domingo, febreiro 21, 2010

Solidariedade do Comité Cidadán cos mariscadores, diante do xulgamento do vindeiro 22 de Febreiro, por unha acción na defensa da Ría e do seu emprego

Solidaridade do Comité Cidadán de Emerxencia cos 14 mariscadores acusados

Mañá, luns 22 de febreiro, no Xulgado do Penal de Ferrol, xúlgase a 14 mariscadores acusados pola fiscalía do delito de desordes públicas e para os que se pide nove meses de cárcere e unha indemnización á Autoridade Portuaria.

Os sucesos ocorreron o 30 de maio de 2007, cando un grupo de mariscadores entrou ao despacho do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Amable Dopico, solicitando un determinado documento relativo á entrada a Reganosa do gaseiro "Mourad Didouche", documento que Dopico se negaba a mostrar, alegando que non existía e que por fin “atopou” logo de tres horas de peche, tras o cal os mariscadores abandonaron o edificio.

Mentres isto ocorría, o Patron Maior da Confraría, Bernardo Bastida, estaba detido, e un gran número de persoas, convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaban o porto, en protesta pola entrada ilegal de Gaseiros ao interior da nosa Ría.

Este Comité Cidadán de Emerxencia solidarízase cos acusados, estará presente mañá ás 10 horas no Xulgado, e considera que a causa debe ser sobreseida, tendo en conta que estes mariscadores actuaban en defensa da legalidade, dos seus postos de traballo e da vida e a seguridade dos habitantes da Ría de Ferrol.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol.

comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de fevereiro de 2010 18:15
__________________

Enlaces relacionados que dan unha visión do clima de indignación e loita dos días 29 e 30 de Maio de 2007:
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon