REGANOSA volta á carga, teimando para a súa ampliación, quer producir o doble, para o cal xa ten o visto bon da Comisión de Industria do Congreso dos Diputados en Madrid e pasou a formar parte da Planificación Gasística 2007-2016, a proposta de Xavier Carro, doutrahora opositor á planta regasificadora promovida polo Grupo Tojeiro, hoxe fiel defensor dos interesses de REGANOSA nas Cortes Españolas.
O aumento da capacidade de produción de REGANOSA, significa duplicar a capacidade de vaporización, é dicer máis centos de miles de metros cúbicos de auga morta, enfriada e clorada verquida à Ría e o doble de buques gaseiros cargados con GNL van a entrar en Punta Promontorio, empobrecendo aínda máis a Ría e poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas, por duplicar a probabilidade de sufrir unha catástrofe de irreparables consecuencias. É dicer, o despropósito gasístico, amplia o seu poder amenazante sobre á seguridade e vida das persoas, á vez que duplica o seu poder destructor da riqueza da nosa Ría.
No mes de setembro do pasado ano 2007, Xavier Carro, o antes Diputado e hoxe mesmo elexido Senador por designación do Parlamento da Galiza, anunciaba aos medios de comunicación, a aprobación no Parlamento Español, da súa iniciativa para a ampliación de REGANOSA, así como da ampliación da capacidade do gasoduto coa meseta. Hoxe mesmo o Diario de Ferrol, publica a noticia de que Reganosa comeza os trámites para duplicar a súa capacidade de vaporización e fai mención a que o DOG publicou onte o anuncio de REGANOSA para licitar a redacción do proxecto básico.
que significa REGANOSA - Clicar acima da imaxe para ampliar]
Pola importancia da noticia publicada no Diario de Ferrol, a transcribimos a continuación.
Diario de Ferrol Ferrol Martes 25 de Marzo de 2008
Reganosa comeza os trámites para duplicar a súa capacidade de vaporización
M. MAYORAL > FERROL
Aínda que a nova Planificación Gasística 2007-2016 aínda ten que recibir o visto e prace do Consello de Ministros, Reganosa bota a andar o proxecto de duplicar a súa capacidade de vaporización, unha ampliación contemplada no proxecto do Ministerio e que conta, xa que logo, con todas as bendicións.
A planta de Reganosa ten actualmente dous vaporizadores ORV (Open Rack Vaporizers) que utilizan a auga do mar para quentar e regasificar o gas natural licuado (GNL) dos dous enormes tanques, de 150.000 metros cúbicos cada un, que son visibles desde o outro lado da ría. A empresa naceu, con todo, coa pretensión de contar con outros dous vaporizadores que duplicarían a súa capacidade e o proxecto ponse en marcha apenas cinco meses despois de que a planta de gas comezase a funcionar con todos os permisos. Desde Reganosa indicouse que, de aprobarse a solicitude e desenvolverse cada paso do programa sen contratempos, a ampliación podería ser operativa no ano 2013.
O Diario Oficial de Galicia fixo público onte o anuncio da Regasificadora do Noroeste para licitar a redacción do proxecto básico. O contrato adxudicarase polo procedemento negociado e unha ver asinado a empresa que o conseguiu terá un prazo duns cincuenta meses para realizar todos os estudos e servizos incluídos no mesmo. Os elementos fundamentais da ampliación serán dous novos ORV de 160 toneladas métricas por hora cada un, aínda que o proxecto para a súa posta en marcha debe contemplar todos os sistemas que levan aparellados, desde reixas ata sistemas eléctricos e de seguridade.
Os dous novos vaporizadores aumentarán a capacidade de regasificación, non a de almacenamento, que seguirá limitada aos dous grandes tanques de Punta Promontoiro. A posta en marcha dos dous novos ORV significará, segundo está contemplado na proposta de Planificación Gasista ata 2012, que a produción de Reganosa, actualmente limitada a 412.800 Nm/h, poderá chegar ata os 825.600 Nm/h, algo que contribuirá a paliar o déficit de gas natural que sofre actualmente Galicia.
A Planificación Gasista contempla tamén a construción e ampliación da capacidade do gasoduto que conectará Galicia coa Meseta, outra cuestión que afectará directamente a Reganosa e que, como os novos vaporizadores, foron compromisos adquiridos polo ministro de Industria Joan Clos.
Ambos os puntos forman parte do documento que deberá recibir en breve o visto e prace do Consello de Ministros.
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
________
Enlace relacionado:
REGANOSA e o diputado Xavier Carro fan migas
________________
O anuncio no DOG en formato PDF:
DOG, Nº 56 Luns, 24 de marzo de 2008. Obras para a ampliación da terminal de regasificación de GNL no emprazamento de Punta Promontorio, no termo municipal de Mugardos (A Coruña).
1 comentarios so far
lo de la ampliacion no es nada nuevo, vease:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=9&idNoticia=211071
http://tvferrol.es/index.php?sc=noticia&num=3508
era cuestión de tiempo, no se puede bajar la guardia.
a ver cuando se exige a la autoridad competente, que se pongan en marcha, los planes de emergencias que exige la ley. solo cuando la poblacion se vea envuelta en ensayos de evacuacion, será consciente de donde estamos metidos y ¿SE TOMARAN LAS CALLES?...
MUCHAS GRACIAS Y BUENA SUERTE
xantia@mundo-r.com
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon