Unha vez máis, o LNG Catalunya Spirit houbo desistir da entrada na Ría de Ferrol, por mor das condicións do vento.
De 60 gaseiros o nº de entradas abortadas foi de 12, o que supón o 20% do total sendo un indicativo das condicións singulares da Ría de Ferrol e da non idoneidade da ubicación da Planta de Gas no interior dela.
O recente accidente pola explosión de gas na planta de ciclo combinado en Conneticut (USA) pon ao día a peligrosidade dunha instalación como Reganosa que en caso de accidente, tanto na Planta como nun gaseiro, causaría miles de vítimas. Esta instalación que actualmente traballa ao 30 % da súa capacidade -para manter a sua actuividade, teñen pechado o gasoducto de Tui- é unha instalacion non so peligrosa e ilegal senon deficitaria e que soportamos o conxunto dos cidadáns pagando un gas máis caro para o beneficio exclusivo dos promotores. Estes recibiron no pasado ano 60 MM de euros do Sistema Gasístico, ou sexa do peto de todos.
Unha vez máis o CCE demanda dos poderes públicos o peche desta instalación e a apertura dos gasoductos.
Relacion de gaseiros cargados con GNL que abortaron a súa entrada na Ría de Ferrol, para descargar na planta de Reganosa, por culpa das condicións metereolóxicas:
LNG Cheik el Mokrany (05/02/2008), LNG Mourad Didouche (24/03/2008), LNG Edo(16/10/2008), Madrid Spirit (20/10/2008), Bilbao Knutsen ( 25/11/2008) , LNG Lagos (13/12/2008 e 14/12/2008), Madrid Spirit (29/08/2009), LNG Finima (13/11/2009 e 14/11/2009), LNG Lokoja (28/11/2009), LNG Catalunya Spirit (15/02/2010).
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
16 de fevereiro de 2010 21:16
__________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, febreiro 16, 2010
Abortada entrada gaseiro nº 60
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, febreiro 16, 2010
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon