De: Xan Carlos Ansia Xan Carlos Ansia
-xancarlosansia@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de novembro de 2007 13:40
Asunto: DEMOLEDOR INFORME DO CES CONTRA PRIVATIZACIÓN DA CULTURA
DEMOLEDOR INFORME DO CES CONTRA PRIVATIZACIÓN DA CULTURA
A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON DENUNCIA A CREACIÓN DA AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS COMO INSTRUMENTO PARA PRIVATIZAR O IGAEM E A CULTURA GALEGA.
O Consello Económico e Social da Xunta de Galicia ditaminou por unanimidade a "fuxida do Dereito Administrativo" deste novo chiringuito creado polo bipartito.a pesar deste informe Anxela BUGALLO mercantiliza a cultura galega.
Xuntamos o documento completo do CES (Ditame 08/07)
O CES organismo dependente da Administración Autonómica rechazou unanimente a creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ditame negativo que o Consello da Xunta de Galicia non tivo en conta e sin rectificar nengún dos puntos criticados polo CES, pasou a aprobar no último consello da Xunta, a creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ao non ser un informe vinculante a conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, poido obter a aprobación do Consello da Xunta, ao seu proxecto privatizador do IGAEM e de externalización das iniciativas e actividades culturais a empresas privadas (representantes de cantantes, promotores de festas e banquetes, empresas de espectaculos nocturnos, de orquestas e verbenas, e dedicadas a todo tipo de eventos gastronomicos, caterings e festivais de toda clase), por suposto sempre que sexan do gosto e criterio da señora conselleira Anxela Bugallo e do seu grupo de admiradores e pesebristas culturais que a asesoran.
No CES participan os sindicatos CIG, UGT E CCOO, que votaron en contra desta nova creación dun chiringuito que en afirmación do dictame do CES: "supón un paso mais no fenómeno de fuxida do Dereito Administrativo que en aras a unha pretendida eficiencia non é mçais que unha escusa para evitar os controis propios do dereito público". E tamén dí "No caso do AGADIC, esta fuxida é máis rápida e controvertida se cabe xa que o ente aquí proposto afonda mais no panorama moi fragmentado de entes, organismo e fundacións que incfrementan a confusión institucional".
Para a Plataforma Cultura Si, Mausoleo NOn iste é o futuro deiseñado por Anxela Bugallo e coa anuencia de Anxo Quintana para o movimento cultural en Galiza. Desentenderse do asociacionismo cultural de base e promover o mercantilismo cultural, o pago a amanuenses e voceiros adocenados, que nos mostren cultura espectaculo ao seu gusto, sin participación, sin acceso ás asociacions de base e entregandolle os cartos do seu departamento a empresarios que pensan en enriquecerse a costa de creadores, e traballadores da cultura, figurantes nun mercado guiado única e exclusivamente polos reditos monetarios, e si hai perdidas seguro que tamén se sufragan co erario público, que estes empresarios enseguida desaparecen cando hai que pagar as deudas.
Agradecemos a ese medio de comunicación a difusión informativa dun feitos que consideramos supón o enterramento da iniciativa cultural de base, para crear un entramado industrial pagado e sufragado con cartos públicos pola conselleira Anxela Bugallo.
17.novembro.2007.
Xan Carlos Ansia.
Portavoz Plataforma. Tlfo. 658656957
http://culturasimausoleonon.blog.com/
________________
Enlace co Ditame 08/07 sobre o anteproxecto de Lei de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Cultura
Plataforma Cultura Si - Mausoleo Non
Demoledor informe do Consello Económico e Social contra a privatización da Cultura
luns, novembro 19, 2007
Demoledor informe do Consello Económico e Social contra a privatización da Cultura
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, novembro 19, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios
CCOO DENUNCIA QUE OS DIRIXENTES DE CULTURA LEVAN MÁIS DE UN ANO NEGÁNDOSE A DIALOGAR COAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS
CCOO FAI UN CHAMAMENTO ÁS DEMAIS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS PARA ORGANIZAR UNITARIA E CONXUNTAMENTE MOBILIZACIÓNS
CC.OO. lamenta que os dirixentes de CULTURA ignoren e desprecen durante tantos meses o dereito á negociación colectiva do seu persoal, xa que en vez de convocar ás organizacións sindicais e constituír unha Mesa de Negociación, fan oídos xordos ás reiteradas solicitudes que se lle levan feito, optando, pola contra, por obrigar a resolver tódalas discrepancias laborais e conseguir a aplicación de dereitos básicos consolidados a través dos xulgados, como a única vía alternativa posible.
CC.OO. considera que asuntos, tan importantes, tanto para o persoal como para o axeitado funcionamento dos centros, como o redimensionamento das plantillas dos Arquivos, Bibliotecas, Museos, IGAEM, CGAC, Complexo Deportivo Monterrei, etc., a revisión e homologación dos niveles profesionais do persoal técnico funcionario dos corpos especiais dos arquivos, bibliotecas, museos e servizo de arqueoloxía, a asignación efectiva dos complementos establecidos no convenio para o persoal laboral, a ordenación da xornada laboral, turnos, libranzas e traballo en domingos e festivos, o calendario de vacacións, as reclasificacións de categorías, as contratacións irregulares, a formación e promoción profesional, a saúde laboral, etc., parecen non existir para os dirixentes desta consellería e sobre os que prefiren non dialogar e optan irresponsablemente por que os traballadores poidan falar deles únicamente nos xulgados.
CC.OO. manifesta que os dirixentes da Consellería de Cultura instaláronse, xa dende o principio do seu mandato, nunha prepotente torre marfileña e, como unha férrea patronal calquera, atrincheiráronse na confrontación, mentres noutras consellerías, como Vicepresidencia, Sanidade, Medio Ambiente, etc., todos estes asuntos laborais negocianse con total normalidade nas correspondentes Mesa de Negociación específicas constituídas ó efecto.
CC.OO. afirma que esta, aparente prehistórica actitude dos dirixentes da Cultura, obedece a unha estratexia perversa ben definida e planificada, consistente en entorpecer a normal interlocución cos representantes do persoal, dificultándolles o lexítimo desenrolo da súa representatividade, obrigandolles a xudicializar toda a actividade laboral para, mentres tanto, perpetuar, con paso firme, a política do “enchufismo afín” e da “montaxe dos tinglados clientelares” externalizadores da xestión cultural pública, prácticas, por certo curiosamente moi ben retratadas polo propio actual secretario xeral da consellería nalgunha das súas estupendas publicacións teóricas e retóricas, nas que, dende a oposición, criticaba e cuestionaba ese modelo de externalizacións dos servicios públicos, empregando para as súas teses, a análise do modelo TRAGSA do PP, mentras, agora en exercicio de goberno, a sua equipa, aposta incoherentemente por implantar o sistema por el mesmo rexeitado maxistralmente con anterioridade: o caso máis palmario do desatino é o da creación da AXENCIA GALEGA de IINDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC): pese ó demoledor informe do Consello Económico e Social, crítico e contrario á sua creación, dende a consellería, erre que erre, adiante cos faroles, custe o que custe e caia quen caia.
CC.OO. insta, en consecuencia, ós dirixentes de Cultura para que se aveñan ó diálogo, asuman as súas obrigas coas organizacións sindicais e, no que atinxe ás cuestións laborais reseñadas, permitan resolvelas negociadamente na Mesa de Negociación antes da aprobación definitiva dos orzamentos de 2008, co fin de asignar as cantidades económicas necesarias para saldar as débedas co persoal e executar determinadas sentencias dos xulgados do social -favorables ós traballadores-, para frenar o quebranto retributivo que lle ocasiona esta situación ó persoal afectado.
CC.OO. esixelle tamén a Cultura: menos Pluses de Altos Cargos fronte a máis negociación e cumprimento e respeto das condicións e dereitos laborais básicos dos traballadores.
Por último, dende CC.OO. reiteramos o chamento ás demais organizacións sindicais para, de forma unitaria e conxunta, lle esixamos á Consellería de Cultura que cambie de actitude e que, fronte á confrontación, normalice a negociación como o cauce lexítimo ordinario dos traballadores para resolver os seus problemas laborais en xeral e os asuntos reseñados, en particular, e, para que, tamén en cuestións de persoal, esta consellería deixe xa de ser a cinsenta da Xunta de Galicia.
Santiago, 23 de novembro de 2007
ACCIÓN SINDICAL – SECTOR ADMÓN AUTONÓMICA – CC.OO.
CC.OO. DENUNCIA IRREGULARIDADES NAS CONTRATACIÓNS, DEMANTELAMENTO DE SERVICIOS E ACTUACIÓNS PSEUDO-NEPOTISTAS NA CONSELLERÍA DE CULTURA
CC.OO. denuncia as irregularidades que se están a cometer na Consellería de Cultura en materia de contratacións, desmantelamento de servicios públicos así como ausencia de diálogo e negociación.
Estas practicas irregulares nas contratacións están afectando o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), así como os distintos centros de produción propia como son: o Centro Dramático Galego (CDG), o Centro Coreográfico de Galicia, etc., onde se está recurrindo as asistencias técnicas para cubrir baixas ou subcontratando servicios con empresas privadas (Exe: a praza de xastra do CDG, o programador do Salón Teatro, o director/a da Feira do Teatro, contratados como autonómos, así como os traballos Técnicos e de Prensa do Salón Teatro e as funcións da praza de subalterno do IGAEM, pasan a ser externalizados a través dunha empresa de servizos).
Estas contratacións fraudulentas están contribuíndo o progresivo desmantelamento dos servicios de produción propios, en detrimento das subcontratacións de servicios con empresas afíns (Exe: a empresa de servizos técnicos culturais NORDESIA ou a axencia de publicidade TRISQUELA).
Este desmantelamento dos servicios públicos na Consellería de Cultura, se esta acompañando coa creación de fundacións (Cidade da Cultura) ou co anuncio da creación dunha empresa de industrias culturais para substituir as actuais unidades de produción propias da Consellería.
Para CC.OO. o mais grave de todo isto e que esta política de persoal que esta practicando a Consellería de Cultura se esta levando a cabo desde a imposición, desde o dogmatismo e sen diálogo cos lexítimos representantes dos traballadores/as afectados (CC.OO. leva desde o 21 de marzo de 2006, esixindo e insistindo na apertura dunha mesa de negociación para abordar toda a problemática que atinxe o funcionamento dos centros e das condicións de traballo do persoal, non obtendo ata de agora ningunha resposta).
CC.OO. tamén denuncia que estas actuacións son contrarias o ideario que dice defender un partido que se autodenomina progresista, posto que a liña de actuación que ven defendendo responde mais o concepto de cultura como unha mercancía que se vende o mellor postor (a poder ser favorecendo as empresas dos amigos), en vez de apostar por unha política cultural como un servicio público, que toda administración progresista debe potenciar para garantir o acceso a mesma en igualdade de condicións a tódolos cidadáns independentemente do lugar onde residan.
Por último CC.OO. empraza os responsables da Consellería de Cultura a que de xeito inmediato convoquen unha mesa de negociación, para desde o dialogo e sobre a base do consenso se acade un acordo sobre as seguintes cuestións:
- regularización das condicións de traballo do persoal funcionario e laboral en (horarios, vacacións, pluses, niveis, funcionarización, etc)
- reforzamento das actuais plantillas e creación de novos posto, especialmente, nos centros de produción, nos museos, nas bibliotecas, nos arquivos e nos organismos autónomos dependentes da Consellería de Cultura..
- potenciación dos servizos e das unidades propias, cesando as actuais asistencias técnicas e subcontratacións.
Todo elo para garantir a prestación dunhos servicios públicos culturais esenciais de calidade así como para potenciar e mellorar a conservación, a difusión e o coñecemento do patrimonio cultural histórico, artístico, arqueolóxico e etnográfico de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2007
Carlos Pardo Pardo- Secretario Xeral
FSAP de CC.OO. de Galicia
CC.OO. DENUNCIA IRREGULARIDADES MOI GRAVES EN MATERIA DE PERSOAL NA CONSELLERIA DE CULTURA
MEMBROS DO COMITÉ DE EMPRESA DETECTARON QUE SEIS TÉCNICOS TRABALLABAN NO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE SIN DAR DE ALTA NA SEGURIDADE SOCIAL
A INSPECCION DE TRABALLO, A INSTANCIAS DE CC.OO., LEVANTOU ACTA DA INFRACCION E DEUNOS DE ALTA DE OFICIO NO INSS
CC.OO. INFORMA QUE A CONSELLERÍA, DESPOIS DE CATRO MESES, AINDA NON LLE RESPOSTOU ÓS REQUERIMENTOS DE INFORMACIÓN SOBRE ESAS CONTRATACIÓNS.
CC.OO. LAMENTA QUE, A PESAR DA GRAVIDADE DOS FEITOS, SE SIGA MANTENDO A SITUACIÓN IRREGULAR DESTE PERSOAL, SUPOSTAMENTE CONTRATADOS COMO “FALSOS AUTÓNOMOS”
No mes de xullo de 2007, a representación de CC.OO. no Comité de Empresa de Cultura, detectou que un número indeterminado de traballadores se incorporaran ó Museo Arqueolóxico sen que o Comité fose informado, polo que se descoñecía tanto o sistema de selección empregado como o tipo de relación laboral que podía ter este persoal.
Feitas as oportunas xestións, conseguiuse averiguar únicamente que eses traballadores iban desenrolar unha nova actividade denominada “Talleres de Verán no Museo Arqueolóxico” organizada pola Consellería de Cultura nas instalacións que o citado Museo posúe na Praza Maior de Ourense, actividade que os delegados sindicais descoñecían e que tiveron que coñecer polos medios de comunicación.
A raíz deste feitos, mantense conversas cos responsables da Delegación Provincial para recabar información da situación e, sorpresivamente, éstes manifestan que descoñecen o procedemento de contratación e o tipo de relación contractual deste persoal posto que, ó parecer, era unha actividade programada directamente pola Secretaria Xeral da Consellería en colaboración coa Dirección do Museo, sen intervención algunha da Delegación Provincial.
ACTUACIÓN SINDICAL:
A representación de CC.OO. no Comité de Empresa de Cultura, con data 12 de xullo de 2007, tramita escrito ante a Delegación Provincial da Consellería de Cultura polo que se lle solicitan os datos laborais deste persoal, sen que ainda a día de hoxe se recibise resposta algunha a tal solicitude.
Ante a falta de resposta á petición de información laboral, CC.OO., con data 3 de agosto de 2007, tramita DENUNCIA ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Ourense.
A Inspección de Traballo fai duas actuacións nas datas 08-08-2007 e 25-09-2007 efectuando visitas ó centro de traballo para comprobar a veracidade dos feitos denunciados por CC.OO.
A Inspección de Traballo ven de remitirlle á Organización Sindical denunciante oficio de data 16-11-2007 polo que, da comprobación efectiva dos incumplimentos normativos, INFORMA que, unha vez “comprobada a infracción empresarial en materia de Seguridade Social”, levanta as oportunas “Actas de Infracción e de Liquidación, así como de comunicación de altas de oficio dos 6 traballadores no Réxime Xeral da Seguridade Social”
VALORACIÓN DE CC.OO.:
CC.OO. considera un feito moi grave que haxa traballadores prestando servicios sen dar de alta na Seguridade Social, especialmente tratándose dunha administración pública.
CC.OO. considera reprobable que ademáis, tamén neste mesmo caso, se chamara “dixital e clientelarmente” a traballar a este persoal sen empregar nin respetar o sistema de legalmente establecido polo Decreto 37/2006, de 2 de marzo, regulador das contratacións temporales de persoal laboral na Xunta de Galicia.
CC.OO. considera que, logo das actuacións da Inspección de Traballo, é unha desfachatez política e administrativa manter a situación da relación contractual irregular porque a actividade inicialmente prevista xa rematou fai tempo e, sobre todo, porque esta é unha actuación ilegal na que a Cultura é reincidente posto que, fai uns anos, no mesmo centro, xa se producira unha situación idéntica nos mesmos feitos e con idéntico resultado, sendo xa daquelas, Xefe de Servicio de Persoal, a mesma persoa que actualmente ocupa esa responsabilidade en materia de persoal na Consellería.
CC.OO. considera que, en todo caso, as primeiras víctimas destas irregularidades son os propios traballadores afectados, xa que as actuacións da consellería levan implícita a precarización e a inseguridade profesional nas súas propias condicións laborais.
OUTRAS ACTUACIÓNS INMEDIATAS:
1.- CC.OO., ante a gravidade da situación, porá con caracter inmediato estes feitos en coñecemento da Dirección Xeral da Función Pública para que proceda á apertura dun expediente administrativo informativo e disciplinario co fin de depurar as responsabilidades administrativas e políticas derivadas desta situación da que son coñecedores e responsables directos o Secretario Xeral xunto co Xefe de Servicio de Persoal da Consellería de Cultura.
2.- CC.OO. solicitará que, ós traballadores afectados, se lle recoñezan tódolos dereitos profesionais, administrativos e económicos, xenerados pola súa prestación de servicios dacordo coa que se estableza ó respecto na normativa laboral vixente na Xunta de Galicia.
24 de novembro de 2007
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CC.OO. de GALICIA
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon