domingo, febreiro 21, 2010

O Comité Cidadán de Emerxencia informa: A planta de Reganosa estivo por baixo dos mínimos da seguridade técnica


A PLANTA DE REGANOSA ESTIVO POR BAIXO DOS MÍNIMOS DA SEGURIDADE TÉCNICA

De acordo co protocolo de Admisibilidade PD-09, de título “cálculo de rangos admisibles para os valores das variabeis básicas de control dentro dos rangos normais de operación do sistema”, aprobado pola Dirección de Política Enerxética e Minas, en abril de 2007, fala da necesidade de que cada planta de regasificación dispoña de un volume mínimo –gas talón- para poderse asegurar que se vai poder relicuar o gas de boil-off, que se xera de xeito natural nos tanques evitando así a súa emisión á atmosfera. A xeración de gas boil-off é inevitabel dada a baixa temperatura do GNL no ambiente, a pesar do illamento con que contan os tanques.

Para reducir a cantidade de gas no interior dos tanques, faise circular o gas boil-off a través de un relicuador polo que se fai circular un volume moito maior de GNL de xeito que se enfría o gas licuandose, sin quentar demasiado o GNL que e devolto ao tanque. Se a cantidade disponíbel de GNL no tanque é pequena, este proceso pode levar á progresiva vaporización do GNL, pola elevación da súa temperatura, forzando á súa emisión á atmosfera ou a queimalo no combustor, para impedir o ascenso da presión no interior do tanque .

Enagas, como xestor do sistema, a miúdo considera como valor medio do gas talón para cada planta un 9% da súa capacidade total. Ou sexa, no caso de Mugardos con dous tanques de 150.000 m3 debería sempre estar por riba de 27.000 m3 de GNL entre os dous tanques.

Noutros documentos, o xestor técnico do sistema gasístico, por riba do gas talón de 27.000 m3 hai outro límite maior que ENAGAS chama "existencia mínima por seguridade técnica" no caso de Reganosa é 51.246 m3, da forma indicada no documento “mínimos técnicos zonales” para o mes de febreiro de 2010.

Mirando a programación de febreiro, actualizada ao 17/02/201, mostra que o 13, 14, 15 e 16 de febreiro, a planta Reganosa estaba por baixo da existencia mínima por seguridade técnica, rozando tamén o valor do gas talón de 27.000 m³. En realidade, é a primeira vez que un gaseiro que entra na marea da tarde (17:47 de martes 16 de febreiro), chegou a descargar 3.900 m3 de GNL antes das 12 da noite, cando o proceso de amarre rematou mas tarde das 18:30 horas e o posterior e obrigado protocolo de revisións necesario antes de iniciar a descarga ocupa varias horas. Debían estar moi apurados para actuar así

Unha vez mais se confirma que esta planta e deficitaria pola baixa contratación que as empresas comercializadoras fan. Así polos datos dispoñibles: As Plantas de Sagunto, Bilbao e Cartaxena teñen establecido un mínimo técnico máis do dobre de Mugardos. No caso de Huelva e Barcelona, o seu valor é cinco veces maior.

Estes datos demostran a realidade do mercado: A planta de Mugardos e totalmente innecesaria, case toda a demanda a cobren as demais (Reganosa só aporta o 6,5% do total) e só está a dar custos para o sistema de gas, que está obrigado a restituír o investimento feito, aínda que a Planta so aporte unha cantidade simbólica ao conxunto do sistema gasista.

Ferrol a 19 de Febreiro de 2010

Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol.

comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de fevereiro de 2010 22:32
__________________

Enlace relacionado:

_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon