[Concentración contra a entrada do 58 gaseiro - Foto: Suso Pazos]
A pesar de que MeteoGalicia daba tempo adverso anunciando alerta laranxa e amarela para o 28 de Decembro, o temporal deu unha tregua que aproveitou o buque gaseiro para entrar na Ría, cargado con gas natural licuado, para as instalacións de Reganosa. O "Hispania Spirit", fixo o buque nº 58 desde que en Maio de 2007 que entrou o nº1.
Unha representación dos diferentes colectivos que participan na Asemblea Cidadá, sobre unhas 40 persoas, secundaron a chamada do Comité Cidadán de Emerxencia, concentrando-se nas inmediacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, facendo soar as sirenes e soltando os berros reivindicativos e de denuncia. O compañeiro "Lalán" no nome do Comité foi o encargado de dirixir-se ás persoas concentradas, denunciando unha vez máis ao innecesario e corrupto despropósito gasístico; ao perigo potencial que representa Reganosa que se ve aumentado sempre que un buque gaseiro cargado con GNL-LNG entra na nosa Ría. Mencionou que a planta non era necesaria que este ano 2009, remata cun nefasto rendimento, con apenas un 30% da súa capacidade de regasificación. Asegurou que Reganosa non era necesaria, pois as necesidades de gas estarían perfectamente cubertas se non se pechara o gasoduto de Tui, ademais cun gas moito máis barato. Dixo que Reganosa só é un grande negocio para o Sr. Tojeiro e as demais empresas socias, ao receber das arcas do Estado sustanciosas cantidades polo simple feito de estar construída e funcionando. Denunciou unha vez máis que o sistema de regasificación, utilizando para os vaporizadores auga de mar, empobrecen a Ría, ao esterilizar máis de 300 millóns de litros ao día, mentras dura o proceso de rasificación. Denunciou aos medios de comunicación que non publican estes datos ou manipulan a información como o asunto do anuncio do arquivo do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, cando isto é totalmente falso, dado que este asunto quedou adiado e aínda se vai tratar na vindeira sesión plenaria de dita Comisión que está previsto que se celebre a finais de Xaneiro do ano que ven. Rematou a intervención desexando un feliz 2010 cheo de logros e conquistas para o movimento social.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Enlace de Interese:
- Movimento Opositor a Reganosa: Vertidos na Ría: A mantenta da auga da Ría e Reganosa
- Accións contra Reganosa nas institucións europeas: Por qué mentiron os medios de comunicación dun xeito tan xeneralizado ?
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon