De: santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de junho de 2008 16:30
Asunto: MINISTERIO DE DEFENSA O, DE LA AMENAZA?
Unha flota da OTAN reunirase dende mañá no Arsenal de Ferrol para preparar unhas manobras multinacionais
FERROL, 11 Xuño. EUROPA PRESS.-
Os catro buques militares integrados na unidade permanente da OTAN 'Standing Nato Maritime Group-1' (SNMG-1), que comanda a fragata española F-103 'Blas de Lezo' como buque insignia, permanecerán dende mañá ata o día 16 atracados no muelle do Arsenal militar de Ferrol.
Trátase dunha visita con "carácter operativo", como preparación do exercicio de adestramento multinacional denominado Loyal Mariner organizado pola Alianza Atlántica. O contralmirante ferrolano Juan Rodríguez Garat está ao mando da Agrupación. Xunto con a F-103, prevese a chegada dos buques "FGS Lüebeck", da República Federal de Alemaña, o 'Vasco da Gama', de Portugal, e o 'USS Nicolas' de Estados Unidos.
A SNMG-1 é unha agrupación naval multinacional, permanentemente asignada á OTAN, que proporciona á Alianza a capacidade de responder a situacións de crise en calquera lugar, e con capacidade para actuar independentemente.
A Agrupación é un dos catro elementos permanentes da OTAN, entorno ao que se pode constituír unha forza maior capaz de dar resposta a diferentes misións, como evacuacións de non combatentes, actuacións de contraterrorismo, resposta a crise e operacións de embargo, entre outras.
Nos últimos meses a agrupación realizou exercicios no Océano Atlántico e o Mar Báltico e, recentemente, contribuíu á Operación Active Endeavour no Mediterráneo Occidental.
Nas próximas semanas participará no Exercicio Loyal Mariner 2008, no que se someterá a unha proba de certificación para o período de garda da NATO Response Force, no segundo semestre de 2008. Antes de chegar a Ferrol, a Agrupación visitou os portos de Dublín (Irlanda), Glasgow (Reino Unido), Hamburgo (Alemaña) e Lisboa (Portugal).
Enlace coa noticia orixinal
MINISTERIO DE DEFENSA OU, DA AMEAZA?
Poden coincidir ata 25 buques de guerra no arsenal militar de Ferrol [cargados de caramelos e xoguetes para os nenos], gaseros na ría e, que tal se cargamos de yijadistas un boeing 747 e dirixímolo cara ao aeroporto da Coruña, a través do corredor aereo que atravesa a coidade de Ferrol e a regasificadora de mugardos (REGANOSA)?
___________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Documentación
Planta de gas
Reganosa
Unha flota da OTAN reunirase dende mañá no Arsenal de Ferrol para preparar unhas manobras multinacionais
xoves, xuño 12, 2008
Unha flota da OTAN reunirase dende mañá no Arsenal de Ferrol para preparar unhas manobras multinacionais
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xuño 12, 2008
Artigos relacionados
- O LNG Tanker "Arctic Princess" puxo rumbo hoxe, 13 de maio de 2021, ao porto de Las Pal
- Este Ventres, 17 de Xullo de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia presentou no rexistro n
- A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation) e o Comi
- [Estado en que quedou a planta de ciclo combinado "Kleen Energy de 620MW" logo da explosi
- Este domingo 5 de febreiro lembramos ás compañeiras e compañeiros que finaron
- Tendo en conta o conflito en curso en Ucraína, case parece non apropiado discutir outros
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon