De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de novembro de 2007 14:56
Asunto: Carta enviada a El Pais e non publicada
Carta enviada a El Pais e non publicada.
Unha aperta
Méndez Romeu e Reganosa
Di Galbraith nunha das súas últimas entrevistas que os directivos das grandes empresas controlan aos políticos. Despois de escoitar ao conselleiro Méndez Romeu na Cadena Ser defender a actual localización de Reganosa non cabe outra conclusión que darlle a razón ao gran economista norteamericano. Como se pode a estas alturas contestar á pregunta de se o actual bipartito situaría a planta en Mugardos con que é unha pregunta absurda.
Como se pode dicir sen que a un se lle cáia a cara de vergoña que a Xunta de Touriño recibiu aos veciños encerrados. Ou que Reganosa dispón do preceptivo informe de impacto ambiental.
É tal o cúmulo de despropósitos ditos polo conselleiro Méndez Romeu nesta intervención, que un sente rubor de repetilos un a un.
Non é explicábel tampouco que o conselleiro da presidencia non saiba como se xesto o prexecto Reganosa; através dun armazón político económico que tiña e ten como único móvil o beneficiar a uns concretos intereses empresariais, sen importarlles a legalidade e a vida de miles de persoas. A quen lle interese pode ler o libro "Os muros de silencio" editado por Fuco Buxan.
Por desgraza as palabras de Galbraith són unha certeira análise da realidade. Non mandan na cousa pública os representantes elixidos senón os donos do diñeiro. Señor consellerio a próxima vez fale directamente como portavoz de Reganosa.
Alexandre Carrodeguas Martínez
Ferrol
_____________
Enlace relacionado:
Interessantes Aúdios da secçom "Tertulia de Sabios" do programa "La Ventana da SER"
____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, novembro 14, 2007
Méndez Romeu e Reganosa
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, novembro 14, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon