mércores, novembro 07, 2007

Quen ten prata, fode e mata: Reganosa recibe de Industria a acta de posta en servizo definitiva

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de novembro de 2007 18:36
Asunto: Quen ten prata, fode e mata: Reganosa recibe de Industria a acta de posta en servizo definitiva



Quen ten prata, fode e mata

Reganosa recibe de Industria a acta de posta en servizo definitiva
Este documento supón a plena integración da planta galega no sistema gasista nacional

XORNAL I Mugardos.- A regasificadora de Reganosa recibiu do Ministerio de Industria a acta de posta en servizo definitiva, que supón a plena integración da planta galega no sistema gasista nacional. Este documento culmina máis de seis anos de tramitación administrativa e expídese despois de que os técnicos da Administración do Estado teñan verificado que a terminal cumpre todos os requisitos legalmente esixibles.

A regasificadora e a súa rede de 135 quilómetros de gasoducto requiriron movilizar 435 millóns de euros. O proxecto foi promovido por Reganosa, sociedade na que participan a Xunta de Galicia, Endesa, Unión Fenosa, Grupo Tojeiro, Sonatrach, Caixa Galicia, Caixanova e Banco Pastor. Ten asociadas senllas centrais de ciclo combinado de gas natural, localizadas nas Pontes e en Sabón-Arteixo, o que totaliza unha inversión de 1.100 millóns de euros.

A planta galega atopábase operando en probas desde que o pasado mes de maio recibise o seu primeiro cargamento de gas natural licuado, que transportou o buque “Galicia Spirit”. O tempo transcorrido serviu para que Reganosa verificase cos especialistas do Ministerio de Industria o correcto funcionamento da terminal e que se axusta estritamente ao previsto nas autorizacións administrativas iniciais. Tamén se realizaron unhas corenta probas específicas, de xeito que a Administración garante tanto o cumprimento do establecido como a idoneidade e o correcto estado da tecnoloxía instalada.

Ademais dos profesionais da compañía, un equipo de enxeñeiros alleos á propietaria tamén verificou que a planta, construída baixo a fórmula “chave en man” pola multinacional TGE, se axusta ao contratado por Reganosa, segundo informan dende a compañía.

Nos máis de seis anos de tramitación interviron as administracións local, autonómica, nacional e mesmo organismos europeos. De todo isto deriváronse vinte e unha autorizacións administrativas sobre a totalidade ou diversos aspectos relativos á planta. A suma dos períodos de exposición ao público dos expedientes supera os seis meses, dato que pon de manifesto a transparencia e as oportunidades que tiveron os cidadáns para estudar e pronunciarse sobre o proxecto.

Os organismos que expediron autorizacións foron: Ministerio de Industria (4 permisos), Ministerio de Fomento (1), Delegación do Goberno en Galicia (3), Consello da Xunta (1), Consellería de Medio Ambiente (3), Consellería de Pesca (1), Concello de Mugardos (2), Autoridade Portuaria de Ferrol (5) e Capitanía Marítima (1). Tamén emitiron ditames favorables os ministerios de Defensa e de Medio Ambiente. Así mesmo, cantas sentenzas firmes foron ditadas polos órganos xudiciais resultaron favorables para Reganosa.

Na tramitación administrativa da rede de gasoductos, que enlaza a planta, por medio de dous ramais, con As Pontes e Guitiriz, polo Norte, e con Abegondo e Sabón-Arteixo, polo sur, interviron ata 31 órganos distintos da Administración Pública, que emitiron diversas autorizacións, licenzas ou resoluciónsm segundo enumeran dende a compañía: Ministerio de Industria (6 permisos), Ministerio de Fomento (5), Ministerio de Medio Ambiente (3), Consello da Xunta (1), Consellería de Política Territorial (4), Consellería de Cultura (2), Consellería de Medio Ambiente (2), Consellería de Medio Rural (1), Deputación da Coruña (3), Deputación de Lugo (1) e 21 concellos distintos expediron licenzas municipais.

Enlace co artigo orixinal en xornal.com
_______________

Os tentáculos de Reganosa chegan de pleno a Xornal.com, está noticia elaborada en laboratorio mediático da manipulación, non deixa de "estrañar", mais como di a entrada que nos presenta a Asociación Veciñal de Esteiro Fontelonga: Quen ten prata fode e mata !

Ver Artigo:

Estraños artigos en "Xornal.com", sobre REGANOSA, logo da aprobación da Acta de Posta en Servizo
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon