pasar a denominarnos Rede GALIZA NON SE VENDE. As nosas accións irán xa que logo encamiñadas a:
* Intercambiar información e experiencias entre persoas e colectivos en defensa do patrimonio natural, social e cultural de Galiza e dos seus valores ambientais propoñendo alternativas de uso, conservación e restauración que manteñan a súa integridade. A Rede GALIZA NON SE VENDE actuará de multiplicadora dos esforzos destinados a xerar alternativas e cambios no modelo de xestión do territorio.
* Apoiar ás mobilizacións sociais en defensa dos valores do territorio e actos de protesta pola represión e a inxustiza (denuncias, xuízos) contra persoas e colectivos que pacificamente están a exercer o libre dereito a defendelo e da súa legalidade, difundindo alertas e convocatorias de mobilización.
* Difundir as novas dos colectivos, logrando que transcendan do ámbito local, convertendo a Rede GALIZA NON SE VENDE nunha ferramenta de amplificación da problemática do territorio galego e permitindo adoptar unha visión de conxunto das agresións ao noso patrimonio natural.
* Aumentar a sensibilización social mediante a divulgación e a concienciación da cidadanía ofrecendo unha canle de denuncia e participación activa.
* Xerar sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre gobernos e empresas sumando as forzas dos colectivos integrantes.
A Rede, da que non farán parte forzas políticas e sindicais, será horizontal e cunha estrutura mínima. O protagonismo será dos colectivos integrantes. Facemos dende aquí o chamamento a incorporarse a ela a tódolos grupos sensibilizados pola protección do noso territorio.
Este movemento nacido como Rede Litoral Vivo e hoxe rebautizado como “Galiza non se vende” ten un dos mais grandes obxectivos que un pobo poida procurar: unha terra viva e unha vida digna para tod@s. E comeza con un chamamento á acción, a amosar a oposición cidadán ao terrible ritmo de destrución que está a sufrir o territorio galego: un plan de acuicultura pensado para as multinacionais; un plan de portos deportivos que supón un terrible ataque á riqueza natural das nosas costas; unha lei de minaría que fai explotables todos os tipos de chan, incluso os de protección de espazos naturais; unha lei de pesca que pretende privatizar o marisqueo e tirarlle o poder de decisión as confrarías; un urbanismo salvaxe que as administracións non son quen de conter; a proliferación de parques eólicos e centrais hidroeléctricas privatizando os recursos públicos; a desprotección de miles de hectáreas antes protexidas coa creación dunha nova Rede Galega de Espazos Protexidos; Reganosa, coa súa perigosa e ilegal situación......Nunca os ataques foron tan sistemáticos nin contaron con tan unánime silencio político. É a cidadanía a que ten que reaccionar e manifestarse na data proposta do vindeiro 17 de febreiro en Compostela para berrar que Galiza non está en venda e se van esixir responsabilidades aos que tentan malvendela.
Por unha terra viva e unha vida digna para tod@s
Foro social pola defensa do pobo
Prezados companheir@s,
Proponho que por reunir o perfil do tipo de colectivos que maioritariamente formam parte da Rede Galiza nom se vende, tres conhecidos por tod@s e tam distintos que representam a heteroxeneidade da plataforma perfectamente como som: Salvemos Monteferro, Comité cidadá de emerxencia da Ría de Ferrol e SOS Courel serian os indicados para ler o manifesto e sentar na mesa.
Tambem coido que detrás deles teríam que estar de pé todas as persoas que formen parte da Rede e que poidan acudir esta sexta-feira (venres) á rolda de prensa. Si hai pouco espazo, que subam os que colham para evitar lhe dar protagonismo individual a algum colectivo e ser o maior coherentes posíveis coa horizontalidade da plataforma.
Saúde e terra.
Agrupaçom de Montanha Áugas Limpas.
Xa se podía completar o documento de bases enteiro e poñer o parrafo que falla:
A Rede, da que non farán parte forzas políticas e sindicais, será horizontal e cunha estrutura mínima. O protagonismo será dos colectivos integrantes.
O artigo de Fusquenlla tamén está moi ben, aínda que a mín persoalmente, o artigo de Suso de Toro aparecido no Magazine non me gustou
Un saúdo
foro social Cangas
foro social pola defensa do pobo
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon