mércores, novembro 14, 2007

Apagón contra o cambio climático o 15 de novembro e reunión agrocombustíbeis o día16 nos locais da SGHN

De:Adega Trasancos
Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de novembro de 2007 19:10
Asunto: Algunhas nova de citas pola nosa delegación



Algunhas nova de citas pola nosa delegación

Queridos/as compañeiros/as:

Espero que esteades moi ben.

Unhas novas e citas (non indiscretas):

-Reenvío mensaxe de ADEGA-nacional: Apagón contra o cambio climàtico o día 15.11 as 20 hs

-xornadas sobre Espacios Naturais protexidos: do 19-24 novembro en Compostela. Información adicional

-xuntanza sobre agrocombustibles: na SGHN dia 16 denovembro ás 19,30 en Ferrol. Creo que van Nés, Conchi e esta convidado todo o mundo. (Por se vos interesa : monográfico no último número de National Geographic sobre o tema)

-rematou o peche da veciñanza de Mugardos contra a planta de gas en Mugardos. Dironos persoalmente as grazas pola colaborazón prestada por nós, desde Adela á Humberto e resto da xente que estivo apoiando/colaborando:
http://ocruceirodemea.blogaliza.org
http://rompendo-muros-de-silencio.blogspot.com

-mesa redonda convocada por Union Libertaria, para o dia 22 de novembro pola tarde sobre a planta de gas. Pdte de concretar programa. Participa, por parte de Adega, Nés. Probablemetne aperecera información en: http://unionlibertaria.org

Unha aperta a todos/as

Antonio Gª
Ferroliño
....

15 de novembro: APAGÓN contra o CAMBIO CLIMÁTICO

Con motivo da presentación do "Informe científico das Nacións Unidas sobre o cambio climático" na semana do 12 ao 17 de novembro en Valencia, numerosas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadáns do Estado Español convocan un *APAGÓN *co lema *"FRENTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA"*, para o día *15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 horas da tarde*.

A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo públicos e privados, instalacións e equipamentos públicos neses *5 minutos en favor do planeta*. Convidamos a adherirse ás persoas e entidades que desexen chamar a atención da sociedade e das institucións acerca da necesidade de tomar medidas urxentes ante esta grave ameaza.

As organizacións que convocan este apagón son:

Ecologistas en Acción, Greenpeace, WWF/Adena, Amigos de la Tierra, SEO/BirdLife, Movimiento Clima, CCOO, UGT, Confederación de STES, Fundación Nueva Cultura del Agua, Paz Ahora, Coordinadora de ONG de Desarrollo, Entrepueblos, Fundación IPADE, Fundación Natura, Fundación Tierra, ACSUR, Asociación Permacultura, Mountain Wilderness, CECU, Justicia y Paz, Intermón-Oxfam, Fundación Ecología y Desarrollo, *ADEGA*, ADENEX, Acció Ecologista-AGRO, Coordinadora Ecologista d'Asturies, Organització Ecologista L´Escurçó (Tarragona), Fundació Terra, Verdegaia, Asociación Medioambiental La Cirigüeña de Morcín, Colectivo Ecologista de Aviles, Agrupacion Colectivos Asturianos, Avall de Llanes, Green de Carreño, Grupu d'Ornitoloxia Mavea, Ereba, Ecologia
y Patrimonio, Jóvenes Verdes, Liberación-Amauta, Pedalibre, Plataforma 2015 y más, Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid, CGT de Madrid, Campaña ¿Quién Debe a Quién?, Globalízate, Plataforma Jarama Vivo, Plataforma Ciudadana Contra la Refinería, Térmicas No-Aire Limpio, Plataforma Antitérmica de la Pereda (Mieres-Asturias), Intersindical Valenciana...

Máis información:

*http://www.ecologistasenaccion.org*
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon