sábado, decembro 22, 2007

Rifa de Antroido para contribuir económicamente a paliar os gastos do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Tags

O comité Cidadán de Emerxencia, desenvolve toda unha actividade de oposición á instalación da Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol que require dunha contribución económica por parte de todas e todos nós. Por tal motivo a Mesa de Traballo do citado Comité decideu a edición dunha Rifa de Apoio que se poden retirar na recepción do Ateneo Ferrolán.



Rifa de Entroido

* 1 lacón
* 1 cachola
* 1 kg. de chourizos
* 1 botelo
* 3 madas de grelos de Trasancos
* 1 queixo de San Simón
* 1 lata de marmelo
* 1 torta de Ferrol
* 3 botellas de mencía
* 1 botella de anís
* 1 “ “ ron escarchado
* 1 “ “ licor café

A rifa levaría o logo do Comité e a bandeira .

Con esta rifa, sumando o prezo da rifa, da cesta e dos alimentos e bebidas, temos asegurado, vendendo as mil, un beneficio de 800 euros limpos, non é demasiado pero tamén hai que valorar a oportunidade de vender todo, e que toque.A outra opción e facer 10.000 co que sendo maior o prezo da imprenta, vendendendo a partir de 1100, cada euro sería engadido na ganancia aos 800.
___________

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon