xoves, abril 24, 2008

4ª xornada e última do ciclo “Agrocombustibeis a debate”, este Venres, 25 de Abril, no Salón de Actos do Campus de Esteiro da UDC

O vindeiro venres 25 de abril 2008 , ás 17:30 h, no Salón de Actos do Vicerrectorado de Ferrol, no Campus de Esteiro, terá lugar a 4ª xornada e última do ciclo “Agrocombustibeis a debate”, organizado por Verdegaia, SGHN, ADEGA e “A Xoaniña”

Esta xornada, que comeza media hora antes que o resto, estará adicada integramente á proxección de audiovisuais relacionados co tema dos mal chamados biocombustibeis. Ao remate das proxeccións haberá tempo para para o coloquio, e ao remate do acto as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape elaborado con produtos ecolóxicos da Cooperativa A Xoaniña.

Cunha duración aproximada de 1 hora e 44 minutos, a proxección estará formada por dous bloques organizados do seguinte xeito:

BLOQUE 1: 1 hora

* Arxentina: Fame de Soia (34 min.)

Un magnífico documental de 50 minutos, do que veremos os primeiros 36, no que se fala sen tapuxos sobre as implicacións sociais, económicas e ambientais da produción de soia a gran escala na Pampa Arxentina.

* O caso da soia no Brasil: fragmento de “We feed the world” (13 min.)

Veremos un fragmento deste extraordinario documental laureado con varios premios internacionais, no que o biólogo Vincent José Puhl nos contará como as plantacións de soia están substituíndo ás selvas amazónicas no Mato Grosso, en Brasil, para alimentar á gandería dos Estados Unidos e Europa.

* Paraguai 2007: Soberanía violada (13 min.)

Como consecuencia dos plans económicos expansivos do presidente brasileiro Lula e as multinacionais alimentarias, os labregos de Paraguai estanse vendo obrigados a abandonar as súas terras, cercados polas plantacións de soia e millo transxénicos. Os que quedan expóñense a sufrir os efectos terribeis para a saúde das fumigacións con herbicidas e pesticidas.


BLOQUE 2: 44 min.

* Colombia: palma africana e paramilitares (programa de TV “La noche”, 29 min.)

Programa televisivo que investiga sobre os cultivos ilegais de palma africana no Chocó colombiano, unha zona declarada como Reserva da Biosfera. Ante a pasividade das autoridades (complicidade?), os paramilitares expulsan a punta de fusil aos/ás campesiños/as e as compañías de palma implantan impunemente o seu monocultivo a gran escala, deforestando os bosques.

* Indonesia: deforestación e palma africana (10 min.)

Surleste de Asia: Indonesia e Malasia devoran as súas selvas a unha velocidade de vértigo para substituílas por plantacións de palma aceiteira. As cifras son de millóns de hectáreas. As poboacións indíxenas que vivían da riqueza da selva quedan sen medios de subsistencia. Os orangutáns e outras miles de especies ameazadas perden o seu hábitat para sempre. Destrución a toda costa en aras do negocio do aceite de palma.

* Quiero ser tortilla (5 min.)

Simpático audiovisual de Citoplasma e Veterinarios sen Fronteiras que aborda, en clave de humor acedo, o problema dos transxénicos e a súa relación cos agrocombustibeis.

Ao remate do acto as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape elaborado con produtos ecolóxicos da Cooperativa A Xoaniña.

_______________
Crise Alimentaria no mundo


_____________
Unha resposta á crise alimentaria
Pola via campesiña [*]

Os consumidores de todo o mundo han visto que os prezos dos alimentos básicos incrementáronse dramaticamente durante os pasados meses, creando unhas extremadamente difíciles condicións de vida, especialmente para as comunidades máis pobres. Durante o ano pasado, o trigo dobrou o seu prezo, o millo subiu cerca do 50 por cento que fai un ano. Con todo, non hai crise produtiva. As estatísticas mostran que a produción de cereais nunca foi tan alta como en 2007.

Os prezos incrementáronse porque unha parte da produción é agora derivada a agrocombustibles, as reservas globais de comida están no seu momento máis baixo dos últimos 25 anos debido á desregulación dos mercados marcada pola OMC e o tempo extremo que padeceron algúns países exportadores, como Australia. Pero os prezos tamén se incrementaron porque as compañías financeiras especulan coa comida das persoas, xa que anticipan que os prezos dos produtos agrícolas seguirán subindo no futuro próximo. A produción de alimentos, o seu proceso e a súa distribución quedarán cada vez máis baixo o control das empresas transnacionales que monopolizan os mercados.

A traxedia dos agrocombustibles industriais: poden alimentar coches, pero non persoas. Os agrocombustibles (combustibles producidos a partir de plantas, produtos agrícolas e forestais) preséntanse como unha resposta á escaseza de combustibles fósiles e ao arrequecemento global. Os agrocombustibles industriais son un sen sentido económico, social e ambiental. O seu desenvolvemento debe deterse e a produción agrícola debe enfocarse prioritariamente cara á alimentación.

Os pequenos campesiños e os consumidores necesitan prezos xustos e estables, non a actual alta volatilidade. Os pequenos campesiños non poden producir se os prezos son demasiado baixos, como foi o caso durante as últimas décadas. Polo tanto, necesitan regulación dos mercados e a oposición ás políticas da OMC. A actual crise revela que a liberalización do mercado agrícola conduce ao fame e á pobreza.

Os países convertéronse en extremadamente dependentes dos mercados globais. En 1992, os campesiños indonesios producían suficiente soia para abastecer o seu mercado doméstico. O tofu baseado en soia e o tempeh son unha parte importante da dieta diaria en todo o arquipélago. Seguindo a doutrina neoliberal, o país abriu as súas fronteiras ás importacións, permitindo que a entrada de soia estadounidense barata alagase o mercado. Isto destruíu a produción nacional. Hoxe, o 60 por cento da soia que se consome en Indonesia é importada.

A Vía Campesiña cre que para protexer as necesidades vitais, os postos de traballo, a saúde das persoas e o medio ambiente, a alimentación debe permanecer nas mans dos pequenos campesiños sostibles, e non pode deixarse baixo o control das grandes compañías de agronegocios ou de cadeas de supermercados. O OMG e a agricultura industrial non proverán de comida saudable e deteriorarán máis fortemente o medio ambiente.

Os gobernos teñen que desenvolver, promover e protexer a produción local para ser menos dependentes dos prezos mundiais da comida. Isto significa que cada país ou cada sindicato debe ter o dereito de controlar os alimentos importados e o deber de parar cada forma de dumping dos prezos da comida.

Os gobernos teñen tamén que establecer (ou apoiar) mecanismos de xerencia das provisións como uns buffer stocks (inventarios amortiguadores) e asegurar uns prezos mínimos para crear unhas condicións estables para os produtores.

A Vía Campesiña cre que a solución á actual crise dos prezos da comida áchase na soberanía alimentaria. A soberanía alimentaria é o dereito da xente a comida saudable, culturalmente adecuada producida con métodos ecoloxicamente responsables e sostible, é o dereito dos gobernos a definir a súa propia comida e as políticas agrícolas do país sen prexudicar a agricultura doutros países. A soberanía alimentaria pon as aspiracións e as necesidades da xente que produce, distribúe e consome a comida ao centro do sistema de produción alimentaria e das súas políticas máis que as demandas dos mercados e das empresas. A soberanía alimentaria dá prioridade ás economías e aos mercados locais e nacionais e fortalece aos campesiños e á agricultura de condución familiar e a produción alimentaria.

* Movemento internacional que agrupa a organizacións de campesiños e comunidades agrarias indíxenas.
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon