O pasado venres, 16 de novembro, presentou-se publicamente a Rede Galiza Non se Vende, máis de 60 entidades sociais, veciñais e ecoloxistas participamos na Rede que ven ser unha ampliación da Rede Litoral Vivo, mais que na súa última reunión decideu dar o paso e constituir un movimento popular máis amplio que abranguera a colectivos e plataformas de defensa da terra que teñen o seu campo de actuación na Galiza do interior, polo que o cáracter nacional do movimento popular, social e cidadán, ven ser unha das características principais.
Despois de movimentos cidadáns tan importantes como "NUNCA MÁIS" e "HAI QUE BOTA-LOS", moitas das persoas e entidades que hoxe conforman a "Rede Galiza Non se Vende", vemo-nos defraudadas por un goberno bipartito do que se agardaba moito máis na recuperación da democrácia, na potenciación da participaión cidadán, na transparencia, na asunción de formas de actuar en todos os campos da economía máis próximos ao reciclaxe, a reutilización, a rehabilitación, a reducción, na defensa da Terra, do noso litoral, ... mais sucede todo o contrario, polo xeral seguen ligados ao capital espoliador, do Courel a Corrubedo, as explotación mineiras, REGANOSA, o Plano Acuícola, ... Moitos despropósitos en pouco tempo, e o PP frotando-se as mans, ... Teñen que escoitar-nos e variar a súa política, pois Galiza Non se Vende.
Esta é a páxina web da rede:
http://galizanonsevende.org/
Participa na Rede, estamos sometid@s á crítica constructiva.
Pensamos globalmente e actuamos localmente
Desde a Plataforma Ártabra 21, Parabéns e Benvida !
Nota emitida para a Rolda de Prensa celebrada o pasado 16 de Novembro de 2007 en Compostela
As organizacións e colectivos que conformamos a Rede Litoral Vivo, entendemos necesario estender esta rede cidadá para incorporar a outras plataformas e entidades cívicas cuxo principal obxectivo é acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordenación do territorio racional e socialmente xusta. Alén do litoral, hoxe están ameazadas grande parte do noso patrimonio natural, o patrimonio histórico e etnográfico e mesmo os xeitos de producción propios, pola extensión dun modelo económico insolidario e depredador ao servizo dos intereses capitalistas e especulativos.
Por iso, e para extender na nosa acción cívica a eses eidos, é polo que acordamos pasar a denominarnos Rede GALIZA NON SE VENDE. As nosas accións irán xa que logo encamiñadas a:
Intercambiar información e experiencias entre persoas e colectivos en defensa do patrimonio natural, social e cultural de Galiza e dos seus valores ambientais propoñendo alternativas de uso, conservación e restauración que manteñan a súa integridade. A Rede GALIZA NON SE VENDE actuará de multiplicadora dos esforzos destinados a xerar alternativas e cambios no modelo de xestión do territorio.
Apoiar ás mobilizacións sociais en defensa dos valores do territorio e actos de protesta pola represión e a inxustiza (denuncias, xuízos) contra persoas e colectivos que pacificamente están a exercer o libre dereito a defendelo e da súa legalidade, difundindo alertas e convocatorias de mobilización.
Difundir as novas dos colectivos, logrando que transcendan do ámbito local, convertendo a Rede GALIZA NON SE VENDE nunha ferramenta de amplificación da problemática do territorio galego e permitindo adoptar unha visión de conxunto das agresións ao noso patrimonio natural.
Aumentar a sensibilización social mediante a divulgación e a concienciación da cidadanía ofrecendo unha canle de denuncia e participación activa.
Xerar sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre gobernos e empresas sumando as forzas dos colectivos integrantes.
A Rede, da que non farán parte forzas políticas e sindicais, será horizontal e cunha estrutura mínima. O protagonismo será dos colectivos integrantes. Facemos dende aquí o chamamento a incorporarse a ela a tódolos grupos sensibilizados pola protección do noso territorio.
Este movemento nacido como Rede Litoral Vivo e hoxe rebautizado como “Galiza non se vende” ten un dos mais grandes obxectivos que un pobo poida procurar: unha terra viva e unha vida digna para tod@s. E comeza con un chamamento á acción, a amosar a oposición cidadán ao terrible ritmo de destrución que está a sufrir o territorio galego: un plan de acuicultura pensado para as multinacionais; un plan de portos deportivos que supón un terrible ataque á riqueza natural das nosas costas; unha lei de minaría que fai explotables todos os tipos de chan, incluso os de protección de espazos naturais; unha lei de pesca que pretende privatizar o marisqueo e tirarlle o poder de decisión as confrarías; un urbanismo salvaxe que as administracións non son quen de conter; a proliferación de parques eólicos e centrais hidroeléctricas privatizando os recursos públicos; a desprotección de miles de hectáreas antes protexidas coa creación dunha nova Rede Galega de Espazos Protexidos; Reganosa, coa súa perigosa e ilegal situación……Nunca os ataques foron tan sistemáticos nin contaron con tan unánime silencio político. É a cidadanía a que ten que reaccionar e manifestarse na data proposta do vindeiro 17 de febreiro en Compostela para berrar que Galiza non está en venda e se van esixir responsabilidades aos que tentan malvendela.
Por unha terra viva e unha vida digna para tod@s
______________
Enlace coa noticia en Vieiros
_____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, novembro 17, 2007
Presentada a Rede Galiza Non se Vende
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, novembro 17, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios
Estimado anónimo que fixo o comentário anterior e que passo a liminar, lembrar-che por favor que o contido do teu comentário deve ser relevante ao asunto do artigo. E que os ataques persoais serán eliminados.
Saúde e Liberdade !
Inácio
inaciogz@gmail.com
Administrador e redactor do Blog da PA21
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon