martes, febreiro 19, 2008

Algo pasa na Quintana ..., por Antón Xil

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de fevereiro de 2008 17:39
Asunto: ALGO PASA NA QUINTANA.../ POR Antón XIL



ALGO PASA NA QUINTANA.../ POR Antón XIL

A multitudinaria manifestación do domingo en Santiago deixa un pouso de consecuencias impredecibles para os vindeiros comicios xerais. Desde logo o éxito da participación debe provocar entre os máximos responsables do goberno bipartito certo exercicio de reflexión e, incluso, autocrítica posto que moitos dos que se concentraron na Praza da Quintana axudaron a que PSOE e BNG compartan hoxe tarefas de goberno.

Unha boa parte da masa social que sustenta o respaldo electoral da esquerda e dos nacionalistas decidiron darlle un toque de atención, en forma de manifestación, aos membros do goberno bipartito para esixirlles que asuman (non na teoría, senón na práctica) moitos dos postulados das plataformas cívicas que promulgaron o cambio nos despachos oficiais de San Caetano.

O corpo reivindicativo dos manifestantes xirou ao redor dos tradicionais postulados que identificaron, ata o de agora ao BNG, en maior medida, e ao PSOE. De feito, líderes históricos do nacionalismo galego, como Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, non só se deixaron ver na mobilización senón que participaron de xeito moi activo, o cal da bo exemplo de que algo está a pasar no seo da esquerda.

Desde logo os milleiros de persoas que se deron cita na Praza da Quintana pouco tiñan que ver, nas súas querenzas ideolóxicas, con Núñez Feijóo e o Partido Popular; máis ben ao contrario, o que lle dá un valor especial a esta convocatoria que pouco, ou máis ben nada, gustou entre os estrategas electorais das dúas forzas políticas do bipartito; sobre todo polas consecuencias impredecibles que isto pode traer de cara aos comicios do 9 de marzo: Desde o abstencionismo do sector "máis concienciado" do nacionalismo ata un voto de castigo cara a opcións minoritarias e sen tradución práctica en escanos, o cal evidenciaría que as cousas en Galicia non se estarían a facer de maneira satisfactoria para os sectores sociais tradicionalmente máis combativos.

Se a esquerda real, a que se mobiliza, comeza a ter dúbidas serias sobre o grao de transformación que está a liderar o goberno bipartito, parecería ser este un motivo importante para que Quintana e Touriño se poñan as pilas se queren seguir gobernando o país...
_________________

3 comentarios

Cando unha Administración que tenta mudar as cousas pouco a pouco se atopa cunha oposición tan frontal daqueles que tiñan que estar colaborando neste periodo de transformación, o único resultado final será a restitución daquela outra Administración que facía todo por intereses económicos, que desprezaba as alternativas e que remataba as manifestacións a paos.

Nas nosas mans está elexir o camiño da transformación progresiva ou o paso atrás.

Pouco mudou, os que esperavamos um cambio real, rematasenos a paciencia, assim que seguiremos a manifestarmos

Ou como dis ti temos que tragar o que nos metam?

Pois que leven reganoxo para a casa de quintana pouco a pouco...


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon