domingo, xaneiro 03, 2010

"Ladran, porque cabalgamos Sancho"

Unha vez máis, Reganosa sae aos medios de comunicación, este fin de ano, cunha campaña de imaxe e medias verdades, posibelmente elaborada pola redacción da axencia  INCIS, empresa de Santiago de Compostela, contratada desde o 2001 pola empresa regasificadora. A campaña de imaxen busca contrarrestar a denuncia do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de que a planta de Mugardos estaba a baixo rendemento, moi por debaixo da súa capacidade operativa. Para mostra, basta ver a lista dos buques gaseiros que arribaron ao terminal de Punta Promontorio, só 21 dos 50 previstos no proxecto. Esta denuncia demostraba que a Planta Regasificadora é a todas luces innecesaria, tendo en conta ademais o peche do gasoduto de Tui que abastecía á rede na Galiza, con gas moito máis barato. Ante a reacción da empresa frente a esta denuncia só queda decir "Ladran, porque cabalgamos Sancho".


Mais que é o que quere ocultar Reganosa ?

Esta é a realidade que pretende ocultar Reganosa

O desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización

Título: Informe 34/2009 da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de orde pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas e a retribución das actividades reguladas do sector gasista para o ano 2010.
Autor: Consello de Administración
Data: 28 de Decembro de 2009
Referencia: 155/2009

Fonte: http://www.cne.es/cne/Publicaciones?accion=3&id=2047&id_nodo=32

No informe mencionado, nas páxinas 17 e 18, figura textualmente, en español, o que a continuación publicamos en galego:

4.3 Comentarios particulares

4.3.1 Peaxes de descarga de buques

A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización.

Cabe sinalar que, durante o período comprendido entre xaneiro e outubro de 2009, e tendo en conta a caída da demanda, a regasificación na planta de Mugardos diminuíu un 26,6% respecto ao mesmo período do ano anterior, diminución superior ao resto de plantas do sistema (Véxase o Cadro 8).

Considérase que se deberían analizar as causas de devandita variación, para determinar en que medida esta é consecuencia da evolución da demanda rexistrada nos últimos meses, e xa que logo responde a unha situación temporal, ou resulta máis ben dun problema estrutural de demanda en devandita planta. Dependendo da causa, os remedios que se requiran para resolver o problema serán diferentes.

Cadro 8. Regasificación por plantas (GWh)

Planta

Xaneiro - Outubro 2008 Xaneiro - Outubro 2009 Taxa de variación (%)
Barcelona 64.045 58.864 -8,1%
Huelva 50.019 50.209 0,4%
Cartaxena 39.178 37.453 -4,4%
Bilbao 47.725 41.836 -12,3%
Sagunto 55.610 55.795 0,3%
Mugardos 18.040 13.233 -26,6%
TOTAL 274.617 257.390 -6,3%
Fonte: GTS
Nota: Inclúese a carga en cisternas

Neste sentido, as cantidades que os axentes regasifican en cada planta dependen de diversos factores, entre os que se atopan a distancia desde as plantas de licuefacción, as restricións á operación das plantas, a posibilidade de realizar transaccións con outros axentes comercializadores, etc. Polo tanto, a modificación da peaxe de descarga de buques é un elemento que favorece a utilización da mesma, pero que en ningún caso garante unha utilización superior, o que dependerá esencialmente dos custos de trasladar devandito gas e fretes asociados [9].

[9] No informe 34/2006 da CNE sobre a proposta de Orde pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas, explícase a diferenza existente entre os custos de trasladar un buque desde o Mediterráneo ás plantas do norte (aproximadamente 100.000 €) e o incentivo existente nas peaxes de descarga de buques (que aplicando as peaxes da proposta de Orde resulta en aproximadamente 78.000 €).

Fonte: Informe 34/2009 da CNE

__________________

Ademais de páxinas completas de publicidade coas "excelencias" da planta de gas, Reganosa elabora noticias que a maioría dos medios reproducen integramente e lles dá un espazo nas súas portadas, tanto nos medios convencionais impresos como nos audio-visuais e dixitais.

Reganosa nalgúns medios:

E así poderíamos seguir poñendo noticias aparecidas na rede cos mesmos titulares, máis "para proba un botón".

Nota: Consideramos a necesidade do estudo por parte dos nosos técnicos, o máis axiña posíbel, do Documento referenciado como Informe 34/2009 da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de orde ...  , pois nas súas 62 páxinas hai asuntos de suma importancia que afectan a Reganosa, como pode ser a previsión de disminución  nun aproximado 14% da demanda de GNL para os ciclos combinados ou mesmo partes do informe onde menciona a planta de Mugardos, sen asignar-lle previsións para o 2010 e noutros casos reduccións do 100% en peaxes asignados co respeito ao 2009.

Se non se poidera descargar, o Documento, da páxina da CNE, o CA21 dispon de copia do documento en formato  -PDF-, quen o necesite pode solicirá-lo a:
artabra21@gmail.com

SAÚDE, LIBERDADE E BON ANO 2010 !!
Colectivo Ártabra 21
__________________________

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


____________________________________

Enlaces relacionados:
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon