venres, xaneiro 25, 2008

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para a xornada de Acción Global do 26 de xaneiro de 2008

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, decideu participar na xornada internacional de Acción Global, convocada polo Foro Social Mundial, para o 26 de xaneiro de 2008 [FSM-WSF-2008].

Na Galiza esta xornada vai consistir nunha Asembleia Popular e unha pequena Feria de colectivos, sindicatos, plataformas e todo tipo de organizacións sociais que se celebrará na Facultade de Historia da universidade compostelán, co obxectivo de constituir o Foro Social Galego.

O Comité Cidadán, elaborou o seguinte comunicado para presentar na xornada de Acción Global:

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para a xornada de Acción Global do 26 de xaneiro de 2008, convocata polo Foro Social Mundial

A planta de Gas de Reganosa ubicada no interior da Ría de Ferrol constitue a maior agresión medioambiental que se está a producir no país. Un caso gravísimo de corrupción financieira e política, exemplo dun modelo de capitalismo salvaxe ,no que unha minoría, para acadar o máximo beneficio, non repara en por en peligro de morte a miles de persoas ou liquidar un ecosistema do que dependen centos de mariscadores e a suas familias. A impunidade con que esa minoría asalta a legalidade vixente para acadar os seus propósitos, só é posible pola complicidade institucional (forzas políticas maioritarias) e mediática. Serva o exemplo recente: A Diputacion de A Coruña ,o Pleno do Concello de A Coruña, ou determinados cargos da Xunta homenaxeando como empresario exemplar a un dos impulsores de Reganosa (Sr. Tojeiro) e principal beneficiario deste caso de corrupción.

Dende a sua contitución no ano 2001, o Comité Cidadan de Emerxencia da Ría de Ferrol, así como a Asemblea Cidadán integrada por mais de cincuenta asociacions veciñais, ecoloxistas e culturais; veñen liderando a oposición cidadá a Reganosa, ao traverso da movilización social, da denuncia xudicial, administrativa e mediática.Unha loita que acabou rachando, a partires de maio do 2007, os muros de silencio impostos polo entramado que promove Reganosa, tralo bloqueo da entrada dos gaseiros na Ría,o peche dos veciños de Mugardos, a publicación do libro” Muros de Silencio” ou a divulgación de documentais, como “Un gasoducto no meu xardin” ou ”O salario do silencio”.

Cómo xurde Reganosa? Por qué a ubicación no interior da Ría?

No ano 1997, o Goberno Central privatiza Enagas , e ésta cancela o proxecto de Planta de Gas no Porto Exterior, a pesares de que tiña xa aprobada a Declaracion de Impacto Ambiental, e o lugar previsto gozaba do consenso social e político da bisbarra. Esta circunstancia foi aproveitada polo Sr. Tojeiro para, co apoio de Fraga , promover a construcción dunha planta de gas dentro da Ría de Ferrol, a carón do complexo petroquímico da súa propiedade “ Forestal del Atlantico” e cuia concesión marítimo terrestre caduca no 2017. Este acordo sustanciase no convenio asinado entre Fraga e os socios de Reganosa en xullo do 2000, nel se recolle en clausula confidencial, o compromiso da Xunta coa ubicación e a resolución dos problemas de viabilidade económica ou administrativa que tivese Reganosa. Como se comprobou mais tarde coa ubicación en Punta Promontoiro, o Sr.Tojeiro non só pretendia dotarse dun parauguas para prorrogar a concesión de Forestal do Atlántico, senon que levou a cabo un pelotazo urbanístico: unha soa parcela –na que logo se asentaron os tanques da planta- segregada de Forestal e rexistrada en Febreiro do 2001 por un valor de 47 millons de ptas. é transferida a Reganosa, un mes despois, por un importe de 737 millóns das antigas ptas.

Situacion Actual e Perspectiva

A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría,según a norma EN-1532.

O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría .É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.

O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica,administrativa,de sensibilización,e de movilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas. Como parte integrante da “Rede Galicia Non Se Vende” nos movilezaremos para acadar que a manifestación “Contra a destrucción do territorio” a celebrar o vindeiro 17 de Febreiro en Santiago sexa un éxito.

Ferrol a 25-01-2008
___________________
Apoio económico para que
o Comité Cidadán de Emerxencia
poida desenvolver a súa actividade:

Blog solidario coa veciñanza de Meá
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440

Blog solidario coa veciñanza de Meá

2 comentarios

Soléis hablar de que hay condiciones en la licencia de construcción que no cumplen... ¿tenéis esa licencia para poder ver en qué términos están esas condiciones?

Por cierto... no os obsesionéis con lo de la distancia de 2.000 que dice el RAMINP, porque ese artículo se puede incumplir en ciertas condiciones (que no conozco bien porque no soy abogado)

Y repasando el artículo 12, es cuestionable que se esté incumpliendo, si bien leyendo el 12.2 podría parecer que la Xunta se saltó su espíritu. En cualquier caso... sería un incumplimiento de la Administración Autonómica, no de Reganosa.

De la otra norma, no digo nada porque no entiendo de legislación marítima.

En cualquier caso, intento seguir la evolución sobre el tema de Reganosa porque últimamente me interesan los conflictos energéticos derivados por una mala/poca/inadecuada/confusa participación ciudadana en las decisiones energéticas.

Ola INDARKI: No teu comentario fas entrever que a partición cidadá é escasa ou confusa, o cal non coincido posto que houbo grandes MANIFESTACIÓNS de REXEITAMENTO a esta Planta, por non mencionar que as entidades sociais, 60 organizacións e colectivos, está en contra de situación da Planta e pertencen a ASEMBLEA CIDADÁ DE EMERXENCIA.

Temos dúas SETENZAS do TSXG que vai confirmando a falla dun INFORME DE IMPACTO AMBIENTAL, recorridas no Supremo.
Se queres mais detalles vai busca infirmacion neste Blog.
Saúde
xosé mel. sanxoán


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon