Amosando publicacións coa etiqueta Planta de gas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Planta de gas. Amosar todas as publicacións

luns, febreiro 22, 2010

A Comisión de Peticións do PE, vai tratar a Petición N° 1322/2007 sobre a planta regasificadora de Reganosa, este Martes 23 de Febreiro de 2010

O vindeiro Martes 23 de Febreiro de 2010 a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, vai retomar o asunto da Petición N° 1322/2007, presentada por Yolanda Díaz Pérez, en nome de Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, en nome da Federación Roi Xordo de AAVV da zona urbana de Ferrol, e Bernardo Bastida Sixto, en nome da Confradía de Pescadores de Ferrol. Esta Petición fora formulada en Novembro de 2007, mais admitida a trámite o 7 de Maio de 2009.

A Comisión de Peticións pideu á Comisión Europea que facilitara información (artígo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo) e esta respostou o pasado 25 de Setembro de 2009, cun Informe con proposta de resolución que a Comisión de Peticións transcribeu nun documento en forma de "COMUNICACIÓN AOS MEMBROS" [http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/documents/peti/cm/742/742551/742551es.pdf], para tratar no Plenario da Comisión de Peticións. Nun principio o asunto ía-se tratar no Plenario celebrado os pasados 1 e 2 de Decembro de 2009, máis quedou adiado para o seguinte Plenario a celebrar o 27 Xaneiro de 2010, mais xa non figuraba no Documento de Traballo para o citado Plenario, polo que quedou adiado o asunto para o seguinte que se vai celebrar, en Bruxelas, o xa citado 23 de Febreiro, asunto que figura no ponto 10 da orde do día e referencia 429.587 CM [http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20100127_1500.htm].

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, reunido no mes de Xaneiro deste 2010, para preparar unha ampliación argumental e documental á Petición N° 1322/2007, tendo como referencia a reunión de Xaneiro, preparou un documento que posteriormente revisou ao coñecer-se que non se ía tratar o asunto na reunión do Plenario da Comisión de Peticións do citado Xaneiro, documento de ampliación que foi revisado polos servizos xurídicos do Comité Cidadán e xa rexistrados na Comisión de Peticións.

Nun principio estaba prevista a comparecencia de varios membros do Comité Cidadán na reunión do Plenario da Comisión de Peticións, mais á hora de redactar este escrito non hai confirmación oficial da mesma.

Por outra banda Esquerda Unida xa anunciou publicamente que tamén ía presentar unha ampliación de documentación.

Nota.-
Nas póximas horas ampliaremos a información
____________________

Relacionadas:
___________________________________

Fonte: Accións contra Reganosa nas institucións europeas
[Blogue de Traballo do CA21]
___________________________

domingo, febreiro 21, 2010

Solidariedade do Comité Cidadán cos mariscadores, diante do xulgamento do vindeiro 22 de Febreiro, por unha acción na defensa da Ría e do seu emprego

Solidaridade do Comité Cidadán de Emerxencia cos 14 mariscadores acusados

Mañá, luns 22 de febreiro, no Xulgado do Penal de Ferrol, xúlgase a 14 mariscadores acusados pola fiscalía do delito de desordes públicas e para os que se pide nove meses de cárcere e unha indemnización á Autoridade Portuaria.

Os sucesos ocorreron o 30 de maio de 2007, cando un grupo de mariscadores entrou ao despacho do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Amable Dopico, solicitando un determinado documento relativo á entrada a Reganosa do gaseiro "Mourad Didouche", documento que Dopico se negaba a mostrar, alegando que non existía e que por fin “atopou” logo de tres horas de peche, tras o cal os mariscadores abandonaron o edificio.

Mentres isto ocorría, o Patron Maior da Confraría, Bernardo Bastida, estaba detido, e un gran número de persoas, convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaban o porto, en protesta pola entrada ilegal de Gaseiros ao interior da nosa Ría.

Este Comité Cidadán de Emerxencia solidarízase cos acusados, estará presente mañá ás 10 horas no Xulgado, e considera que a causa debe ser sobreseida, tendo en conta que estes mariscadores actuaban en defensa da legalidade, dos seus postos de traballo e da vida e a seguridade dos habitantes da Ría de Ferrol.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol.

comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de fevereiro de 2010 18:15
__________________

Enlaces relacionados que dan unha visión do clima de indignación e loita dos días 29 e 30 de Maio de 2007:
________________________

O Comité Cidadán de Emerxencia informa: A planta de Reganosa estivo por baixo dos mínimos da seguridade técnica


A PLANTA DE REGANOSA ESTIVO POR BAIXO DOS MÍNIMOS DA SEGURIDADE TÉCNICA

De acordo co protocolo de Admisibilidade PD-09, de título “cálculo de rangos admisibles para os valores das variabeis básicas de control dentro dos rangos normais de operación do sistema”, aprobado pola Dirección de Política Enerxética e Minas, en abril de 2007, fala da necesidade de que cada planta de regasificación dispoña de un volume mínimo –gas talón- para poderse asegurar que se vai poder relicuar o gas de boil-off, que se xera de xeito natural nos tanques evitando así a súa emisión á atmosfera. A xeración de gas boil-off é inevitabel dada a baixa temperatura do GNL no ambiente, a pesar do illamento con que contan os tanques.

Para reducir a cantidade de gas no interior dos tanques, faise circular o gas boil-off a través de un relicuador polo que se fai circular un volume moito maior de GNL de xeito que se enfría o gas licuandose, sin quentar demasiado o GNL que e devolto ao tanque. Se a cantidade disponíbel de GNL no tanque é pequena, este proceso pode levar á progresiva vaporización do GNL, pola elevación da súa temperatura, forzando á súa emisión á atmosfera ou a queimalo no combustor, para impedir o ascenso da presión no interior do tanque .

Enagas, como xestor do sistema, a miúdo considera como valor medio do gas talón para cada planta un 9% da súa capacidade total. Ou sexa, no caso de Mugardos con dous tanques de 150.000 m3 debería sempre estar por riba de 27.000 m3 de GNL entre os dous tanques.

Noutros documentos, o xestor técnico do sistema gasístico, por riba do gas talón de 27.000 m3 hai outro límite maior que ENAGAS chama "existencia mínima por seguridade técnica" no caso de Reganosa é 51.246 m3, da forma indicada no documento “mínimos técnicos zonales” para o mes de febreiro de 2010.

Mirando a programación de febreiro, actualizada ao 17/02/201, mostra que o 13, 14, 15 e 16 de febreiro, a planta Reganosa estaba por baixo da existencia mínima por seguridade técnica, rozando tamén o valor do gas talón de 27.000 m³. En realidade, é a primeira vez que un gaseiro que entra na marea da tarde (17:47 de martes 16 de febreiro), chegou a descargar 3.900 m3 de GNL antes das 12 da noite, cando o proceso de amarre rematou mas tarde das 18:30 horas e o posterior e obrigado protocolo de revisións necesario antes de iniciar a descarga ocupa varias horas. Debían estar moi apurados para actuar así

Unha vez mais se confirma que esta planta e deficitaria pola baixa contratación que as empresas comercializadoras fan. Así polos datos dispoñibles: As Plantas de Sagunto, Bilbao e Cartaxena teñen establecido un mínimo técnico máis do dobre de Mugardos. No caso de Huelva e Barcelona, o seu valor é cinco veces maior.

Estes datos demostran a realidade do mercado: A planta de Mugardos e totalmente innecesaria, case toda a demanda a cobren as demais (Reganosa só aporta o 6,5% do total) e só está a dar custos para o sistema de gas, que está obrigado a restituír o investimento feito, aínda que a Planta so aporte unha cantidade simbólica ao conxunto do sistema gasista.

Ferrol a 19 de Febreiro de 2010

Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol.

comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de fevereiro de 2010 22:32
__________________

Enlace relacionado:

_______________________

sábado, febreiro 20, 2010

Reganosa baixo mínimos, e as condicións meteorolóxicas adversas na Ría de Ferrol, fixeron activar a alarma no sistema gasístico da península


REGANOSA BAIXO MÍNIMOS

Este Xoves, 17 de Febreiro de 2010, a xestora técnica do sistema gasístico estatal -ENAGAS- emitía unha nota informativa sobre a alerta que causou a situación de mínimos de Reganosa complicada polas condicións atmosféricas adversas.

Esta é a nota que publicou ENAGAS:

"Nota de Operación Nº03 - 17.02.2010 (Cont. 2 e Final)[*]

Ante a eventualidade de que persistisen as condicións atmosféricas adversas durante o día de onte martes e fora preciso chegar a ter que parar a produción da Planta para manter as existencias mínimas de seguridade, preparáronse para a súa posible activación, as medidas previstas para este caso no Acordo de Asistencia Mutua ENAGÁS-REN, consistentes na achega a través da conexión de Valença-Tui de cantidades de gas suplementarias. Desde o propio luns, o sistema gasistico configurouse para conseguir a máxima achega de gas á Zona IV (Galicia- Asturias) desde a Vía da Prata e os gasodutos Burgos-Santander.

O buque finalmente puido realizar a súa manobra de entrada e atracada, e proceder ao comezo da súa descarga na tarde noite de onte martes. As medidas de Asistencia Mutua desactiváronse sen chegar a implementarse. Debemos destacar a actitude positiva e de total colaboración de REN.

Mantense a atención a toda a demanda programada".

A actividade de Reganosa está baixo mínimos. O Comité Cidadán de Emerxencia ven informando desta situación nos últimos meses, somado a algo tamén reiteradamente denunciado polo mesmo Comité, sobre a persistencia de condicións atmosféricas adversas perante moitos días no ano que obrigan a retrasar a descarga dos buques gaseiros e a que estes permanezan proximos á costa ou, como nalgún caso ten acontecido, teñan que virar mesmo case na bocana da Ría (LNG Finima, LNG Lokoja, ...), convertindo todas estas operacións en situacións de risco extremo para a población desta comarca.

Son unha ducia, os buques gaseiros cargados con GNL que até agora tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. Dun total de 60 buques, 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, é dicer o 20%. Estas condicións meteorolóxicas tan frecuentes no golfo Ártabro, non permiten aos prácticos portuarios, entrar cos buques polo angosto canle da Ría de Ferrol. A existencia de Reganosa ve-se unha vez máis xustificada só polo volume de negocio basado na especulación do chan, concesións portuarias, e subsidios públicos que teñen os seus promotores.

Reganosa mentiu ao presentar o seu proxecto para que lle fose concedida a licenza tanto de construción como de entrada en funcionamento. Estas mentiras, entre outras sobre a súa carteira de clientes, está pondo en perigo o sistema gasístico. Reganosa leva tempo funcionando a mínimos, sen cumplir cos seus compromisos de inxectar gas no sistema. Asi aconteceu estes días, mais nom é a primeira vez que Reganosa chega aos límites co chamado "gas de manobra", que é a porcentaxe de gas que se pode utilizar para manter a planta dentro dos límites de temperatura e seguridade. Xa no pasado mes de Outubro, a xestora técnica gasística obrigou a Reganosa a contratar un buque que ía con rumbo a Barcelona, pois detectaron a situación crítica da planta regasificadora de Mugardos [Protocolo de Rangos Admisibles PD-09 **]. Mesmo a Comisión Nacional de Energía, CNE, no seu Informe 34/2009 que xa temos publicado en Ártabra 21, dicia:

" A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización". [***]

_____

[*] Acceder ou Baixar a Nota orixinal de ENAGAS en formato -pdf- :
[**] Protocolo de Rangos Admisibles PD-09: "é un protocolo aprobado pola Dirección de política Enerxética e Minas en abril do 2007, onde fala da necesidade de que cada planta de regasificación dispoña dun volume mínimo -gas talón- para asegurar que se vai poder relicuar o gas de boil-off que se xera de forma natural nos tanques evitando así a súa emisión á atmosfera"

[***] Artigo publicado en Ártabra 21 sobre o Informe 34/2009 da CNE

Fontes: Comité Cidadán e Enagas

Información baseada na enviada por:
Ferrol-Cape
-ferrol.cape@gmail.com-
19 de fevereiro de 2010 15:37
_______________

Enlaces relacionados:
________________________

Enlace de interese:

REAL DECRETO 949/2001, de 3 de agosto, polo que se regula o acceso de terceiros ás instalacións gasistas e establécese un sistema económico integrado do sector de gas natural. [Con análise xurídico da disposición]
________________________

Nom à criminalizaçom da luita contra a planta de gás


Solidariedade com os repressaliados

Catorze mariscadores serám julgados 22 de Fevereiro em relaçom com um acto de protesto contra REGANOSA na Autoridade Portuária de Ferrol. Os factos remontam-se a 30 de Maio de 2007, data na que os acusados, membros da Confraria de Pescadores de Ferrol, protagonizárom um encerramento no escritório do entom presidente, Amable Dopico.

A fiscalia pede para cada um dos participantes no encerramento, nove messes de prisom.

Como já temos experiência em repressom judicial contra movimentos populares e de classe nom podemos mais do que qualificar esta proposta de condena como de política, com a intencionalidade de blindar a intocabilidade dos responsáveis políticos de umha decisom injusta e ilegal, como a instalaçom de umha planta de gás em plena ria e num núcleo povoado como Mehá, e também de amedonhar aos sectores mais activos nos protestos (os sectores mais directamente afectados, pescadores, mariscadores...) para assim debilitar ao movimento popular e derrotá-lo.

Nom podemos permitir que estes catorze membros do movimento popular fiquem sozinhos perante o intento do poder judicial espanhol de impôr-lhes puniçons “exemplarizantes”. O movimento contra a Planta de Gás nom pode recuar, porque as suas reivindicaçons som justas e porque nom se pode consumar um abuso político com tintes criminosos como este.

NÓS-Unidade Popular manifesta a sua solidariedade com os mariscadores e solicita que se arquivem as diligências.

Absoluçom dos processados!!! Planta de Gás fora da Ria!!!!!

Assembleia Comarcal de NÓS-UP em Trasancos

19-02-2010

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
19 de fevereiro de 2010 15:49
_______________________

Web Oficial de Nós-UP:
http://www.nosgaliza.org/
________________________________

martes, febreiro 16, 2010

Abortada entrada gaseiro nº 60

Unha vez máis, o LNG Catalunya Spirit houbo desistir da entrada na Ría de Ferrol, por mor das condicións do vento.

De 60 gaseiros o nº de entradas abortadas foi de 12, o que supón o 20% do total sendo un indicativo das condicións singulares da Ría de Ferrol e da non idoneidade da ubicación da Planta de Gas no interior dela.

O recente accidente pola explosión de gas na planta de ciclo combinado en Conneticut (USA) pon ao día a peligrosidade dunha instalación como Reganosa  que en caso de accidente, tanto na Planta como nun gaseiro, causaría miles de vítimas. Esta instalación que actualmente traballa ao 30 % da súa capacidade -para manter a sua actuividade, teñen pechado o gasoducto de Tui- é unha instalacion non so peligrosa e ilegal senon deficitaria e que soportamos o conxunto dos cidadáns  pagando un gas máis caro para o beneficio exclusivo dos promotores. Estes recibiron no pasado ano 60 MM de euros do Sistema Gasístico, ou sexa do peto de todos.

Unha vez máis o CCE demanda dos poderes públicos o peche desta instalación e a apertura dos gasoductos.

Relacion de gaseiros cargados con GNL que abortaron a súa entrada na Ría de Ferrol, para descargar na planta de Reganosa, por culpa das condicións metereolóxicas:

LNG Cheik el Mokrany (05/02/2008), LNG Mourad Didouche (24/03/2008), LNG Edo(16/10/2008), Madrid Spirit (20/10/2008), Bilbao Knutsen ( 25/11/2008) , LNG Lagos (13/12/2008 e 14/12/2008), Madrid Spirit (29/08/2009), LNG Finima (13/11/2009 e 14/11/2009), LNG Lokoja (28/11/2009), LNG Catalunya Spirit (15/02/2010).

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
16 de fevereiro de 2010 21:16

__________________________

De novo un buque cargado con GNL para Reganosa tivo que abortar o seu intento de entrada na Ría por mor do forte vento



E xa van 12, xa son unha ducia os buques gaseiros, cargados con GNL, os que tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. Estes representan o 20% do total, de 60 buques 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, fortes ventos fixeron desistir aos prácticos portuarios no seu intento de entrar polo angosto canle de entrada á Ría de Ferrol.

O Catalunya Spirit tiña prevista a súa chegada a Reganosa este Luns 15 de Febreiro de 2010, mais como xa dixemos non puido entrar, o forte vento desta tarde foi o "culpábel". Mais mañá coincidindo coa pleamar diúrna, único momento no que o buque pode atravesar a canle da Ría e atracar no peirao da regasificadora de Mugardos en Punta Promontorio, vai-no intentar de novo, até conseguir deixar a súa perigosa carga.

Reganosa, ao traer este buque, voltará de novo, coa complicidade da Xunta, dos concellos de Mugardos e Ferrol, do Goberno de Madrid, a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta de gas, instalada no corazón da nosa Ría, ameazando a seguridade e vida das miles de persoas que moramos na súa contorna.



A pesar de que o buque non entrou, o Comité Cidadán realizou a súa acción de protesta, unha acción que pretende avisar á poboación do perigo da presencia dun buque cargado con GNL dentro da Ría, así como para denunciar mais unha vez a instalación da planta de gas dentro da Ría, todo un despropósito: perigoso, irracional e corrupto.

Polo seu interese achegamos un artigo de Lorena Bustabad, publicado hoxe no xornal El País na súa edición para Galiza.

Reganosa intenta enviar gas a Portugal por Tui

Por Lorena Bustabad
15.02.2010

A posibilidade de espremer a regasificadora galega, que traballa a medio gas, para fornecer enerxía a Portugal, vai tomando corpo. Gas Natural, que logo de comprar Unión Fenosa controla o 21% do accionariado da planta, despunta como operador independente no mercado luso. Cunha produción de 2,2 millóns de megavatios hora en 2009, pechou un acordo con Reganosa o mes pasado para rendibilizar a proximidade da planta -a 200 quilómetros da fronteira portuguesa- para penetrarse no mercado luso polo Norte. A única regasificadora portuguesa está en Sines, ao sur de Lisboa e esta distancia deixa de ser un competidor para a terminal galega.

Gas Natural xa se asegurou o transporte e a distribución nese país mediante acordos co xestor REN e os operadores Galp e EDP. Esta opción de negocio tamén abre novas vías para Reganosa, que pechou 2009 cun descenso na produción do 26%, mentres a demanda nacional recortábase un 8%. A terminal de Mugardos rexistrou a caída máis acusada das seis plantas da rede estatal.

Proxecto de Feijóo

A posibilidade de explotar unha gran vía gasista de Galicia ao norte de Portugal tamén forma parte do proxecto que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo expuxo ao primeiro ministro luso na reunión que ambos os mandatarios mantiveron a semana pasada en Lisboa. Feijóo reclamou un novo gasoduto de alta presión que José Sócrates se comprometeu a estudar.

A exportación de gas desde Reganosa a Portugal permitirá reabrir o gasoduto de Tui, pechado desde 2008. Por este conduto de dobre sentido, capaz de transportar 23 gigavatios por hora cada día, subía o gas africano a Galicia ata que comezou a funcionar a terminal de Mugardos, en maio de 2007.

O último informe anual de Enagás coloca a terminal de Mugardos ao 35% da súa capacidade. Foi a última en construírse. Tamén a máis pequena e polémica. Abastécese, fundamentalmente, de gas de Nixeria, Alxeria ou Trinidad e Tobago. Os seus opositores, agrupados no Comité Cidadán de Emerxencia, cren que "a planta é innecesaria" e pouco máis que "un proxecto especulativo". protestaron contra a chegada de todos e cada un dos 58 buques metaneros que atracaron nos peiraos de Reganosa.

Fonte: elpais.com
_________________________