venres, novembro 02, 2007

Informacións sobre a Marcha Nacional na defensa do Litoral Galego

De: Plataforma Corrubedo
-corrubedo@altermundo.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2007 09:51
Asunto: ACHÉGATE A CORRUBEDO, E BERRA FORTE...


MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL
POLA TÚA TERRA, POLO TEU MAR
NON AO PLANO ACUÍCOLA
VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA

Facemos un chamamento a todos os colectivos, organizaciónS e persoas a título individual do país noso a acudir en masa a Corrubedo o vindeiro domingo, 4 de novembro, para amosar a nosa oposición á expropiación e venda da nosa costa, do noso litoral virxe, ás empresas depredadoras.

A concentración será no Porto de Corrubedo, para logo discorrer a Marcha cara o Faro, emblema litoral que este domingo debe ser a capital galega da dignidade do pobo, da defensa do noso.

INFORMACIÓNS PARA ACHEGARSE AO CABO

* A Vía Rápida da Barbanza está cortada, polo que é importante saír con tempo para chegar ás 12:00 ao Porto de Corrubedo. Aos que se acheguen da Galiza Norte aconsellámoslles ir pola estrada Santiago-Noia e desviarse a Corrubedo un chisco antes de chegar a Ribeira. Os que veñan da Galiza Sur terán que coller a vella estrada Padrón-Ribeira, pasando por Boiro e a Pobra do Caramiñal. Sendo domingo pola mañá o tráfico é pouco, pero cando menos se emprega media hora máis do normal en chegar a Corrubedo.

* Aparcadoiros: a entrada ao cabo de Corrubedo ten unha recta ben longa con arcéns suficientemente anchos para aparcar vehículos. Non se poderá aparcar no porto, polo que haberá que deixar os coches e autobuses nesa estrada ou na estrada do faro. Haberá policía local para regular este eido.

* Corrubedo é un pobo pequeño e os seus servizos son limitados. No entanto existen algúns negocios de hostelería á entrada do pobo e tamén no porto. Ribeira está a só 7 quilómetros.

Engadimos nota de prensa dos veciños e veciñas de Laxe Brava referente o debate acontecido no día de onte (30 de outubro), no Parlamento de Galicia no que o deputado do Grupo Socialista Sr. Lage Tuñas dou resposta a unha moción sobre o Plan Sectorial da Acuicultura de Galicia actualmente en trámite.

COLECTIVOS QUE PARTICIPAN: Adega, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª, Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Colectivo Ecoloxista Verduxo, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifactoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, Amigos da Terra, Plataforma Ártabra 21, Quercus (Portugal), PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Comité de defensa das Rías Altas, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galicia), Rede Litoral Vivo, Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Veciños das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión, Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
--
Manoel Santos
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
corrubedo@altermundo.org
Tel.: 686 021 933

__________

De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2007 20:48
Asunto: ¡TODO O MUNDO A CORRUBEDO!



¡TODO O MUNDO A CORRUBEDO! ¡RETIRADA DO PLAN ACUÍCOLA SEN CONDICIÓNS! ¡A COSTA NON SE VENDE NIN SE REGALA ÁS MULTINACIONAIS! ¡ISTO SÓ É DESTRUCCIÓN IRREVERSÍBEL! ¡NÓN Á CORRUPCIÓN E A ESPECULACIÓN INDUSTRIAL!

ESIXIMOS O CUMPRIMENTO DA LEI DE COSTAS (ARTIGOS 32 E 25) E , POLO TANTO , NON DEBEN ESTAR ESTAS MACROEMPRESAS NA FRANXA COSTEIRA DOS 500M. NIN NOS ESPAZOS PROTEXIDOS, ZONAS HÚMIDAS OU PRAIAS (ARTIGO.25) NIN TAMPOUCO NAS ZONAS CUN SIGNIFICATIVO PATRIMONIO CULTURAL, (LEI DE PATRIMONO DA XUNTA E DO ESTADO) XA QUE HAI ALTERNATIVAS HOXE ( ARTIGO 32) COMO NOS RECOÑECEU O XEFE, SR. OTERO HAI MÁIS DE ANO E MEDIO CANDO FALAMOS CON ÉL E NOS PROPUXO QUE LLE DÉRAMOS ALTERNATIVAS, FORA DESA FRANXA E, POR ISO, A PRINCIPIOS DE MARZO FIXEMOS OS ECOLOXISTAS E ALGUNHAS PLATAFORMAS QUE COMEZABAN ESTA LOITA UNHA XUNTANZA EN QUILMAS (CARNOTA) ONDE SE DECIDIU UNS IMPORTANTES CRITERIOS DE REXEITAMENTO DE TODO TIPO DESTAS EMPRESAS OU DAS SÚAS AMPLIACIÓNS.
NOS AS ASINAMOS COMO ENTIDADE POIS A FOLLA ORIXINAL PERDEUSE SEGUNDO O QUE NOS COMUNICARON DENDE A PLATAFORMA DE QUILMAS E ADXUNTÁMOLAS ÁS NOSAS DURAS ALEGACIÓNS CONTRA TODO O PLAN ACUÍCOLAt ESPECIFICANDO TAMÉN QUE NAS TERRAS AGRÍCOLAS OU DE IMPORTANCIA PRODUCTIVA TAMPOUCO DEBERÍAN INSTALARSE ESTAS EMPRESAS (Galiza está na cola do estado deste tipo de terras e iso é alarmante, pois todo pobo debe garantir a súa suficiencia alimentaria) A PETICIÓN DALGUNHAS PLATAFORMAS E MOITOS VECIÑOS/AS.

É CONVINTE QUE CADA ENTIDADE QUE AÍNDA NON O FIXO TEÑA A OPORTUNIDADE DE COÑECER ESTES CRITERIOS OBXECTIVOS, INDEPENDENTES E CIENTÍFICOS QUE GARANTEN DE VERDADE A PROTECCIÓN DOS ESPAZOS NATURAIS (INCLUÍDA A COSTA VIRXE E CALQUERA ESPAZO CON ALGUNHA PROTECCIÓN) , DA PAISAXE, PATRIMONIO CULTURAL, DAS TERRAS AGRÍCOLAS-GANDEIRAS , DOS LUGARES DE INTERESE MARISQUEIRO-PESQUEIRO, CIENTÍFICO OU EDUCATIVO , TURÍSTICO ETC. ADEMÁIS DE QUE SE TEÑA EN CONTA COMO CRITERIO DE REXEITAMENTO A POBOACIÓN AFECTADA QUE NON QUEIRA ESTE TIPO DE EMPRESAS. ISTO É REFERENTE Á TÓDOLOS LUGARES COSTEIROS DE GALIZA POIS NOS SE TRATA DE QUITALAS DUNS SITIOS E METELAS NOUTROS DE IGUAL IMPORTANCIA OU MELLOR.

É NECESARIO QUE TODOS TEÑAMOS UNS CRITERS COMÚNS E ESIXAMOS A RETIRADA URXENTE DESTE PLAN.

NON SE DEBE NEGOCIAR NADA NIN COA XUNTA NIN COAS EMPRESAS XA QUE ÉSTES CRITERIOS DE SENTIDO COMÚN E BASEADOS NA NORMATIVA VIXENTE NON SE RESPECTAN NO PLAN ACUÍCOLA QUE É ABUSIVO, SOBREDIMENSIONADO E ARRASARÍA ATA CON MOITOS DOS MELLORES ESPAZOS PROTEXIDOS, PAISAXÍSTICOS, CULTURAIS E PRODUCTIVOS DO NOSO LITORAL ADEMÁIS DE NUMEROSAS PRAIS VIRXES OU POTEXIDAS, CANTÍS, ZONAS HÚMIDAS ETC , ENVENENARÍA O NOSO MAR ACABANDO COA NOSA RIQUEZA PESQUEIRA E MARISQUEIRA , AGRÍCOLA E TURÍSTICA, XERARÍA MOI POUCOS POSTOS DE TRABALLO PERDÉNDOSE MOITÍSIMOS MÁS (ACTUALMENTE HAI 352 POSTROS DESTE TIPO DE MACROEMPRESAS QUE COMO MOITO SE DUPLICARÍAN)E SÓ ENRIQUECERÍA ÁS MULTINACIONAIS DO SECTOR E, A MEDIO PRAZO , ÁS CONSTRUCTORAS E PROMOTORAS QUE ENTRARÍAN " A SACO" NOS MELLORES SITIOS DO LITORAL CANDO ESTAS EMPRESAS SE FORAN OU TIVERAN LUGAR AS POSIBLES DESLOCALIZACIÓNS, OU NO SEU CASO, REMATASEN AS CONCESIÓNS CO CONTO QUE XA DESTRUÍRAN A COSTA COMO NÓS ALEGAMOS NAS ALEGACIÓNS E DENUNCIOU PÚBLICAMENTE O ABOGADO , SR. SABÍN QUE TRABALLA AXUDANDO A DISTINTAS PLATAFORMAS.

POR ÚLTIMO É NECESARIO COMPAÑEIROS/AS ORGANIZARNOS PARA PARAR AS OBRAS (VECIÑOS/AS E ECOLOXISTAS) QUE NOS QUEREN IMPOR ADEMÁIS DE LEVAR A CABO DISTINTAS MOVILIZACIÓNS, XA QUE ESTÁN VIOLANDO O MARCO XURÍDICO VIXENTE; NIN LERON NIN CONTESTARON DUN XEITO FUNDAMENTADO COMO OBRIGA A LEI AS MILES DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS ; ESTÁN TRAMITANDO O TEMA DUN XEITO UNILATERAL, PASANDO DO POBO, ESPECIALMENTE DAS POBOACIÓN AFECTADA; XA A PRIMEIROS DE SETEMBRO A CONSELLEIRA DE PESCA ANUNCIOU NOPS MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE TAN PRONTO TIVERAN AS AUTORIZACIÓNS DAS DEMÁIS ADMINISTRACIÓNS OU INSTITUCIÓNS APROBARÍAN O BAORRADOR ; A XUSTIZA AMBIENTAL NON EXISTE OU POLO MENOS NÓS NON TIVEMOS O GUSTO DE COÑECELA; O ANTERIOR XEFE DO SEPRONA DA COMANDANCIA DA CORUÑA QUE SE COMPROMETEU ANTE NÓS A PARAR ESTE TIPO DE OBRAS CANDO COMEZASEN ( INCLUSO NOS DIXO QUE O AVISÁSEMOS PORQUE ERA UN DELITO XA QUE NON SE PODÍAN FACER NOS ESPAZOS PROTEXIDOS ETC.), NON ESTÁ DENDE HAI POUCO NO SEU POSTO E A XUSTIZA MOI POUCAS VECES MANDA PARAR CAUTELARMENTE AS OBRAS , ESTÁ MOI POLITIZADA ATA O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL COMO PODEDES COMPROBAR NESTES DÍAS COAS RECUSACIÓNS E AS FISCALÍAS NON FUNCIONAN E INCUMPREN O SEU COMETIDO.

UNHA APERTA.

COMITÉ DE DEFENSA DAS RÍAS ALTAS

___________

Nota dos veciños de Laxe Brava sobre o debate do día 30 outubro 2007 no Parlamento de Galicia


Tras o debate acontecido no día de onte (30 de outubro), no Parlamento de Galicia no que o deputado do Grupo Socialista Sr. Lage Tuñas dou resposta a unha moción sobre o Plan Sectorial da Acuicultura de Galicia (en adiante PSAG) actualmente en trámite, a Comisión de Propietarios de Laxe Brava, desexa manifestar o seguinte:

* Insistimos unha vez máis en que o argumento utilizado polo Sr. Lage, idéntico ao da Sra. Conselleira de Pesca, de que o PSAG “compatibiliza o liderato na acuicultura coa defensa do territorio” é un argumento baleiro e falaz, que tenta ocultar un modelo industrial intensivo en consumo de recursos naturais e máis propio de épocas preindustriais que de unha economía desenvolvida e moderna como é a galega. A pretensión de colocar a Galicia nun “liderato mundial na cría de peixes planos”, nunha actuación típica de políticas acomplexadas e propagandísticas, terá como resultado – de levarse a cabo – o liderato para Galicia pero en outros eidos de moi distinto tipo: en destrucción de litoral, con esa nova Marea Negra de 3 millóns de metros cadrados de formigón armado; en despilfarro de cartos públicos, cos máis de 390 millóns de euros en subvencións; en ridículo número de postos de traballo (275 como moito según os nosos cálculos); en repulsa social, cos milleiros de sinaturas e máis de 1000 alegacións ao proxecto; e en incalculables perdas en termos medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos.

* Neste mesmo debate os dous grupos que sustentan ao actual goberno da Xunta, PSdeG- PSOE e BNG, apoiaron o PSAG sen fisuras. Polo tanto, queremos responsabilizar directamente da desfeita á que nos conduce o PSAG a todos e cada un dos membros destes dous grupos presentes onte no Parlamento de Galicia, e por extensión ás agrupacións políticas que representan. A acción de goberno implica aos dous partidos que forman o bipartito e por iso ámbolos dous son responsables das iniciativas lexislativas aprobadas no Parlamento ou no Consello da Xunta.

* Consideramos inaceptables por equívocas ás chamadas á negociación que nestas últimas datas se están a invocar desde certos representantes políticos. Chegou a hora de asumir responsabilidades e rexeitar con contundencia o PSAG, sen contemporizacións nen panos quentes. A estas persoas, recordarlles que non se pode nadar e gardar a roupa ao mesmo tempo, e que non se pode negociar con quen ameaza e coacciona con expropiacións forzosas. Desde esta Comisión sólo aceptaremos a retirada unilateral e sen condicións do PSAG.

* A tramitación deste plan está a caracterizarse polas actitudes cobizosas das multinacionais acuicolas – auténticas redactoras do plan na sombra - e pola prepotencia e opacidade deste goberno. Por este camiño, sólo conseguirán que non reafirmemos no noso propósito de loitar en contra do PSAG en tódolos ámbitos dentro da máis estricta legalidade, e abocar á acuicultura industrial á súa xudicialización se non nos deixan outra alternativa.

* Por último, desexamos invitar a tódalas persoas a manifestarse o vindeiro día 4 de novembro ás 12 da mañá en Corrubedo en contra desde Plan. Que o clamor popular faga reflexionar aos políticos.

Comisión de Propietarios de Laxe Brava

En Teira, Corrubedo , a 31 de outubro de 2007.
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon