Radio Liberada de Honduras A Voz do Pobo A Voz dos Movimentos Sociais Radio Online >>> Escoitar
[Hai que ter paciencia non sempre pode emitir]
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTv

A Ría na Rúa
20081021
Contra os que se empeñan em destruír e pórnos em perigo, tendo como obxectivo a súa riqueza e como aliada a irresponsabilidade de quen nos debería defender, o Comité cidadán de emerxencia para a ría de Ferrol quere construír.
Coa inestimábel axuda de dez artistas plásticos da nosa cidade, totalmente desinteresada, e coa colaboración da Concellaría de Cultura, temos deseñada esta actividade. Dez prazas da nosa cidade van ver como, desde un suporte baleiro, xurde unha obra de arte, enriquecéndonos a tod@s.
Son tempos difíciles, pero non podemos amolarnos. A busca cega do beneficio, e a venda absurda e mentirosa de postos de traballo a cambio do noso futuro, estanos a levar a un pozo sem fondo. A Planta de gas é o exemplo máis claro, aínda que, lamentabelmente, non único. Mais nós somos a xente, o pobo, a cidadanía e imos reaxir. Axuda tamén, un pouco de alegría e reflexión para os sentidos e para o espírito; iso é a arte, esa grande creación humana.
A ría, que nos ten dado tanto, vai verter e por uns días,adentrarase terra adentro. Tod@s sabemos que non existiría Ferrol sem ela ... non nos suicidemos.
Camiñaremos, avaliaremos, gozaremos da arte e remataremos o dia 1 cun magosto. Un magosto para conxurar a morte coa alegría de vivir. Entre os cadros murais, as gaitas, os aturuxos e as castañas, tamén matinaremos sobre o que non pode ser. Acudide, estades na vosa casa.
Difundir:
Para acceder ou baixar:
Cartaz en formato pdf
Folleto en Formato pdf
_______________






































