De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2007 18:50
Asunto: Biodiesel
GRUPOS AMBIENTALISTAS DENUNCIAN A TRAMITACIÓN DA LICENZA URBANÍSTICA OUTORGADA Á NOVA PLANTA DE BIODIÉSEL
As entidades medioambientalistas Verdegaia-Ferrol, ADEGA-Trasancos e SGHN-Ferrol denuncian diante da administración autonómica o xeito en que se desenvolveu a tramitación de outorgamento de licenza, polo Concello de Ferrol, a Infinitas Renovables S.A., empresa que pretende instalarse no Porto Exterior de Ferrol, para producir 300.000 Tm anuais de biodiésel, a base de produtos vexetais (aceite de palma africana procedente de Malasia, soia, etc).
O Concello outorgou licenza de obra previamente a ser concedida a licenza de apertura, cando segundo a LOUGA (Lei de Ordenación Urbanística), a licenza de apertura obteráse con anterioridade, ou polo menos simultaneamente á licenza urbanística.
Estas entidades cuestionan a non obrigatoriedade de someter o proxecto ao Estudo de Impacto Ambiental, así como que non se cumpra coa distancia mínima de 2.000 m con respecto dos núcleos habitables máis próximos, esixibles pola lexislación que rexe as a actividades molestas, insalubres e perigosas.
Denuncian tamén que se tivera outorgado a licenza seguindo un procedemento de urxencia, días antes de ter rematado o prazo de presentación de alegacións, motivo polo que non foron atendidas as súas reclamacións.
Por outra banda, non queda moi claro no expediente se esta empresa vai ser ubicada na segunda fase do Porto Exterior. Se así fose, non se comprende o trámite de urxencia ao que foi sometida a tramitación do expediente, xa que dita fase aínda non comezou e a construción da industria tería un límite de seis meses despois de serlle outorgada a licenza para o inicio.
Estas entidades, xunto con outros colectivos, puxeron en movemento dende hai xa dous meses, unha Mesa sobre Agrocombustibles, que pretende ser un foro de debate sobre esta cuestión.
A obrigatoriedade, por parte da Unión Europea e mais da lexislación española, de utilizar nos combustibles para automoción un 6% de biocombustibles para 2010 e os problemas que estas políticas están orixinando en países empobrecidos, na súa maior parte tropicais, dado que as materias primas empregadas proceden practicamente na súa totalidade destas zonas, terían que obrigar aos países ricos a non adoptar medidas precipitadas sen analizar en profundidade as repercusións que producirán a escala mundial: deforestación de bosques tropicais, ameaza á seguridade alimentaria destas zonas, perda de terras de cultivo, contaminación de solos e de augas, etc. Máxime cando non hai acordo nos datos extraídos das investigacións feitas para calcular a cantidade total de combustibles fósiles necesarios para producir os biocombustibles.
_________
Os agrocombustibeis a debate.
Novo Blog Comarcal para debater sobre os agrocombustibeis, dado que no porto exterior da Ría de Ferrol, estase a construir unha planta de biodiésel e agora o Concello de Ferrol deu vía libre a outra nova tramitación de licenza, para a construción doutra planta máis por parte da empresa Infinita Renovables, S. A.
Participa no debate !!
http://agrocombustibeisadebate.blogaliza.org/
____________
ADEGA-Trasancos
SGHN-Ferrol- Blog
SGHN-Ferrol-Web
Verdegaia-Ferrol
________________
Información relacionada no Blog da PA21:
Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol e enlaces para documentación e lexislación
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
ADEGA
Biodiésel
Denuncias
SGHN
Verdegaia
Entidades ambientalistas locais denuncián a tramitación da licenza urbanística outorgada á nova planta de biodiésel
venres, decembro 28, 2007
Entidades ambientalistas locais denuncián a tramitación da licenza urbanística outorgada á nova planta de biodiésel
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon