REGANOSA BAIXO MÍNIMOS
Este Xoves, 17 de Febreiro de 2010, a xestora técnica do sistema gasístico estatal -ENAGAS- emitía unha nota informativa sobre a alerta que causou a situación de mínimos de Reganosa complicada polas condicións atmosféricas adversas.
Esta é a nota que publicou ENAGAS:
"Nota de Operación Nº03 - 17.02.2010 (Cont. 2 e Final)[*]
Ante a eventualidade de que persistisen as condicións atmosféricas adversas durante o día de onte martes e fora preciso chegar a ter que parar a produción da Planta para manter as existencias mínimas de seguridade, preparáronse para a súa posible activación, as medidas previstas para este caso no Acordo de Asistencia Mutua ENAGÁS-REN, consistentes na achega a través da conexión de Valença-Tui de cantidades de gas suplementarias. Desde o propio luns, o sistema gasistico configurouse para conseguir a máxima achega de gas á Zona IV (Galicia- Asturias) desde a Vía da Prata e os gasodutos Burgos-Santander.
O buque finalmente puido realizar a súa manobra de entrada e atracada, e proceder ao comezo da súa descarga na tarde noite de onte martes. As medidas de Asistencia Mutua desactiváronse sen chegar a implementarse. Debemos destacar a actitude positiva e de total colaboración de REN.
Mantense a atención a toda a demanda programada".
A actividade de Reganosa está baixo mínimos. O Comité Cidadán de Emerxencia ven informando desta situación nos últimos meses, somado a algo tamén reiteradamente denunciado polo mesmo Comité, sobre a persistencia de condicións atmosféricas adversas perante moitos días no ano que obrigan a retrasar a descarga dos buques gaseiros e a que estes permanezan proximos á costa ou, como nalgún caso ten acontecido, teñan que virar mesmo case na bocana da Ría (LNG Finima, LNG Lokoja, ...), convertindo todas estas operacións en situacións de risco extremo para a población desta comarca.
Son unha ducia, os buques gaseiros cargados con GNL que até agora tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. Dun total de 60 buques, 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, é dicer o 20%. Estas condicións meteorolóxicas tan frecuentes no golfo Ártabro, non permiten aos prácticos portuarios, entrar cos buques polo angosto canle da Ría de Ferrol. A existencia de Reganosa ve-se unha vez máis xustificada só polo volume de negocio basado na especulación do chan, concesións portuarias, e subsidios públicos que teñen os seus promotores.
Reganosa mentiu ao presentar o seu proxecto para que lle fose concedida a licenza tanto de construción como de entrada en funcionamento. Estas mentiras, entre outras sobre a súa carteira de clientes, está pondo en perigo o sistema gasístico. Reganosa leva tempo funcionando a mínimos, sen cumplir cos seus compromisos de inxectar gas no sistema. Asi aconteceu estes días, mais nom é a primeira vez que Reganosa chega aos límites co chamado "gas de manobra", que é a porcentaxe de gas que se pode utilizar para manter a planta dentro dos límites de temperatura e seguridade. Xa no pasado mes de Outubro, a xestora técnica gasística obrigou a Reganosa a contratar un buque que ía con rumbo a Barcelona, pois detectaron a situación crítica da planta regasificadora de Mugardos [Protocolo de Rangos Admisibles PD-09 **]. Mesmo a Comisión Nacional de Energía, CNE, no seu Informe 34/2009 que xa temos publicado en Ártabra 21, dicia:
" A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización". [***]
_____
[*] Acceder ou Baixar a Nota orixinal de ENAGAS en formato -pdf- :
[**] Protocolo de Rangos Admisibles PD-09: "é un protocolo aprobado pola Dirección de política Enerxética e Minas en abril do 2007, onde fala da necesidade de que cada planta de regasificación dispoña dun volume mínimo -gas talón- para asegurar que se vai poder relicuar o gas de boil-off que se xera de forma natural nos tanques evitando así a súa emisión á atmosfera"
[***] Artigo publicado en Ártabra 21 sobre o Informe 34/2009 da CNE
Fontes: Comité Cidadán e Enagas
Información baseada na enviada por:
Ferrol-Cape
-ferrol.cape@gmail.com-
19 de fevereiro de 2010 15:37
_______________Enlaces relacionados:
- Ártabra 21: Abortada entrada gaseiro nº 60
- Ártabra 21: De novo un buque cargado con GNL para Reganosa tivo que abortar o seu intento de entrada na Ría por mor do forte vento
- Ártabra 21: "Ladran, porque cabalgamos Sancho"
- Ártabra 21: A perla da Ría era falsa
- Ártabra 21: Por unha información veraz
Enlace de interese:
REAL DECRETO 949/2001, de 3 de agosto, polo que se regula o acceso de terceiros ás instalacións gasistas e establécese un sistema económico integrado do sector de gas natural. [Con análise xurídico da disposición]
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon