Luís Alvarez Pousa [*]
03.01.2010
O decreto chegou 210 días máis tarde do prometido en campaña. Sen sorpresas, como era de esperar. Quérese dicir, coa lingua do país máis desprotexida ca nunca na escola. Subordinándoa a porcentaxes, o goberno de Feijóo escamotea tódolos supostos reais -aqueles que proceden de estudos científicos e non da estulticia ideolóxica- que a fan merecedora dunha discriminación positiva. Poñéndoa a tercios, como se o castelán e o inglés pesaran política, institucional, social, mediática e economicamente o mesmo ca ela, derroga non só o decreto de 2007 do que abxuraron no último minuto, senón tamén a filosofía e o consenso cos que naceran a lei do 83 e o Plan de Normalización posterior. O borrador confirma que o executivo asume na práctica as esixencias do nacionalismo lingüístico español que, cunha malévola falta de lóxica, denuncia como imposición non o deber que tódolos españois teñen de coñecer o castelán, que sería entendible, senón unha norma que non vai máis alá dos usos sociais que os habitantes de Galicia poidan afianzar para asegurar a cohesión social e garantir a supervivencia da súa lingua propia.
A pretendida liberdade lingüística, coa que o PP argumenta a prol dunha secundarización do galego no sistema educativo, non pasa de ser a construción a conciencia dunha xigantesca falacia. No ensino atribúenlla unicamente aos pais dos alumnos, que se fan cun poder de elección que non lles concede a Constitución nin a xurisprudencia, segundo a cal o dereito á educación non comporta o de elixir a lingua de ensinanza. Queda en evidencia o escapismo de Feijóo, que renuncia como presidente á decisión que un goberno debe exercer en asuntos de especial trascendencia para o país. Ula a liberdade dos demais cidadáns, pais ou non, nesta hora do sí ou do non sobre o noso futuro como pobo e como comunidade cultural e lingüisticamente diferenciada? A escusa electoral nunca pode lexitimar a irresponsabilidade social dun gobernante. Éo cando impide que o galego se convirta, como o propio Constitucional dixera do catalán, no ‘centro de gravidade’ dunha educación bilingüe. Pola contra, consolida un limbo lingüístico no tramo infantil, o máis decisivo para garantir a transmisión interxeracional da lingua, e un purgatorio a proba de trileiros nos demais tramos.
As apostas non serán a prol ou en contra dun impensable consenso, senón sobre o guirigai que o decreto do PP vai provocar, con tantos limbos e purgatorios de por medio, nos centros educativos. O conflito queda servido.
lapousa@temposnovos.net
Publicado no xornal comarcal Diario de Ferrol
____________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon