De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de abril de 2008 18:05
Asunto: Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III
Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III
A Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga”, demandamos do Concello de Ferrol, que inicie o expediente de expropiación dun edificio en Esteiro, dado o seu estado de abandono e a falla de conservación por parte do seu propietario, incumprindo as súas obrigas legais, para dedicalo, unha vez rehabilitado, a Centro Cívico Cultural Municipal do Barrio de Esteiro.
Esta asociación temos denunciado na Delegación Provincial de Cultura, sección de Patrimonio o 19 de decembro do 2006, e tamén no Concello de Ferrol o 20 de decembro de 2006, sendo concelleiro de Urbanismo o Sr. Pita Romero, o estado de deterioro e falla de conservación do edificio singular de Carlos III 34 no cruzamento con Adán y Eva, que é coñecido como Panadería dos Irmáns Bellón. O 17 de febreiro de 2007 ampliamos a nosa denuncia, tanto na Xunta de Galicia como no Concello de Ferrol.
No citado edificio, como tamén denunciamos de maneira oficial, se fixeron obras para agravar o seu deterioro, como afundirlle o tellado e quitarlle as portas e as ventás, temos abondosas fotografías que enviamos ó Concello e á Xunta de Galicia, para favorecer que ese edificio se esborrallase como resultado da acción do tempo, con claras intencións especulativas.
Tanto desde a Xunta de Galicia, como desde o Concello de Ferrol, desde que é concelleiro de Urbanismo o Sr. Mato, se ten requirido ó propietario do citado inmoble, para que efectúe as obras necesarias de conservación e mantemento da súa propiedade, tal e como lle obriga a Lei, devolvéndolle a cuberta ó edificio e selando as portas e ventás, coa indicación de que ese edificio só poderá ser rehabilitado e nunca derrubado. De maneira reiterada o propietario do edificio de Carlos III nº- 34, ignora os requirimentos municipais e de Patrimonio da Xunta de Galicia e o edificio segue a deteriorarse cada vez máis.
Desde Fontelonga apoiamos o compromiso que os actuais responsable de Obras e Vivenda e de Urbanismo, Sres Reimúndez e Mato, teñen coa conservación e rehabilitación da parte vella do Barrio de Esteiro e demandamos que ese compromiso sexa maior e se plasme na iniciación dun expediente de expropiación do edificio da Carlos III nº-34, polo incumprimento reiterado do seu propietario para coas súas obrigas legais.
Desde esta Asociación imos seguir demandando, como xa vimos facendo desde o ano 2001, que se obrigue ós propietarios de edificios en estado de abandono ou mal conservados a cumprir coas súas obrigas legais de coidar ás súas propiedades. É unha obriga dos propietarios e non dos Concellos o manter conservados os edificios que posúen..
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro non imos tolerar ,e imos tomar todas cantas medidas de carácter legal sexan precisas, que o citado edificio singular que ten importantes valores arquitectónicos se esborralle como sucedeu na Praza de Armas con tres edificios dos que , cando menos nun deles, era propietaria a mesma persoa que o é en Carlos III nº34.
A Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga” imos seguir apoiando a firme decisión das concellerías de Urbanismo e Obras de facer cumprir a lexislación urbanística sancionando a quen non o faga, tanto no referente á conservación de edificios, como no referente a exceder o volume de edificabilidade autorizado polo PXOM. Nos pasados días, en resposta a unha denuncia nosa como entidade e de tres socias de maneira particular, se procedeu a derrubar as chemineas dun edificio de Fernando VI que constituían un perigo para as persoas polo seu grao de deterioro e risco eminente de caída.
Desde esta Asociación veciñal imos solicitar no Rexistro da Propiedade a relación de propietarios de edificios en estado de abandono e ruína de Esteiro para proceder a denuncialos , de maneira individualizada, por non cumprir coas súas obrigas e incluso poñer en perigo a integridade das persoas ó non conservar o seu patrimonio.
Tamén imos poñer en coñecemento do Fiscal de Delictos de Urbanismo do TSXG, D. Antonio Roma, a coincidencia de sucesos que se producen ultimamente de maneira relativamente frecuente, como son lumes e esborrallamento de edificios en Ferrol Vello, a Magdalena e Esteiro, para que inicie unha investigación, se o considera oportuno, para esclarecer as causas dos citados sucesos e se hai algún responsable dos mesmos.
Ferrol a 23 de abril de 2008.
Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “ Fontelonga”.
Asdo./ X. Miguel López Pérez, presidente.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fontelonga
Rehabilitación
Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III
xoves, abril 24, 2008
Solicitude de iniciación de expediente de expropiación dun edificio na rúa Carlos III
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, abril 24, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon