De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de abril de 2008 20:06
Asunto: CELEBRADA A XVIII ASEMBLEA CIDADÁ e CONVOCADA A XIX
CELEBRADA A XVIII ASEMBLEA CIDADÁ e CONVOCADA A XIX.
A XVIII Asemblea Cidadá, reunida onte no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, analizou as actividades mantidas desde a súa anterior convocatoria o pasado novembro:
- Relación con outros movementos sociais (Foro Social Galego, Galiza Non Se Vende).
- Mobilizacións e presenza en actividades cidadás.
- Estado das demandas e recursos presentados, tanto en vía xurídica como administrativa.
- Situación económica.
- Voadura da canle de entrada da Ría.
- Ampliación da capacidade de regasificación.
- Transporte de GNL en camións cisterna.
- Rolda de encontros co movemento asociativo da Comarca (Sindicatos, AAVV, Partidos Políticos) para dar a coñecer as novas ameazas e a situación actual.
- Preparación dunha Mobilización Comarcal (proposta para o 8 de xuño, como data máis próxima ao Día Mundial de Medio Ambiente).
- Festival artístico-musical-reivindicativo, no aniversario do Peche dá veciñanza de Meá non Concello de Mugardos.
- Mobilizacións coincidindo co aniversario da entrada ilegal do primeiro gasero cargado na Ría (9 de maio de 2007). Convocaranse concentracións diante dos locais e sedes dos socios de REGANOSA.
- Realización dun mural de grandes dimensións (en cuxa confección participarán máis de 200 persoas) para mostrar de xeito permanente a ameaza constante da Planta de Gas, situada no interior da Ría, sobre a vida dos seus habitantes, e a agresión a sostenibilidade da mesma.
- Convocatoria da XIX Asemblea Cidadá, a celebrar o próximo 2 de maio de 2008, ás 8 da tarde, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, cun único punto de Orde do Día: Calendario e preparación das mobilizacións aprobadas.
Voadura da canle de entrada
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, volta a insistir no dragado da canle de entrada, para favorecer o tránsito dos grandes barcos, cando o Porto Exterior xa está en condicións de recibilos. A razón da súa construcción non era outra que liberar o interior da Ría dos tráficos nocivos e perigosos. Unha vez máis quen dirixe a Autoridade Portuaria, amosa a súa supeditación aos intereses de REGANOSA e pretende levar a cabo unha nova barbaridade, xa que os gaseiros seguirían sen poder cumplir a norma 1532. Pola contra o dinamitado e dragado terían un efecto pernicioso nos bancos marisqueiros e no patrimonio: os Castelos. Realmente, os promotores do dinamitado, non teñen outra finalidade que seguir facendo uso do interior da ría, como se non existise o Porto Exterior, un paso máis na dirección sinalada no libro de Enrique Pernas e prologado polo entón Conselleiro de Pesca Sr. Landín, de sacrificar a Ría de Ferrol.
Ampliación da capacidade de regasificación de REGANOSA
Dende fai tempo, os promotores de Reganosa e os seus apoios, entre eles a Consellería de Industria, veñen reclamando ao Goberno Central, a través das campañas mediáticas, a concesión dunha maior capacidade de emisión de gas natural. Segundo a licencia de construcción, a capacidade de emisión nominal e de 322.500 m3/hora. O Consello de Ministros do 31.03.06 aprobou a revisión 2005-2011 do Plan Enerxético, incluindo (con valor indicativo) a nova cifra de 412.800 m3. A autorización ten que solicitarse e tramitarse segundo o artigo 67 da lei 34/1988 de hidrocarburos, e aplicación do R.D. 1434/2002 de 27 de decembro.
A partir de decembro de 2006 voltaron a esixir a cantidade de 825.600 m3/h..
A razón desta ampliación está na redución do marxe de beneficios (50 %) das instalacións de gas natural, aprobadas polo Consello de Ministros do 29.12.2006.
Recentemente publicouse no BOE nº 67 do 18.03.2008 o anuncio no que Reganosa invita a licitar a adxudicación de obra civil de dous novos ORV's (vaporizadores) de 160 Tm/hr, cada un. Data inicio previsible das obras: 3º trimestre 2008. Prazo execución: 50 meses.
Serían evidentes os efectos perniciosos desta posible ampliación, duplicando os verquidos e usos da auga da Ría ata 600.000 m3 diarios, e unha maior afluencia de gaseiros cargados dentro da Ría. Ademáis non ten sentido esta pretensión, xa que Reganosa so ven traballando ao 34 % da súa capacidade nominal.
Transporte de GNL en camión-cisterna
O feito de transportar polas estradas galegas camións – cisterna de 20 Toneladas de GNL, o que equivale a máis de 1.600 bombonas de gas, é unha irresponsabilidade máis de REGANOSA, que responde máis a unha necesidade propagandística que a unha verdadeira demanda enerxética das vilas e industrias a onde vai destinado.
________________
NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
C/C en BBVA, titular:
Ángeles Cuadrado e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0232-77-0201521046
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES80 0182 0232 7702 0152 1046
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon